• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.




Imprevisto de última hora

  • Relatos de verán
  • Autor: Yolanda Iglesias
  • Adviertan los que de Dios

    juzgan los castigos grandes

    que no hay plazo que no llegue

    ni deuda que no se pague.

    (El burlador de Sevilla, Tirso de Molina)



    "Estou farto, non te aturo. Sempre Luciño para aquí, Luciño para alá. Que teño dezaoito anos! Entendes vella? Agora vou facer o que me pete. Chama á tía Farruca, que che vaia axudar, que ela é unha amargada igual ca ti. Entenderédesvos ben. Agora son libre. Entendes? Libre. Vou divertirme e aproveitar ó máximo este verán, vou facer o que me pete. Por certo, collinche os cartos do tarro, que os necesito eu máis ca ti. Ala! Marcho para non volver, porque agora son libre.

    Fosforillas"


    Deixou a nota encima da mesa da cociña. A nai, dende o accidente, pasaba horas e horas na cociña. Ela, vella e en cadeira de rodas e non saia de alí. Batía con todo e xa esnaquizara a vaixela da casa. Pero el que culpa tiña de que ela subira aquel día ó autobús! Que non subira! Quen lle mandou? Pensándoo ben, era mellor non deixarlle a nota. Que sufrira. Que sufrira cando, pola noite, tapada ata o pescozo en fronte da porta da entrada, vira que o Fosforillas non viña. Ás dez e áinda non regresou. Ás once. Ás doce. Á unha. Pronto chegará. Ás dúas. Ás tres. Ás catro. Aínda non chegou. Ás cinco. Ás seis. Non vai vir. Que se coma a cabeza, que chore, que sufra. Tamén el sufría cando o trataba como un escravo. Luciño para aquí, Luciño para alá.


    Cando baixaba polas escaleiras da casa gardou a nota no peto do bañador. Ía espido de cintura cara arriba e sentía o regalo quente do señor do ceo nas costas. Por fin era verán. Tempo de mirarlle as nádegas ás mozas; tempo de quitarlle os xeados ós cativos; tempo de nadar na masa de auga infinita; de sentarse no muro do peirao e converterse nun san Lorenzo moderno, escoitando os cachos de rock and roll que desprende a ventá aberta da tasca das Candelas...


    Mentres camiñaba cara a praia deuse conta de que lle faltaba algo. Dou un paso máis e xa viu o neno-víctima:

    -Dame a toalla, mocoso.

    -Non, non cha dou. É miña.

    -Que me des a toalla!-O fío da navalla xa se ocultaba baixo os cabelos largos que agochaban a caluga-Se non ma das, agora mesmo te tiro ó mar.

    -Non... Mamá! Mamá! Non cha dou.

    -Xa vexo que queres afogar. Levanta!

    -Non, non quero afogar. Non me tires á auga. Non sei nadar. Mamá!


    Coitado, viu a navalla e xa se asustou. Tiña que habelo tirado ó mar, para ver como pedía axuda, para rirse un bo cacho de el. Toalla e mp3 incluído. El é o amo. Veno e escapan correndo co medo. Sen embargo, el non ten medo a nada. Non hai ninguén que se atreva a pararlle os pés. Non se atreven nin a falarlle, porque el é o amo. O amo da praia "As Candelas", o amo do verán, o amo do mundo.


    Buscou unha sombra no areal para poder durmir. Bah, que toalla máis cativa! Tiña que haber collido a da nai. Que sono! Onte foi moita festa a que se montou. Que rapaza máis guapa a de onte. Din que vive en Xorneiro. Mañá mesmo pillo por aí unha moto e tiro para alá. Que guapa. Bah, que música máis noxenta! Estou por tirar o mp3 á auga. Bueno, parece que estas cancións están mellor... Hoxe comeza unha nova vida. Esta noite será perfecta. O ceo estrelado todo para min.


    "Luciño" para a familia, "Lucifero" para os amigos, "Fosforillas" para os amigo pedantes, por algunha asociación que el non chegaba a entender. Pero gustáballe o nome: "Fosforillas". Aínda que tamén lle gustaba "Lucifero". Si, non estaba mal. O amo do inferno. O indestrutible. O rei do mundo que agora quedaba durmido entre os asubíos de Scorpions. "Take me to the magic of the moment on a glory night / where the children of tomorrow dream away / in the wind of change".


