
Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.
Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.
As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.
As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.
As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.

Una guerra entre hermanos, un conde avaro y mercenarios dispuestos a saquear el patrimonio de España. La Guerra Civil se convirtió en un escenario idóneo para esquilmar el patrimonio de un país. “Ladrones de historia” es un trepidante thriller de espías, persecuciones y asesinatos con un desenlace frenético y sorprendente que nos adentra en uno de los episodios más negros de España.
Con la guerra como telón de fondo y al tiempo escenario de la novela, “Ladrones de historia” nos arrastra con maestría a ese episodio oscuro y desconocido de nuestro pasado, basado en hechos reales y reconvertido en una trepidante novela de aventuras.
Rudolph van der Gobbler, un acaudalado conde suizo, decide apoderarse del patrimonio artístico español, aprovechando los momentos de convulsión política y bélica. Mercenarios dispuestos a saquear , robar y asesinar, y españoles dispuestos a atraparlos y darles caza en una persecución "a muerte". La Guerra Civil Española no sólo fue sanguinaria con sus ciudadanos, se convirtió en una oportunidad para robar lo que es de todos, nuestro patrimonio cultural.
Un momento único para Ladrones de historia, un thriller trepidante.
"Pablo Núñez regresa al género de aventuras con un giro inesperado: una novela policíaca ambientada en la Guerra Civil. Pero no estamos ante una historia bélica, sino ante una emocionante trama detectivesca"
Marta Rivera de la Cruz
Finalista del Premio Planeta con “En tiempo de Prodigios”
"Ladrones de Historia es una novela magistral, donde familia, arte y tragedia se mezclan en una obra imprescindible y mágica. Hacía mucho tiempo que no leía una novela tan ambiciosa y que me haya llegado tanto al corazón"
Juan Gómez-Jurado
Ganador del Premio Torrevieja con “El emblema del traidor”
Premio Frei Martín Sarmiento 2012.
Xa á venda a QUINTA EDICIÓN 

Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante dezaseis días. Coa mochila ao lombo, combinando traxectos a pé e desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende Somport, un porto de montaña no Pireneo de Aragón, situado preto da fronteira francesa, deica a catedral de Compostela, onde está a cripta do apóstolo. Mais no comezo da súa viaxe, un dos monitores que os acompaña, un personaxe moi peculiar, alértaos de que un perigo sobrevoa a cidade compostelá. Será certo?
O xardín das pedras flotantes, a obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela, é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade. Unha historia fermosa gobernada por unha gran imaxinación e ateigada de riquísimas crónicas que acaban encaixando na engranaxe da novela coa precisión da maquinaria dun reloxo. Botando man de elementos da literatura fantástica ou da traxedia e sen esquecer nunca un sutil e estimulante sentido do humor, esta novela podente homenaxea esa literatura que viaxa de Lovecraft a Poe, e adobíase, desde as roupas da contemporaneidade, cos intensos sentimentos humanos que o amor provoca nos comportamentos dos personaxes. Desde o discurso memorialístico inicial, que o personaxe realiza e que preside toda a narración –orixinándose moito antes da súa propia infancia– até o desenlace final, o lector non perde de vista en ningún momento que a historia de Simón e Anabel é o auténtico motor que tece o entramado singular desta novela entretida, viva, vizosa e sedutora.
| Sinopse "Houbo unha vez unha árbore que naceu no máis afastado do bosque, naquel lugar onde só pasaban por casualidade os cervos, os animais salvaxes e os paxaros..." |
||
Decidín perdelo tempo e presentar o meu conto, longo de tempos e curto de espacio, a os Premios del Tren 2011 "Antonio Machado", e en perfecto castejano mandei isto que pode non estar dentro dos estandares pero gustoume a min e punto. A ver si vos gusta a vós.
_____________________________________________________
"Tengo al pie de mi vagón las vías por las que circula el pasado; aquellas que, desde la terraza de la abuela, cazaron las voces de los niños al silbido lejano del tren que se aproximaba llamando a la algarabía.
Mi historia es una historia a la que le cuelgan los pies en las barreras de un paso a nivel; la historia de un bisabuelo, que no conocí, al mando de una locomotora, joven máquina sofocada por el cansancio, poblada de mujeres al estraperlo y enamorados, solo visibles a los ojos de su amada, que jamás pagaron billete; es la historia mil veces contada.
