“-Sei un conto sobre un corvo.
-Aborrezo os teus contos.
-Sei un conto sobre un neno que aborrece os contos. Podería contarche o de Sir Duncan O Alto. Eses eran dos teus favoritos.
-Eses non eran os meus favoritos. Eran os de medo.
-Ai! O meu neno do verán... Que saberás ti do medo? O medo é para o inverno, cando a neve se amorea trinta metros. O medo é para a longa noite, cando o sol se oculta durante anos e os nenos nacen, viven e morren. Todo a escuras. Ese é o tempo do medo, meu Señor, cando os Camiñantes Brancos camiñan pola fraga. Hai milleiros de anos, caeu unha noite que durou unha xeración enteira. Os reis conxeláronse ata a morte nos seus castelos, así coma os pastores nas suas choupanas e as mulleres afogaban os meniños antes ca velos pasar fame e choraban e caíanlles as bágoas conxeladas nas meixelas. Así que... Gústanche este tipo de contos?”
Tirado do capítulo 3 de Game of thrones, ver a partir do minuto 15:50, o video non se corresponde, vén sendo un trailer que o cita.
http://www.youtube.com/watch?v=rDrpqvER31A