
Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.
Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.
As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.
As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.
As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.

Harriet Vanger desapareció hace 36 años durante un carnaval de verano en la isla sueca Hedeby, propiedad prácticamente exclusiva de la poderosa familia Vanger. A pesar del despliegue policial, no se encontró rastro de la muchacha de 16 años. ¿Se escapó? ¿Fue secuestrada? ¿Asesinada? Nadie lo sabe: el caso está cerrado, los detalles olvidados.
Pero hay quien sigue recordando a Harriet, su tío Henrik Vanger, un empresario retirado, ya en el final de su vida y que vive obsesionado con resolver el misterio antes de morir.
En las paredes de su estudio cuelgan 43 flores secas y enmarcadas. Las primeras 7 fueron regalos de su sobrina. Las otras llegaron puntualmente para su cumpleaños, de forma anónima, desde que Harriet desapareció.
Vanger contrata a Mikael Blomkvist, periodista de investigación y alma de la revista Millennium, una publicación dedicada a sacar a la luz los trapos sucios del mundo de la política y las finanzas. Mikael no está pasando un buen momento: está vigilado y encausado por una querella por difamación y calumnia. Detrás de la querella está un gran grupo industrial que amenaza con derrumbar su carrera y destruir su reputación. Así que acepta el extraño encargo de Vanger de retomar la investigación de la desaparición de su sobrina e intentar tirar de algún cabo suelto.
Un trabajo complicado para el que recibe el regalo inesperado de la ayuda de Lisbeth Salander, una investigadora privada nada usual, incontrolable, socialmente inadaptada, tatuada y llena depiercings, y con extraordinarias e insólitas cualidades como su memoria fotográfica y su destreza informática.
Así empieza una novela que es la crónica de la guerra interna de una familia, un fresco fascinante del crimen y del castigo, de perversiones sexuales, de trampas financieras, un entramado violento y amenazante entre el que sin embargo crece una tierna y frágil historia de amor. Una historia de amor entre la que será la pareja más memorable de la literatura criminal.
En la Andalucía del S. XVI el joven Hernando, hijo de una morisca y el sacerdote que la violó, es rechazado por su padrastro debido a su origen y por los cristianos debido a las costumbres de su familia. Tras la rebelión de los moriscos contra los cristianos, en los montes de la Alpujarra, hartos de injusticias y humillaciones, Hermando se suma a los sublevados y conoce la brutalidad y crueldad de unos y de otros, pero también el amor, en Fátima. Tras la derrota de los moriscos es obligado a vivir en Córdoba donde a pesar de las dificultades de la vida diaria, concentra todas sus fuerzas en lograr que su cultura y religión recuperen la dignidad y el papel que merecen. Para ello corre tremendos riesgos y asume arriesgadas iniciativas.
Bianca ha abandonado Medianoche y se ha unido a la Cruz Negra, la organización mundial de cazadores de vampiros. Su nueva vida no es precisamente fácil: bajo la tutela de Kate y Eduardo, debe entrenarse con disciplina militar, cuidando de que nadie descubra sus poderes sobrenaturales. Solo hay algo que la reconforta: la compañía de Lucas, su gran amor y único confidente, con quien ya ha empezado a planear una huída.
Pero lo que Bianca todavía no sabe es que, por muy lejos que vaya, hay algo de lo que nunca podrá escapar: su destino...
Una guerra entre hermanos, un conde avaro y mercenarios dispuestos a saquear el patrimonio de España. La Guerra Civil se convirtió en un escenario idóneo para esquilmar el patrimonio de un país. “Ladrones de historia” es un trepidante thriller de espías, persecuciones y asesinatos con un desenlace frenético y sorprendente que nos adentra en uno de los episodios más negros de España.
Con la guerra como telón de fondo y al tiempo escenario de la novela, “Ladrones de historia” nos arrastra con maestría a ese episodio oscuro y desconocido de nuestro pasado, basado en hechos reales y reconvertido en una trepidante novela de aventuras.
Rudolph van der Gobbler, un acaudalado conde suizo, decide apoderarse del patrimonio artístico español, aprovechando los momentos de convulsión política y bélica. Mercenarios dispuestos a saquear , robar y asesinar, y españoles dispuestos a atraparlos y darles caza en una persecución "a muerte". La Guerra Civil Española no sólo fue sanguinaria con sus ciudadanos, se convirtió en una oportunidad para robar lo que es de todos, nuestro patrimonio cultural.
Un momento único para Ladrones de historia, un thriller trepidante.
