• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.



0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5

Información de membro

  • Tipo de membro: Usuario
  • Visitas do perfil: 365 visitas
  • Amigos: 13 amigos
  • Última actualización: 3 Maio
  • Incorporado: 26 Xullo 2012

Os meus redepuntos de actividade

  • Son o: 271
  • O meu rango é: Redelibreiro/a habitual
  • Gañei un total de: 268 redepuntos.

Gústames

  • Fartas de que decidan por nós
  • 1 "Gústame"

Amigos

Ver todo (13)
Redelibros
Lectora
Alberte Momán Noval
Mercedes Queixas Zas
Miguel Ángel
María Canosa
peretobaruela
maricarmen Rodríguez Lorenzo
David Pintor

Usuarios mellor valorados

elenagr
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
5
Current score
/
5
Max score
|
1
Count of votes
BolboretaPequinesa
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
5
Current score
/
5
Max score
|
1
Count of votes
Horcon Boga
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
5
Current score
/
5
Max score
|
1
Count of votes
Gonzalo Pérez Nieves
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.91
Current score
/
5
Max score
|
22
Count of votes
Redelibros
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.88
Current score
/
5
Max score
|
26
Count of votes
Libraría Cartabón
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.87
Current score
/
5
Max score
|
31
Count of votes
Fran Zabaleta
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.86
Current score
/
5
Max score
|
45
Count of votes
David Cortizo Conde
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.83
Current score
/
5
Max score
|
3
Count of votes
Wikunia
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.83
Current score
/
5
Max score
|
3
Count of votes

verónica Martínez Delgado

  • Info
  • Que hai de novo?
  • Amigos(13)
  • Biblioteca(17)
  • Textos(1)
  • Grupos(1)
    • Álbums (1)
    Máis +

Información persoal (Só o nome/nick é obrigatorio)

  • Nome/Nick verónica
  • Apelidos Martínez Delgado
  • Xénero Muller
  • Día de nacemento 04 Abril 1976
  • Profesión docente
  • Acerca de min Verónica M­artínez De­lgado, (Va­ldoviño, 1­976) é aut­ora de div­ersas obra­s premiada­s e public­ou, en poe­sia e narr­ativa brev­e: Mañá, s­e cadra no­n será un ­día máis, ­(VII Concu­rso de rel­atos breve­s Repsol 1­994), Habí­a tantos h­omes lilas­, (I Premi­o de poesí­a Francisc­o Fernánde­z del Rieg­o 1996), D­eshabitada­ e sen ver­dugo, (I P­remio de p­oesía Fran­cisco Fern­ández del ­Riego 1997­), Desterr­ada do meu­ corpo, (I­ Premio de­ Poesía Le­tras de Ca­l 2001 e P­remio do C­oncurs de ­Poesía Jov­e de Alzir­a 2000), C­ara a un s­olpor de g­atos, (III­ Edición d­o Premio d­e Poesía A­fonso Eane­s do Cotón­ 2004); en­ ensaio: ­X. M. Tomé­. Antoloxí­a artístic­a, Breves ­notas sobr­e a histor­ia da arte­ aplicadas­ á interve­nción soci­ocomunitar­ia, I Enco­ntro Inter­nacional d­e Arte e N­atureza e ­A interven­ción didác­tica nos D­EAC.
    Conta con ­colaboraci­óns en div­ersas obra­s coletiva­s: O ladró­n de almas­ (Mención ­de honra n­o certame ­de poesía ­GZcrea 200­6 recolhid­o em Isto ­é un poema­ e hai xen­te detrás)­, En defen­sa do Pole­iro. A voz­ de escrit­ores galeg­os en Cela­nova, Somn­i de paper­, Catro Co­ntos, Semp­re Mar, A ­cidade na ­poesía gal­ega do séc­ulo XXI; L­etras Nova­s, Vivir u­n soño rep­etido, Ant­oloxía de ­poesía gal­ega en Mad­rid, alén ­de partici­par en num­erosas pub­licacións ­periódicas­ como Madr­ygal, Dorn­a, Ólisbos­, A festa ­da palabra­ silenciad­a, Arraian­os,...e en­ multitude­ de recita­is, confer­encias, se­mpre relac­ionados co­a poesía e­ a literat­ura galega­s.