Carril-Cornes con olor a empanadas, a café de Brasil, que vio pasar la locomotora de Varela y el ferrobús del que colgaba en la parte trasera el Tío Gelito, mientras gritaba:
-Andreaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa-
Y pescaba al vuelo la respuesta de sus sobrinos-nietos en la terraza:
-Adioooooooooooooooooooooooooooos.-
Y llegaron, después, los vagones de compartimentos que dejaban fabular, a través de sus cuadradas ventanas de guillotina, pueblos que la distancia convertía en minúsculos, sacados de la cabeza saturada de cuentos de hadas de los niños y donde, seguramente, vivían gnomos, hadas, duendes y ninfas; era el trayecto Redondela-Hendaya, largo, perdido en un tiempo de travesía… una noche, un día, una vida…
La emigración se fue en tren y volvió en coche.
Vilagarcía de Arousa - Santiago de Compostela donde soñar, las noches en vela, de camino al trabajo y perseguir amores en la distancia, como antes, como siempre, a deshora.
Y fueron horas de lectura y de charlas animadas y de pitillos compartidos, cuando el tren aún tenía vagones de fumadores y en la estación había un quiosco donde se apilaban las noticias en periódicos de tamaño sábana.
Santiago de Compostela –Vilagarcía de Arousa, el retorno fue más difícil, siempre lo es y, ahora me asomo al pie de mi casa cada mañana,… ya no hay paso a nivel, me encuentro en el principio y el fin, donde ya nadie fuma ni siquiera la locomotora fantasma, en esa estación que empieza a oler a AVE."
As señoriñas de hoxe xa non teñen vaídos,
se acaso algún coma etílico,
… esvaerse é cousa pouco moderna.
As señoriñas de hoxe xa non existen,
agora abonda con ser MULLERES …
Hoxe, a quen lles dá unha volta,
é a aqueles cabaleiros
aos que tanto lles prestaba …
arrimarnos ao nariz un frasco de éter.
Publicado 27 Febreiro 2011
Descubrir a Bilal é renacer, é ter esperanza en que se diluan as fronteiras. Mundo adiante Cara a col Cara adiante Eu fun carboeiro na outra esquina da terra Cara a col Polo mar pasei Nas montañas me establecín no chan medrei Dende os caios da bahía...
Únete á fraternidade do último dragón galego e descubre a triloxía fantástica de Dragal
Que vos parece se saímos á rúa? Recollendo varias suxestións vosas, queremos proporvos algo: organizar "quedadas" de redelibreiros en diferentes lugares de Galicia.
A idea é sinxela: trátase de elixir un día en cada localidade na que haxa un grupo de redelibreiros que se animen, armarnos cun libro para trocar (como fixemos na presentación en Vigo) e xuntarnos para tomar unhas tapas, coñecernos e pasar un tempo agradable no local que decidamos entre todos. Unha forma interesante de sacar a rede á rúa e porlle cara a aqueles cos que compartimos gustos, opinións e debates... Que vos parece? Quen se anima?
Se vos parece, podemos organizarnos da seguinte forma: abrir un "debate" na sección correspondente deste grupo de quedadas por cada localidade na que haxa redelibreiros con ganas de xuntarse. En cada debate, os da localidade correspondente poderían propor unha data e un lugar ata porse de acordo... Unha vez establecida a data e o lugar, pódese crear un evento de convocatoria para informar a todos os usuarios.
En fin, a proposta queda feita. Agora, só falta que vos animedes...
Que vos parecería poder cambiar cada mes os vosos redepuntos pola novidade editorial que máis vos apeteza?
1. O día quince de cada mes abriremos unha nova entrada neste grupo. Nela, pedirémosvos que indiquedes os títulos que acaben de saír que máis vos apetezan.
2. O primeiro día de cada mes, cos títulos que elixades a quincena anterior abriremos unha enquisa. Teredes outros 15 días para votar que libro queredes que se ofreza na tenda de Redepuntos.
3. O día 15 de cada mes anunciaremos o título ou os títulos que seleccionedes, que estarán dispoñibles na tenda de redepuntos a partir do día 1 do mes seguinte. Para que quede un pouco máis claro, este é un exemplo: do 15 ao 31 de maio, publicamos blog para que vaiades anotando os títulos. Do 1 ao 15 de xuño, publicamos enquisa cos títulos propostos, para que votedes cal elixides. Ese mesmo día ábrese a opción para o título do mes seguinte. O 1 de xullo, pomos na tenda de Redepuntos o libro seleccionado o 15 de xuño.
4. O día 1 de cada mes, xa que logo, e previo anuncio na páxina, poremos a vosa disposición o libro ou os libros elixidos na tenda. O número de títulos e de exemplares variará en función do prezo, que non somos ricos! Iso si, non haberá moitos exemplares de cada, así que teredes que estar atentos...