"Pablo Núñez regresa al género de aventuras con un giro inesperado: una novela policíaca ambientada en la Guerra Civil. Pero no estamos ante una historia bélica, sino ante una emocionante trama detectivesca"
Marta Rivera de la Cruz
Finalista del Premio Planeta con “En tiempo de Prodigios”
"Ladrones de Historia es una novela magistral, donde familia, arte y tragedia se mezclan en una obra imprescindible y mágica. Hacía mucho tiempo que no leía una novela tan ambiciosa y que me haya llegado tanto al corazón"
Juan Gómez-Jurado
Ganador del Premio Torrevieja con “El emblema del traidor”
Nos tempos en que escoitabamos cancións de amor e ningunha letra nos parecía “cursi”, o amor era unha palabra apenas inventada i eu era ignoradamente feliz. Os rapaces, nin nenos nin homes, levabamos pantalóns axustados. Había quen cría fumar con clase. Ás veces poñiamos pedras na vía a trens que nunca descarrilaban. A min o que mellor se me daba era arrimar, con poucas ganas, un ombro en calquera parede mentres entornaba a cabeza e nada semellaba importarme. Entón, deixábame levar por un cansazo estranxeiro que enchoupaba pesadamente os meus pasos. Tampouco é que cuspira nada mal entre os dentes, agora sei que con desprezo. Por todo isto, cando descubrín a Natalia, non din comprendido como ela non seguía cegamente os meus pasos. Eu soñaba difusamente con recorrela, amala fisicamente co torpe e escaso coñecemento que tiñamos do sexo, apenas con que e por onde. O amor era aquilo do que falaban as cancións, o sexo unha valentía como o roubar pexegos.
- Ti o que queres é fodela.- Dixérame Toni un mal día no que me deu por contarlle aquel sentir intermitente pero infatigable, mentres camiñabamos facendo equilibrios pola vía do tren.
Non soaba moi fermoso. Aquela frase meteume medo, pero a Toni non lle faltaba razón. Non facía máis que resumir todo canto sabiamos do desexo, por moitas que foran as cancións de amor escoitadas. Aquel desconcertante sentir superaba a capacidade de comprensión de calquera “cursi” que, coma nós, aínda ignoraba o seu futuro de melenudo seguidor de Leño.
Natalia levaba no barrio dende pequena e o barrio era todo o universo, iso e as fuxidas ás aldeas onde sobrevivían os avós de cada quen. Doce anos cruzándonos, probablemente tódolos días, nalgunha das esquinas onde aniñaba todo o misterio da nosa paisaxe, para que unha tarde, mentres eu escabechaba pipas cos colegas, un ombro pegado á parede dunha mercería, unha tarde aparentemente calquera fose eu a sentirme abanear porque a ela se lle ocorrera achegarse a pedirme unhas poucas pipas. Os rapaces quedaron calados i eu tampouco dixen moita cousa, apenas se dei entornado o paquete entre a cunca rosada da súa man dereita, mentres miraba algunha parte do seu corpo estragada pola memoria. Mandóume parar e agradeceumo cando se estaba a dar a volta. Non sei canto tempo estivemos calados. Entre o paréntese de silencios, un expreso arrastrou a súa paciencia cara a Madrid, xusto ata que alguén, supoño que Toni, rosmou.
- Esta nacha de que vai?
Iamos xuntos a escola, neso consistía toda a vida que faciamos coas rapazas. A rúa era cousa só para homes ou só para mulleres. Por iso sentímonos violados, sufriramos unha derrota nunha guerra que non sabiamos aberta.
Eu xogaba ao baloncesto ou cando menos estaba no equipo do colexio e non me tiña por tan “cazo” para ter que pasar tanto tempo no banco, o que non facía que lle tivese un especial cariño ao adestrador. Levaba mal, como calquera xogador, que me quitaran do partido. Un sábado, nos ollos aínda un neboeiro de cabreo, crin ver a Natalia con outras dúas rapazas do barrio. Non recordaba telas visto antes, o partido estaba moi quente e tampouco era para poñerse a facer memoria.
Ó rematar o partido, abandonada a derrota nas duchas, cando xa esabamos a marchar para a casa, unha de elas, coincidían todos en que era a que estaba máis boa no barrio, Patricia ( pasado o tempo Patri ) quedou remoloneando con Toño e acabamos por marchar sen el, que quedou paseando coas tres, rindo esaxeradamente, facendo macacadas, en fin o parvo.
Demos por suposto que Toño se amañaba ben sen nós. Supuxemos mal. Ao cabo de tres semanas pasouse dúas tardes dándonos a brasa para ver se quedabamos o sábado, despois do partido, coas rapazas para dar un “rule” por aí.
- Ti estás aconachado.
Eu estaba de acordo con Toni, pero a promesa de Toño de invitarnos a unhas cervexas o domingo pola tarde no bar dos pais, mentres estes ían á aldea, surtiu o seu efecto.