Libros (Opcional)

  • Xéneros preferidos Poesía e e­nsaio
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    María Canosa
    María Canosa é agora amigo de verónica Martínez Delgado.
    • 3 Maio
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    verónica Martínez Delgado
    verónica Martínez Delgado joined the text Lena
    • 4 Abril
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    Mercedes Queixas Zas
    Mercedes Queixas Zas é agora amigo de verónica Martínez Delgado.
    • 27 Novembro 2012
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    verónica Martínez Delgado
    verónica Martínez Delgado uniuse ao grupo Os mellores redelibreiros/as do ano 2012!
    • 21 Novembro 2012
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    verónica Martínez Delgado
    verónica Martínez Delgado engadiu á súa biblioteca o libro Lusocuria
    • 21 Novembro 2012
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    Axóuxere
    Axóuxere é agora amigo de verónica Martínez Delgado.
    • 24 Agosto 2012
    • verónica Martínez Delgado gústalle isto
  • Ver máis
     
    Cargando ...
  • Redelibros O servidor en que estamos aloxados sufriu un pequeno percance durante a madrugada. Estamos traballando para restablecer a normalidade cando antes. Perdoade as molestias.
  • Lectora
  • Alberte Momán Noval
  • Mercedes Queixas Zas Rematadas dúas lecturas completamente diferentes e altamente recomendábeis para comprobar como a literatura de noso é rica e diversa en enfoques, temáticas, rexistros, etc. Literatura viva, pois, desde In vino veritas, de Francisco Castro, e Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.
  • Miguel Ángel
Previo
Seguinte
  • EN DEFENSA DO POLEIRO,A VOZ DOS ESCRITORES GALEGOS
    2 membros
  • Desterrada do meu corpo
    2 membros
  • Sempre mar. Cultura contra a burla negra
    2 membros

    Neste traballo participan todos os sectores artísticos implicados na Plataforma contra a Burla Negra nun exem- plo máis de afirmación, de desagravio e de denuncia. O propio título do libro disco recolle en si mesmo este propósito ó se referir ó poema homónimo escrito polo noso grande autor do mar, Bemardino Graña, que aparece como epílogo desta obra. O poeta de Cangas publicou en 1966 Profecía do mar , unha obra chea de salseiros, tascas mariñeiras, gatos, peixes, ardoras, ámbar de sangue, xaraibas e roncallos. E ollomoles, alcriques, xoubas, sardiñas, lom- brigantes, maragotas, pintos e baleas. Este mariñeiro de palabras, navegante de versos e redeiro de ardentías, leva décadas facendo dos poemas insubmisas reivindicacións do noso legado mareiro. Por isto, Sempre Mar quere ser unha homenaxe a Bemardino Graña e a todos os creadores e creadoras deste país que labraron nas nosas costas chanzos para o noso imaxinario colectivo e para a nosa mantenza.
    En "Sempre Mar" encontraredes, música, ilustracións, poemas, ensaios e relatos de centos de artistas que cederon de balde o seu esforzo para formaren parte do noso proxecto. Quixemos que a pluralidade falase por nós. Por iso esta convocatoria foi aberta a todas as persoas que libremente desexaron achegamos o seu traballo. Deixamos que o peso das sinaturas quedase rele- gado a un segundo ámbito para dar prioridade á multiplicidade de voces. Na riqueza desa polifonía recae precisamente a forza deste traballo. Sempre mar supón un percorrido doloroso polos sentimentos que nos abordaron os primeiros días, un periplo de altas ondas pola ira e pola carraxe, polo naufraxio da frustración e pola levada de áncoras das manifestacións, esas convocatorias nas que botamos por fóra toda a rabia e nos sentimos unidos como pobo. Sempre mar serve de crónica dunha viaxe apurada polas nosas derrotas e polas nosas ansias de superación. É humor e son lamentos. É ironía e é xenreira non contida. Son promesas e agoiros. Pero supón, por riba de todo, unha afirmación da nosa riqueza creativa e da xenerosidade compro- metida de centos de autores e autoras.
    A nosa natureza atlántica abrolla neste traballo como unha fervenza nun océano de pasividade e permite remexer as augas do cambio. Por iso, a Plataforma contra a Burla Negra fai seu o berro de desagravio de Bemardino Graña: "Un mar pra andar perdido e ser camiño,/ como noite continua ou pesadelo,/ onde o corpo ten de ir espido, inxelo./Principio e fin das cousas. Mar diviño". iBurla Negra, nunca máis!

  • Areados: na selva, pola tarde, ollando os tigres
    2 membros
  • Canto de Nedara
    3 membros
Previo
Seguinte
  • Lena
    51 membros

    Abrir ou pechar o torrente dos desexos, como se se tratase dunha billa. Un sinxelo acto de desinhibición nun tempo de desinhibición. Aínda que Lena non entendía de billas, porque nunca lle interesaron, degoxaba desexar sen inhibicións, entrar nun bar de copas e follar con outro descoñecido sen máis, sen esperar nada a cambio, só contacto físico. O corpo de Lena é un receptor de mensaxes que a maneira de impulsos eléctricos a percorren enteira. Agora mesmo, a catro pasos da súa casa, está excitada polo simple contacto do aire morno deste novo verán. É previsible: nada máis chegar collerá o consolador e as sabas serán testemuñas dun lecer íntimo. Íntimo e pracentero.

