Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Autoedición
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Autores Redelibros
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.
QUEN TIVERA AMOR, AMIGO,
PARA LLO DAR A UN PAXARIÑO!
(…non canta na Cha ninguén…)
Manuel María.
... máisQUEN TIVERA AMOR, AMIGO,
PARA LLO DAR A UN PAXARIÑO!
(…non canta na Cha ninguén…)
Manuel María.
Hoxe … hoxe non quero espertar.
Con verdadeira cobiza mendigo das túas respostas
que me entendas, que non te asustes, que comprendas
a un anestesiado, a este asfixiado que chama á túa porta
agarrotado polas maniotas dun braseiro que leva dentro
na túa estampa sen apagar, a este inzado de encrucilladas
que anhela un futuro cheo de ternura, un futuro dentro de ti
e das túas poesías, un futuro que disolva este lánguido
e anémico presente nun maratón de paixóns, mosaico
de melodías, nun enxamio de emocións que flúan atravesando
as tebras da súa-miña cámara fotográfica en branco e negro
como atravesan as raiolas do sol as nubes grises e tristes
do inverno, cómplices e prestas as nosas bocas a chamizarse
na éxtase do proído prohibido, ti a estrela vermella do meu ceo
branco e azul, o noso alento ardendo sen tregua e sen exames
previos en axenda preñada de corpos enguedella... menos
Mastigo
fre-ne-ti-ca-men-te
na miña breve historia.
E con goma de borrar.
... máisMastigo
fre-ne-ti-ca-men-te
na miña breve historia.
E con goma de borrar.
Na
romaría
empuño
os versos
en miniatura
antes de xubilar
o cerebro no gume
das palabras sen futuro
do meu amor arqueolóxico.
Levo
toda a vida
esperando para comerte,
adormecido nas matogueiras
das ribeiras do lea para cantarte.
Toda
a vida
instalando
suplementos
para amarte e ti…
E ti
que a revolución
tamén se fai bailando
e eu, con humildade, entre
drama e comedia, que esa primavera
talvez xa nunca volva ao meu escenario
e perdo o compás.
Nun salto mortal e para agarrarme á vida
digo o teu nome pero o teu amor non me responde.
E como colofón artesanal a este poema,
recollo o instinto que fai cóxegas nas puntas
dos meus dedos e retírome, escoltado polo
cromatismo canibal dos teus NONS arco da vella,
ao pulmón das cavernas do meu solitario inverno. menos
O
adaxio
da avespa
delincuente... máisO
adaxio
da avespa
delincuente
que despega
do bo propósito
mentres analizo,
sen buscar o aplauso,
todos os indicios baixo
o tellado das nosas idades.
O teu nome
rúa arriba, rúa abaixo.
Dona de ti mesma,
como musa celta no seu castro.
Por ti,
por ti
e por min
(sentado
na música
da extinción
e nos cólicos
da miña folla caduca,
motonía
e minutos
de estraperlo),
por ti e por min latexa
a fonte da túa respiración
batendo no meu corazón,
ti na adega, a cámara lenta,
podería ser, non sei, talvez,
eu a duras penas buscando
como encaixar todas as pezas
na gabia desta muralla imaxinaria...
¡Barbarie criminal
a que afoga a felicidade! menos
Coas
veas
abertas,
inquilino... máisCoas
veas
abertas,
inquilino
da guillotina
sinto frío e no
epílogo perdo a partida.
Eu quería cambiar
o mundo contigo e...
A verdade,
desfollando
a miña pirámide
de saudades na adelfa
e tecendo esta historia vestido
coa roupa dos domingos non serei
nin quen de aforcar con disparos a corda
entumecida que eclipsa o noso volátil niño.
A
maxia
da túa plumaxe
no meu sufrimento
... máisA
maxia
da túa plumaxe
no meu sufrimento
machucando con amplas
zancadas. Directamente,
sen tregua e con violencia.
No meu peto, a túa cabeza
certifica que aquí hai algo moi forte,
un protagonismo con identidade propia.
...............................................................
Busquei aprender de memoria
á forza de botar a voar, día si e día
tamén -perdida a posición e a orientación-,
no clima adverso do amuleto que vive e bocexa
na beleza da túa sombra insaciable, pero.
Torpe,
enlatado,
aborrecido
e inadaptado,
co paso dos días
dáme por pensar.
Ás veces
pensar en ti,
para min é como
cando un bombeiro pensa
nas negras paisaxes do baleiro.
Non sei,
co paso dos días
dáme por pensar
-e resístome a recoñecelo-
que eu non estou ben dotado para amar. menos
Un
pequeno
oco no teu
galano para este... máisUn
pequeno
oco no teu
galano para este
asmático artefacto
que debece por conxurar
o estigma de humbert no
privilexio dunha bonita loliña.
No teu
exotismo
que lampexa
por control remoto.
Para mutilar a miña afonía
de etiqueta de salón de baile
que zuga no gume da túa navalla.
Quero debuxar
os mesteres dun
futuro impregnado
de brancura e de harmonías
... máisQuero debuxar
os mesteres dun
futuro impregnado
de brancura e de harmonías
e mandarche recados da miña luz
na luz dos nosos devanceiros.
E para cando me leas,
aquel día no que te vin
por vez primeira, alí,
diante de min,
fóra do horario
das paixóns,
ti e a túa amiga,
cando te vin
sufrín tal impacto
que por esquecer
ata esquecín o meu nome
e os poemas rebentaron nos
meus dedos como sempre eu
os soñara:
poeta pintando a cara do sol
e flores na miña almofada.
Por inventar
ata inventei
no fondo do vaso
este libro para metelo
como un estandarte
nas páxinas da túa libido.
Para cando me leas,
o meu corazón catador
en Ítacalea terá fantasiado,
comprendendo que hai penas
que saben máis a penas
cando nós xogamos con elas,
laranxa por fóra, por dentro poemas
de fríos cristais viúvos nas veas.
“Quen amores ha
cómo dormirá?”
Airas Nunes- Alvaro Cunqueiro. menos