Aquel sábado descubrimos o amodo que poden camiñar un home e unha muller cando van xuntos. Esperar por Toño e Patricia converteuse nun traballo para o que demostramos non estar ben preparados. Os seus pasos eran tan lentos como torpes foron os seus primeiros bicos. As súas bocas máis que buscarse tropezaban, como se non desen adiviñado onde empezaban e onde acababan os beizos, que formaban cos dentes un todo ríxido onde batían case por sorpresa. Ao pouco xa aprenderan a bicarse con famenta mestría, pero isto non volveu máis lixeiros os seus pasos.
Toni, farto de ter que esperar a cada pouco, convenceunos para botar unha partida ao billar. Explicámoslles toda a arte necesaria para xogar, como se levásemos máis de catro partidas nas nosas mans. Resultaba aburrido xogar con elas. Ríanse coma tolas cada vez que a “cagaban”, como se aquilo do billar non lles parecese serio dabondo. Natalia comprou pipas e puxo unha canción dos Pecos no tocadiscos e outra dun italiano que non paraba de repetir “te amo teamote a mo”. Pouco lle importaba que tivésemos unha partida a medio xogar. Ela tomábase o seu tempo para comelas pipas, collíaas con precisión alí por onde estreitan, separaba os dentes, metía a pipa entre eles mentres mantiña separados os beizos, entón ía aumentando a forza con que xuntaba os dentes ata que un estalido lle anunciaba á súa lingua o premio que tiñan ao seu alcance; esta semellaba non estar adestrada para outra cousa e botábase áxil, rápida e húmida sobre a presa. Xuro que o facía con tanta parsimonia que un podía decatarse de cada paso. Foi un gran descubrimento, as nachas tiñan boca ou máis ben posuían unha boca con labios, dentes brancos e unha lingua viva.
Deixamos o billar por imposible e puxémonos a camiñar por camiñar, atravesamos o labradío morto que xa non era nin barrio. Nós non sabiamos de que falar, non sabiamos nin que responder ás súas preguntas. Tampouco facelas.
- Gústanche Os pecos?
A min, a verdade, tanto me tiña. Escoitaba todo canto quixeran poñer na “sinfonola”, Os pecos, Boney M, aquilo da “felicidad”, “juntos amor para dos”, Tequila, “la quiero a morir”, Los Chichos, “el ocho y medio no podía más” e a Europa de Santana. O que estaba na máquina era o último e o último estaba ben. Aínda non eramos rokeiros, nin jevis, nin nada; só uns rapaces de barrio que quedaron coas ganas de descubrir quen demo escollía os discos da “Sinfonola”.
- Son unha parrochada -espetou Toni, sempre máis seguro ca min. Aínda que xuraría telo visto seleccionar o “Hablame de ti” é probable que só lle gustara aquela canción dos Pecos.
- E ti, Jorge?
Encollín os ombros.- Non sei. Non entendo de música.
Dixo que de música non había que entender e riuse de min, coma pouco antes se rira das “cagadas” ao billar, como se todo para ela fose unha risa continua. O certo é que ría ben, ríalle todo o corpo ou iso creo recordar.
Alcanzamos a vía, xa de poucos trens, e fomos camiñando polos raís. Ao pasar pola curva onde Rubén, un amigo noso, botouse baixo as rodas dun TER madrugador e brutal, Toni, supersticioso, persignouse con violencia e mirou desconfiado cara atrás. Cando estabamos ao pé da ponte que atravesa a ría puxémonos a xogar pedras contra a auga. Non se trataba de tiralas máis ou menos lonxe, só de tiralas, de velas subir e oílas crebar o espello da ría. Elas miraban para nós. Tiramos pedras ata cansarnos. Suábanos a cara e só cando nos viramos e as vimos, recordamos que elas viñeran canda nós. Fumaban. A parella facía tempo que desaparecera por algún dos carreiros que nacían ou morrían na vía. Regresamos. Alí rematou aquel día romántico.
Durante a semana seguiamos sen existir. Podería asegurar que nin nos saudabamos ao cruzármonos de camiño ao colexio. Elas camiñando como en corro, falando. Nosoutros cos brazos caídos e pasos preguiceiramente medidos. O sábado seguinte volvemos quedar para despois do partido e Natalia deixou de ser unha rapaza de octavo c para converterse, con total naturalidade e sen transición, na compañeira de partida de billar. Eramos así, turróns ou pouco imaxinativos. Elas continuaban sen tomar moi en serio aquel xogo e a partida non durou moito. Fóra, aínda que non facía frío, chovía como por rutina, sen ansia pero sen descanso, do mesmo xeito que se bicaba a parelliña na mesa da esquina. Sentámonos cabo deles. Éranos moi difícil sacarlles os ollos de enriba, pero unha vergonza descoñecida obrigábanos a procurar distraccións. Non soubemos como conseguilo ata que Ana, a primeira rapaza que necesitou levar sostén, propuxo xogar a verdade ou consecuencia. Creo que de primeiras Toni asustouse, nunca xogaramos con nenas e por iso dixo.