    Lena tivo dous orgasmos seguidos co descoñecido que atopou onte nun pub. E iso que follaron incomodamente nos aseos de mulleres, en silencio e medio espidos. Para ela aquilo foi excitante. Cando menos excitante. Posesión, paixón desenfreada. Sen dúbida, o mellor foi a ausencia de culpabilidade. Cando remataron ela decatouse de que o home estaba satisfeito: unha muller fácil e mais un bo traballo. Ela sorriu e colleulle a pirola, coas dúas mans. Xogou con aquel membro fláccido e brillante un anaco, ata que notou que o sangue empezaba a acumularse de novo. Daquela marchou, sen sentimento de culpabilidade.

    Desde hai un tempo a Lena cústalle traballo adormecer. Está desconcentrada no traballo, na rúa, estea onde estea, faga o que faga. Non lle apetece saír da casa. Péchase. Malia que é verán e a vida parece bulir fóra. Despois da xornada laboral acomódase no seu cuarto e os seus ollos levitan pola pantalla do ordenador, de páxina web en páxina web. Conectada na Internet non colle sequera o teléfono cando alguén chama. E de cotián remata a sesión na rede cunha peli porno. Lena descubriu unha páxina web dedicada ao porno para mulleres e está enganchada, ou mellor dito, é unha adicta. De feito, onte, cando follou con aquel descoñecido no pub, Lena repetiu, unha detrás de outra, as posturas dunha das pelis que baixou desa web. Posesión, paixón desenfreada de muller. Íntima e pracentera.     

    A sensación de baleiro é desesperante para Lena. Ausencia de motivación nun mundo onde os únicos que tiran adiante son os triunfadores. Ela, porén, é unha triunfadora. Catedrática de dereito civil antes dos trinta, Lena seguiu os consellos do profesor Francisco e renunciou a un vello soño, exercer de avogada pola súa propia conta. Francisco, segundo Lena, é un home atractivo en todos os sentidos. Non puido evitalo, sentiuse atraída por el, coma quen di, nada máis velo. A súa relación, se se lle pode chamar así, remóntase xa a dez anos. Lena está convencida de que, no fondo, onte follou con aquel descoñecido porque se asemellaba a Francisco. Foi velo de pé na barra e notou como a lascivia a invadía toda. O home mirouna cun interese manifesto mentres remataba un whisky sen xeo. Lena foi onda el. Non houbo palabras. O descoñecido depositou o whisky na barra e, sen máis preámbulos, Lena bicouno nos beizos.

    Francisco Barreras non deixou á súa muller. Lena nunca llo pediu porque estaba segura de que o señor reitor e primoxénito dunha próspera familia de empresarios non arriscaría a súa estabilidade por unha muller nova. Lena tiña dezanove anos cando empezou a deitarse con Francisco. El pasaba dos cincuenta. Lena sabía, desde o momento que aceptou ir cear con el, que Francisco sería in eternum o marido de Carmela Brufe, filla dun armador portugués socio dos estaleiros Barreras. Co matrimonio de Francisco e Carmela quedou selado un acordo entre homes de negocios, como se fose un pacto do medievo. Francisco converteuse no referente dos Barreras-Brufe, ocupación que desde aquela combina co cargo de reitor. Trátase dun home que sabe delegar e alterna ben a empresa privada coa pública. E tamén xestiona ben a súa muller e mais as súas amantes. Lena non foi e non é a única amante do primoxénito dos Barreras. Ela sábeo. Xamais aspirou á exclusividade do profesor, cos anos mentor e colega. Non lle importa o máis mínimo que Francisco se deite con outras, todo o contrario. Ás veces, compartiron amantes. A Lena excítalle especialmente sentir unha lingua feminina no seu sexo.

    Abrir ou pechar o torrente dos desexos, como se se tratase dunha billa. Un sinxelo acto de desinhibición nun tempo de desinhibición. Pero Lena non é capaz de cumprir esoutro desexo: romper as cadeas que a atan a Francisco... Chegou un novo verán e non o consegue.   

Previo
Seguinte
  • Os mellores redelibreiros/as do ano 2012!
    46 membros

    Queremos agradecervos a vosa presenza diaria na rede, grazas á cal somos xa unha gran familia de lectores. Pero claro, o mellor é que sexades vós os que elixades a quen premiar neste 2012, así que vos imos pedir que, de xeito similar ao que facemos co libro do mes da redentenda, fagades as vosas propostas para as seguintes categorías:


    1º Usuario máis cordial

    2º Usuario que fai mellores comentarios

    3º Usuario máis retranqueiro

    4º Usuario con máis "sex-appeal"

    5º Usuario "mellor amigo"


    E como imos elixir ao gañador de cada categoría? Pois ben doado: Aquí tedes cinco debates abertos, e en cada un poderedes suxerir aos usuarios (máximo dous por persoa) que credes merecen o premio.


    Tedes ata o venres 26 para facer as vosas propostas.


    Despois, o sábado 27, abriremos cinco enquisas para elixir ao mellor de cada categoría entre os propostos. 




Previo
Seguinte
  • Fotos do p­erfil 1 foto

Previo
Seguinte

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share