5. O custo dos libros ofertados roldará os 300 redepuntos. Como cada libro anunciarase polo menos con 15 días de antelación, os que andedes máis escasos de redepuntos xa sabedes o que toca se vos apetece adquirilo: participar na rede! Na tenda tedes as indicacións de como gañar redepuntos. Recordade tamén que, en caso de necesidade, sempre podedes intentar convencer a algún "ricachón" que vos ceda algúns puntos, o sistema da tenda permíteo.
Aquí, no grupo, podedes ir suxerindo os vosos libros...
Libros escollidos
2013
Xaneiro O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz. Editorial Xerais.
2012
Decembro Atl, de Manuel Lourenzo González. Editorial Xerais.
Novembro Palabras de auga, de Marcos Calveiro. Editorial Xerais.
Outubro 15.724, de Xesús Constela. Editorial Xerais.
Setembro As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz. Editorial Rodeira.
Agosto Onde viven os monstros, Maurice Sendak. Editorial Kalandraka.
Xullo As meigas de Lupa, de María Solar. Editorial Xerais.
Xuño Os fillos do mar, de Pedro Feijoo. Editorial Xerais.
Maio Contos estraños nº1, "Anoiteceres estraños". Contos Estraños Editora.
Abril Xoán branco e a gran revolta irmandiña, de Fran Zabaleta. Editorial NigraTrea.
Marzo Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello. Editorial Galaxia.
Febreiro Contos estraños nº0. Amañeceres estraños.Contos Estraños Editora.
Xaneiro Ninguén, de Fran Alonso. Editorial Xerais.
2011
Decembro Poñente, de Pere Tobaruela. Editorial Xerais.
Novembro Medievalario, de Fran Zabaleta. Editorial Redelibros.
Outubro Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández. Editorial Galaxia.
Setembro Non hai noite tan longa, de Agustín Fernandez Paz. Editorial Xerais.
Agosto La maldición de Hill House, de Shirley Jackson
Xullo Periferia, de Iolanda Zúñiga. Editorial Xerais.
Xuño "Los perros y los lobos", de Irene Nemirovsky
Agora que vén o verán que mellor ocasión para facer roteiros literarios e ir coñecendo as casas de escritores que temos no país.
Benvidos o universo do estraño, do heroico, do tenebroso, do ucrónico. Benvidos a reinos lendarios, a mundos de pesadelos, a realidades alternativas… a galaxias moi moi afastadas. Benvidos o proxecto Contos Estraños. De seguro que o seu propio nome esperta en vós ecos recoñecíbeis, non por nada tomámolo prestado da mítica publicación “Weird Tales”, aquela revista pulp de comezos do século XX na que autores americanos como H.P. Lovecraft ou Robert E. Howard entre outros, asentaron as bases da fantasía e o terror moderno. Con aquel mesmo espírito famento de sorprender, estarrecer ou marabillar emprendemos esta viaxe, que como todas as grandes aventuras comeza cun primeiro paso, e coa firme intención de dar a coñecer eses talentos da escrita fantástica que sabemos moran nesta terra.
Contos Estraños xérase coa intención de se converter nunha colección de libros, que non revistas, debido o seu formato de arredor das 150 páxinas e a intención de facer perdurar a súa estancia nos andeis das librarías. Polo tanto quedará case exenta de publicidade e de distribución no circuíto comercial de quiosco.
O seu contido comprende como non pode ser doutro xeito dun groso de contos ou relatos, permitindo un espazo para novelas por entregas, ilustración, unha sección de tradución e outra de entrevistas aos autores máis importantes do panorama literario do fantástico, podendo chegar nun futuro a editarse números especiais ou recompilatorios tanto de contos como de novelas. Estimamos que o seu período de eclosión sexa nun primeiro momento trimestral, máis xa sabedes que cos estraños eóns todo é posíbel, e “mesmo a morte pode morrer”.
Abrimos sen máis preámbulos as portas desta a vosa casa para que nos enviedes relatos, novelas, ilustracións, todo o que vos queirades e que estea englobado dentro do xénero da fantasía ou a ciencia-ficción. Lembrade que a publicación será en galego, e aínda que podedes mandar o material en castelán, unha vez lle deamos o visto bo correrá da vosa man traducilo.
“Unha páxina en branco… é un bo comezo”.
Jonh Ronald Reuel Tolkien.
http://contosestranhos.blogaliza.org/
Muro de fo
Redelibros |
Libros e textos |
Opinión |
Anuncios |
Multimedia |
Membros |
Seccións |