- Aquí, no bar?
A verdade é que sempre xogaramos en cabanas ou agochados nos restos de monte que aínda non desapareceran para facer comprimidos bloques de pisos ou algunha estrada, pero Ana chegando a súa cabeza ao centro da mesa murmurou - Falaremos baixiño- e botamos a rir, non sei por que nos fixo tanta coña pero rimos. Foi a primeira ocasión en que nos riamos cunha rapaza. Ignorabamos que iso fose posible. Volvemos rir máis veces, sobre todo cando Ana lle mandou a Toni que acariñase a Toño na caluga. Non deu torna, concentrado como estaba naquel aburrimento de corpos confundidos, apenas se ergueu os ollos cando rebentamos nunha gargallada longa e nerviosa. De volta ao xogo Natalia preguntoume quen me gustaba.
-Ninguén.
Non parecían dispostas a crerme e miraban a Toni por ver se me desmentía, pero el limitábase a encoller os ombros; entón Natalia chegou a calor da súa cara aos meus ollos, botando o seu corpo cara adiante como se o quixese afundir na mesa que nos separaba para preguntar teatreiramente:
- Eu tampouco che gusto?
- Pois non es fea.- fíxose a agraviada ou iso crin.
- E a ti, ¿gústache alguén?- díxenlle aínda que non me tocaba preguntar.
Non o pensou.- Si, Antón.
- ¿Antón? Pero se vai en terceiro de Bup - respondemos ou berramos.
Elas, como no billar, riron soas.
- Pois non es fea.-Toni mixiricaba unha voz que non era a miña, que de súpeto volvíase azouta- Pois non es parvo.
Ante as gargalladas sobreactuadas reafirmei a indiferenza da miña cara cun papado da cervexa clandestina no de Toño.
- Non lle ía entrar alí, diante de todo cristo. Anda que non se había rir se me poño cursilón.
Cun aquel de desprezo ou incomprensión os ombros de Toni encolléronse.- Que se ría dun non me parece un prezo tan alto tendo en conta o premio.- Falou a seguridade habitual de Toni. Toni non dubida, teña ou non razón. Creo que sempre desexou ter valor para ser coma “Harry el sucio”
- Ademais xa a oíches. Gústalle Antón.
- Si, ao mellor tamén.
- Xa buscarei un mellor momento o sábado que ven- defendinme empezando a crer o que dixera.
- Para a semana se cadra pasoulle o capricho- empezou a dicir Toño- Ou te colle un tren.- empezou a rir Toni.- Ou perdes o nabo o venres e non o atopas ata o luns pola noite.- rimos xa todos.
Non pasou nada diso, pero si pasou algo, ou máis ben, deixou de pasar. Toño e Patri aprenderon a andar amodo e sen compañía e nós e as rapazas volvemos ser substancias inmiscibles. Pouco máis dun par de olladas no recreo, coroadas na miña caluga pola cariñosa violencia da man de Toni e un afectuoso “pringao” espetado na orella.
E viñeron outras semanas, con partidos e sábados sen rapazas, e chegou a fin do curso que trouxo da man o verán co seu cargamento de tardes sen fin, po e case silencio nas rúas. Sempre había unhas escaleiras ou unha esquina onde o sol remataba por xuntarnos a grandes e non tan grandes, como o vento ás follas no outono. Un verán como outros veráns de tardes longas escabechando pipas. Tardes unha tras outra. Tardes longas coma trens de mercancías. Tardes para encher falando, e fala un e fala outro, da serie televisiva do momento, ¡Mola o Equipo A!, ¡Vaia full! dalgún partido do europeo de baloncesto, ¡mira que perder con Checoslovaquia!, merda de liña de tres puntos; da variedade de cus, de tetas imaxinadas ou reais pero igualmente imposibles. Alguén baixa o radio casete e pon iniciático “esta es la noche de que te hablé”. Outro paquete de pipas.
- ¿Que botan esta noite pola tele?
- Unha peli de Clint Eastwood.
- Pásame un pito.
- Non me quedan. Pásoche a pava.
- E ti que chusmas, vella.
- ¡Joder! Esta tía do primeiro non fai máis que chusmar.
- Non lle darán brasa dabondo.
Creo que aínda nos estabamos a rir do último barrene do Neno Chiste.- E ti de maior que queres ser, Papa ou futbolista?- cando nun “deja vu” imperfecto Natalia chegouse a min, deixoume atrás, pasou por diante de Toño e Toni e foi cara Antón a pedirlle Pipas. Ela marchou co seu botín na man. Antón quedou coa cara agradecida coma se fose el o convidado i eu dobrei sobre o meu estómago para acoller o sempre agarimoso cóbado de Toni. Xusto entón pasou un pequeno ferrobús dirección Coruña que meteu a estouraría xusta para que ninguén escoitara a Toni chamarme unha vez máis pringao.