    Cando un durme non existe. Déixase levar por algún camiño imaxinario, por conversacións sen sentido. Ás veces pásase mal e atópase un metido nun oco sen saída ou dentro dun coche incontrolable que marcha cara atrás ou ve inmóbil dende a ventá da casa como uns árabes ou uns monstros invaden e destrúen a vila. É alleo ó ruído da vida e só oe palabras incoherentes, xamais pronunciadas, que golpean os miolos. Cando un durme non se decata de que é arrastrado polo mar. Tan só se volve á vida cando o corpo xa flota na auga, cando xa é imposible volver á orela, cando xa non se da pé, cando se decata un de que non sabe nadar.


    Cando se está afogando hai moito tempo para pensar. Os pulmóns inchan e a boca ábrese en busca de algo que non vai atopar debaixo da auga. Pero o cerebro pensa. É inevitable acordarse da nai preocupada que está esperando fronte á porta. A súa pobre nai que estivo a piques de morrer. A vida déralle a Fosforillas unha segunda oportunidade. Unha oportunidade para mellorar, para pasar máis tempo ca súa nai. Unha oportunidade rexeitada. Pensa tamén na moza guapa da festa. Pensa no verán, que aínda apenas comezara. No sol, nos amigos, no rock and roll da tasca das Candelas, no wind of change. Pensa que, tal vez, agora mesmo, sexa noite, unha noite estrelada. A derradeira noite estival. Mamá, perdón...


    Un corpo-víctima flotaba morto nas augas tranquilas, lonxe de todos. Ó carón flotaba tamén unha nota cunha mancha negra no centro e unhas letras que apenas se podían ver: "Marcho para non volver, porque agora son libre".

    • Yolanda Iglesias (owner)
    • 465 visitas totais
    • 9 membros
    • Última actualización 09 Xullo 2012


Votos

Valoración global: 3.4 de 5
18 votos
 
  • Que hai de novo?
  • Membros(9)
  • Fotos(2)
  • Andrea Fernandez Maneiro
    Andrea Fernandez Maneiro joined the text Imprevisto de última hora
    • 3 Xaneiro
  • valgeli
    valgeli joined the text Imprevisto de última hora
    • 18 Setembro 2012
  • María Josefa Fernández Fernández
    María Josefa Fernández Fernández joined the text Imprevisto de última hora
    • 03 Setembro 2012
  • maruxa
    maruxa joined the text Imprevisto de última hora
    • 24 Agosto 2012
    • Yolanda Iglesias gústalle isto
  • Patricia Mariño
    Patricia Mariño: Moi bo, un final triste e poético.
    • 23 Agosto 2012
    • Yolanda Iglesias gústalle isto
  • Patricia Mariño
    Patricia Mariño joined the text Imprevisto de última hora
    • 23 Agosto 2012
Ver máis
Cargando ...
Este texto está nas bibliotecas de 9 membros.
  • Andrea Fernandez Maneiro "...Sé que es el fin, que un dios retrocedería pero yo soy mujer enamorada ¡soy mortal, que milagro!, un dios renunciaría, a ellos no les es dado el heroísmo, solo se llega a héroe en el altar de la muerte, adelante, en este sofocante abrazo del agua..., del fuego..., tus brazos ardientes llevándome contigo al surtidor altísimo... ¡Abajo, abajo! ¡Más adentro que lso dioses, arrebatada de ti por ese amor en el morir que un inmortal nunca podrá gozar!" José Luis Sampedro, "La vieja sirena"
  • peretobaruela
  • maruxa Lendo a Djuna Barnes
  • maricarmen Rodríguez Lorenzo Boas tardes redelibreir@s. Quixera compartir convosco a miña delicia posto que hoxe rematei a miña carreira. Xa son Graduada en estudos de Galego e Español¡¡¡
  • David Botana Fuentes
  • María Josefa Fernández Fernández
  • valgeli Grazas pola acollida.
  • Yolanda Iglesias (owner)
  • Patricia Mariño http://losrelatosdepatri.blogspot.com.es/2013/05/perdida-en-la-oscuridad.html
Ver todas as fotos

  • Por Yolanda Iglesias
    09 Xullo 2012

  • Por Yolanda Iglesias
    09 Xullo 2012

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share