Algúns trens máis tarde, Natalia xa non necesitou pasar por diante miña. Esperábaa Antón no medio da rúa cun paquete de pipas só para ela; isto aconteceu dúas ou tres veces. O día que o tren do escándalo, aquel que cada dous meses levaba cara a Ferrol aos quintos, berrando pola ventá coma se lles tocara a lotería e non ofrendar o seu pelo á patria, ese día Antón deixou de tomar pipas con nós para pasear con Natalia tan amodo como o facían Toño e Patri.
Hai quen di que vivir nun barrio é unha escola. Non sei, supoño que en calquera sitio que se viva se aprende algo, pero que unha vía do tren sirva de fronteira do teu barrio aporta cando menos outra perspectiva. Aprendín que non existe o último tren, senón o último tren dun día e que tampouco e bo obsesionarse con coller todos os trens pero si ter conta de que ningún tren te colla a ti. Aprendín que hai trens que non se chaman Natalia e que as vías polas que hoxe ves afastarse un tren, poden ser tamén as do camiño de volta. Hei de recoñecer, iso si, que naqueles anos non reparara que hai estacións de paso e estacións término e tampouco sabía que tipo de estación ía ser o barrio para min. Era sinxelamente o meu mundo, o noso mundo, sen saber aínda moi ben canta consistencia tiña realmente ese nosoutros. O barrio xuntáranos, iso era todo.
Supoño que os trens, como case todo, serven para explicar unha cousa e a súa contraria. Claro que tampouco é o mesmo ir dentro do tren, nunha desas viaxes á paciencia, que velo pasar diante da túa ventá, marcando o tempo coa súa vontade de trono túzaro e fugaz lentitude. Se a túa rúa vai paralela a unha vía é inevitable fixarse nos trens, no que xa non repara tanto a xente é nas mesmas vías. ¿Para que serve unha vía cando o tren non pasa? Semellan inútiles se ti nunca as usaches para camiñar facendo equilibrios ata a ría, ou se nunca abandonaches unha “lagartija” para comprobar se da marchado antes de que o tren a borre máis que a mate. Hai ademais unha cousa que esas férreas paralelas fan moi ben, saben esperar o momento de ser útiles. Eu tamén sei esperar, que é virtude dos apáticos, i entón un día chega a festa do barrio e organízase un torneo de baloncesto ao que nos apuntamos nosoutros por unha banda e por outra os grandes, e os dous chegamos á final. Todo era festa. De noite na verbena, pouco antes do descanso, os maiores desapareceron a celebrar a xa certa vitoria. Nesa celebración nosoutros non pintabamos nada, máis aínda se temos en conta que ían alegrarse con algo máis que cervexas e cigarros. Pasou o descanso i eu xa me esquecera das pipas que Natalia xa non me pedía, sentíame nunha vía morta cando un cobadazo de Toni case me fai abanear, íalle corresponder co meu puño máis educado cando descubrín a Natalia camiñar cara a nós, cara a min.
-Ola Jorge.
- Síntoo. Non levo pipas.- sei que Toni tivo novamente ganas de golpearme.
- Xa, pero se cadra sabes bailar, é un merengue, pero como ti de música non entendes, non creo que che importe.
- Se cadra podo aprender.
Bailamos como se bailan as lentas por máis que a orquestra se empeñase en ritmos máis vivos. A proximidade das nosas meixelas obrigábanos a mirarnos polo rabo do ollo e permitíanos falar só para nós.
- ¿Que, segue sen gustarche ninguén?
- E a ti ¿segue gustándoche Antón?
- Hoxe non, hoxe son demasiado nova para el.
- Eu tamén son demasiado novo para el – o deterse da música fixo repelerse aos nosos corpos- pero son mellor ca el.
- Xogando ao baloncesto non.
- ¿Ti cres? A ver mañá.
-Bah, o baloncesto tampouco é o máis importante. - Despediuse cun bico da súa boca entreaberta preto da comisura dos meus beizos sorprendidos, ou iso recordei sempre.
Á mañá seguinte xogamos a final. Nos ollos dos maiores estaba escrito cara a que prohibidos camiños dirixiran os seus pasos na súa fuxida da festa, tamén no esforzado dos seus movementos na pista, que os levou a acabar o primeiro tempo só catro puntos por riba. Saín no segundo tempo para descubrir que Antón posuía máis ollos cos seus. Foi subir o primeiro ataque e telo pegado a min contra toda lóxica, nin triangulaba na defensa, nin tiña moito xeito ver a un pivote, o que hoxe chaman un cinco, defendendo a un escolta filusmías máis aló dos seis vinte e cinco, custábame recibir o balón, non as súas labazadas ignoradas polo árbitro.
- Hoxe non te pegas coma onte.- Soproume na caluga.
- Nunca fun un xogador de contacto, son os demais os que se pegan a min,- rematei a frase voando cara a fóra da pista invitado polas mans de Antón.
Toni dende o banco pediu tempo morto.
- Nin se che ocorra pedir falta, ti aguantas o que che zoupe e móvete sempre por fóra da liña de tres -Toni sempre tan atento- Os demais xogamos aclarados e cargamos todos o rebote.
Entre empuxóns, golpes de cóbado e algún tirón nos pelos das pernas chegamos empatados ao último minuto. Case conseguimos que esgotasen os trinta segundos de posesión pero Antón sacou unha falta de tiro. Fallou o primeiro e tras encestar o segundo, pediron tempo morto. Meteron presión no saque de fondo, conseguiron facerlle un dous contra un a Toni nunha banda antes de pasar o medio campo, a piques estaban de pitar dez segundos cando Toni xogou ao brilé coa canela de Antón onde o balón rebotou para fóra. Sacabamos de banda e quedábannos vinte segundos. Antón volveuse pegar a min e as súas costas axudáronme a bloquear a Toño, que foi a recibir o balón; a penas se podía botar e protexer o balón como para pensar en atacar a canastra, por un momento Antón afastouse un pouco de min para facerlle unha axuda a Toño, que aproveitou para pasarme. Era o primeiro balón que me deixaran tocar en todo o partido. Sorprendeume tanto recibilo que cando me decatei, xa volvía ter a Antón enriba miña; encareino escondendo o balón tras do cu, un paso, dous pasos e o saltar a miña man, por debaixo do seu brazo, fixo voar o balón, que chegou ao seu punto máis alto na perpendicular da canastra, onde caeu como o peso morto que era.
Fin do partido, as vitorias e as derrotas debuxáronse nas apertas. Eu, aínda sorprendido, rodeado das apertas e brincos dos do equipo, miraba ao lonxe a un abatido Antón consolado entre os brazos cariñosos de Natalia, que non me miraba.
Tampouco se van facer descarrilar dous trens o mesmo día.
Unha gaivota rachou o silencio da mañá. Durante toda a xornada estivera voando sobre a praia, agardando a que o raparigo saíse da auga con algunha captura. Todos os días desde había semanas estableceran un acordo non pactado, e desde aquela, realizaban sempre o mesmo ritual. O mozo erguíase cedo, chegaba descalzo correndo pola area, e penetraba no mar na procura de peixes. Após un intre volvía á praia coa súa presa e limpábaa sobre unha rocha; daquela deixaba os restos para ela. Chamáballe Soa.
Como tantos outros días, o raparigo mergullouse nas augas coralinas para que o mar espertase os seus sentidos. Aquilo era como atravesar unha porta que levaba a outro mundo, unha finísima membrana separábao daquel lugar inzado de vida, tan misterioso, tan colorido cos seus reflexos dourados... tan alleo a el.
Soa volveu berrar, impacientándose pola demora daquel día. Logo trazou varios círculos no ar, xusto sobre a zona de pesca. E cando pensaba que naquela ocasión ficaría sen almorzo, unha choiva de pingas brillantes xurdiu do océano e o raparigo emerxeu triunfante. O sorriso no seu rostro indicaba que fora unha gran captura, unha como nunca vira.
—Avó! Mira o que atopei! —berrou desde a auga mentres sostiña no alto o trofeo con ambos os brazos.
O ancián aguzou a vista canto puido, os anos non lle conservaran os ollos tanto como el querería, mais así e todo, o que distinguiu nas mans do seu neto fíxolle cambiar o xesto.
O mozo nadou até a beira con dificultade, pois a captura era realmente pesada.
—Avó! Olla! —dixo mentres soltaba a pesada carga aos pés do ancián—. Non... é... preciosa? —faltáballe ar e sobráballe emoción.
Sobre a area descansaba unha campá dourada, tan exquisitamente tallada que non parecía obra dun ser humano, senón do propio océano. Ao seu redor graváranlle signos e caracteres que espertaban en quen a ollase recordos de tempos moi afastados.
—Ten que ser de ouro. E fíxate... ten sete xoias —anunciou o raparigo cada vez máis recuperado do esforzo.
Mais o ancián non respondeu. Deixou a peza de madeira que estivera a tallar toda a mañá e limitouse a esculcar moi lonxe, talvez no horizonte, ou talvez no seu interior.
—Somos ricos, avó! Poderemos ir vivir á cidade. É que non te alegras?
—Sabes que é iso? —preguntou o home deixando de súpeto a un lado as súas cavilacións.
—Unha campá avó. O que vai ser se non?
—Certo. Pero é moito máis. É un sinal —dixo o ancián acariñando a súa puída superficie que xa se quentara baixo o sol—. Sabes que día é hoxe?
—Abofé! É o meu aniversario —dixo o raparigo sen entender o comportamento do seu avó—. Hoxe cumpro once anos.
O home sorriu para os seus adentros.
—Así é, once anos. Un número a ter en conta —afirmou—. Para algúns un mal presaxio. Para nós... o caos, a arxila, entendes? Sen forma, sen función. Mais fresca, preparada para ser modelada, pois se non a traballamos secará e estragarase.
—Avó, de que estás a falar? —preguntou o mozo.
—Esa campá vén dun lugar moi afastado —proseguiu o vello—. Dun lugar que xa non existe. E cuxos restos descansan nalgún lugar do océano.
—Que lugar é ese?
—Xa non importa o seu nome. Aquilo que construímos desapareceu e a miña alma xa non desexa lembralo.
O seu rostro reflectiu unha tristeza profunda e afastada. E na súa mirada, o abismo dunha vida alagada de recordos.
—Que sería daquela rapariga? —murmurou para o seu interior—. Que dourados eran os seus cabelos, e eses ollos lila... como os do seu pai.
—Avó, o que che ocorre? Atópaste ben?
—Ás veces, meu pequeno... ás veces, a marea do tempo tráenos recordos que pensabamos que estaban soterrados nas profundas simas deste océano que é a alma -respondeu deixando a un lado aqueles pensamentos—. Mais agora debemos pensar no presente, pois é o noso deber transmitir aquilo que aprendemos. E talvez chegue o día no que a Humanidade estea disposta a aprender.
—O que debe aprender? —preguntou o mozo cada vez máis confundido—. Por que nunca me falaches disto?
—Porque non chegara o momento —confesou o ancián—. Porque non recibiras o sinal.
Ambos os dous ollaron para a campá, compartindo en silencio un momento que o raparigo lembraría toda a súa vida.
—Alquimia —anunciou o home—. O coñecemento do visíbel e o invisíbel. Hoxe comezarás a túa aprendizaxe.
O raparigo non sabía o que responder, escoitara aquela palabra facía moitos anos. Atesourando o recordo xunto aos poucos que conservaba dos seus pais.
—Escoita e aprende as tres regras básicas da Alquimia.
Primeira regra: Toda sustancia ten esencia.
Segunda regra: Todas as esencias son en realidade unha.
Terceira regra: Cada unha das partes dunha esencia é en si mesma parte e todo desa esencia.
—Ten iso algo que ver coa campá? —preguntou o mozo.
—Ten. Pensa en ti mesmo, nas túas mans, nos teus pés. Son parte de ti —explicou o ancián, que sen previo aviso lle arrincara un guecho de cabelo ao raparigo.
—Aiiiii! Iso doeu.
—Olla este guecho, xa non te pertence. Agora é o meu pelo —afirmou o ancián.
—Equivócaste, telo ti. Pero segue a ser meu —retrucou o mozo.
—Así é. Este guecho forma parte da túa esencia, e aínda que xa non estea contigo segue conectado con ela —afirmou o vello—. Precisamente esa unión invisíbel é a que emprega a Alquimia. Esta campá por exemplo, foi creada mediante un procedemento alquímico moi especial. De tal xeito que aínda que a dividas en varias partes, cada unha desas partes mantería a mesma esencia que se estivesen unidas.
—Pero se fundimos a campá e fabricamos por exemplo unha tixola, cambiaría a súa esencia —obxectou o mozo—. Logo sería un utensilio de cociña.
—Moi observador. Así é, mantería certa esencia ligada ao material, ouro neste caso. Pero alterariamos a súa esencia xeométrica —dixo o ancián.
—Esencia xeométrica? Iso quere dicir que a forma dun obxecto garda relación coa súa esencia?
—Exacto. É moi sinxelo. Fíxate neste anaco de madeira —dixo o home á vez que lle amosaba a peza que estivera tallando—. Existen varios graos na unión de esencias. A fin de contas, todo o que vemos está unido en maior ou menor medida. Neste caso, se partimos a peza en dous, ambas as metades están unidas en primeiro grao. Se tallo outra peza coa mesma forma xeométrica e a mesma madeira, estarían unidas en segundo grao. E así, imos afastándonos segundo varíe o material ou a forma. Pero no caso da campá...
Detivo a súa explicación para levantala e observala mellor.
—Neste caso, aínda que a partises e cambiases a súa forma, non alterarías a súa esencia. É dicir, cada unha desas partes seguiría a ser en esencia unha campá.
—Como é posíbel? —preguntou o raparigo ansioso por coñecer máis de todo aquilo.
—Ben, por varios motivos. En primeiro lugar, polo método alquímico empregado e que nun futuro aprenderás. E en segundo e máis importante, polo somnium —explicou o avó sinalando unha das xoias carmesí que adornaban a campá.
—Somniun? Pensei que serían diamantes ou rubís... ou algunha outra pedra preciosa —dixo o mozo—. É valioso?
—Máis valioso que calquera outra xoia. Pero non te trabuques, o somnium non é ningún tipo de mineral.
—Logo que é?
—Todo ao seu debido tempo. O que debes aprender agora é como funciona a súa esencia —dixo o ancián—. A súa esencia non é como a do resto de materiais. No somniun non importa o tamaño, a forma ou a distancia á que se sitúe. A súa esencia considérase sempre de grao cero. É dicir, que cada un dos seus fragmentos, aínda que estean separados, considérase que están unidos sen distancia nin tempo entre si.
—Coido que me perdín —aclarou o neto—. Todo isto é demasiado complexo. Que utilidade pode ter todo isto?
—Utilidade? —exclamou o ancián—. Non podes nin imaxinar cantas. Controlando as esencias podes modificar a materia, alterar o propio espazo-tempo. A Alquimia non altera as leis da física, simplemente elúdeas mantendo o seu equilibrio.
—Quero saber máis sobre ela, avó —dixo o raparigo seriamente convencido—. Estou certo de que con Alquimia algún día atoparei de novo ese lugar do que me falaches.
—Todo ao seu debido tempo, Giuseppe —respondeu o ancián—. Quen sabe o que che deparará o destino? Mais lembra que, leve onde te leve, a nosa esencia sempre estará unida.
Giuseppe nunca puido imaxinalo. Nunca se atreveu a soñar con aquela viaxe até que os seus ósos foron vellos e a tristeza o empurrou a emprendelo. Mais o que atopou, aquilo que aprendeu no seu camiño, o destino desa vella campá e dos sete martelos dourados, iso poucos o saben, e ademais... esa é outra historia.
EXORCISMO LITERARIO A CATRO MANS
(como se eu foses ti e ti fose eu (oferta-demanda),
pero daquela maneira: can e gato, gato e can)
Aplauden ensimesmados os semáforos
cando a túa miña narcisa percha cruza
lenta a Ronda da Muralla, camiño da Toledana,
hipotecada ata as cellas cos tópicos habituais
e con gramos etéreos de metafísica pragmática,
versión andar por casa, na procura de bisturí
e máscaras para peitear a desesperación
e o rechouchío que enreda no vaso das túas miñas
pestanas. Ovacionan o idilio as ambulancias e cazadoras
frean, con elegancia balsámica de minisaia.
E ti e eu a capturar poemas de Valente,
valentes remoendo pílulas explosivas
que subministra a túa miña conciencia
de clase carbonizada en barrio periférico,
marxinais e indolentes, sen voz e sen voto.
Ariscos alcolizamos o botín da condena, con nada
ou moito que perder, a lento compás de tartaruga,
como nunha estampa de adoración nocturna
ou de lectura de prensa undergroung,
antes do suicidio da úlcera e da carcasa.
Pero chegamos tarde, sempre chegamos tarde
como angustia no quinto e sen ascensor.
E buscándote buscándome as puntas dos pés
navegan nas intimidades ásperas de sala de estar
en polígono industrial e drogas drogo drogamos
as gargalladas por detrás da barra daquel bar,
o único bar sen enfado do teu meu repertorio…
Amence novo día nova idiocia e de ti (de min),
terra incógnita, no Campo Castelo ninguén sabe.
Preguntamos a Sabina, tristeza, roto soldado
de vitorias rotas, e purifica orxiástico as plusvalías
na Mosquera, pigmentando vertedoiros na frondosa
reputación dos clandestinos… e asubía nin media palabra.
Pero eu non meu dou por desaparecido.
Alguén fala da fría depresión nos eslogans de Lugo
e na túa miña glándula lacrimal os sorrisos
nas botellas medio cheas medio baleiras, como
unha canción amarga de domingo resistindo
sen saldo o vendabal despois da última copa,
antes de quedarnos dormidos na tímida dignidade
dos covardes. E ti ou eu, curtidos en tantas soidades
de telescopio pusilánime, tatuamos tristes amores
platónicos –intrépidos intelectuais, peritos na baixada
de pantalóns-, obstinados como estamos en xogar
ás bonecas no xeneroso embigo de Yolanda Castaño,
oitava maravilla, ou en tropezar coas deliciosas bocas
de Lucía Aldao e de María Lado, de María Aldao
e de Lucía Lado, terra prometida de caricias perfumadas.
E neste poema en rebaixas astutas as patoloxías
de pescador de versos secando ao sol que máis quenta,
como un mal endémico levitando na ambulante
prepotencia da ecuación que formulo formulas
formulamos ás agachadas na persoal lea (o tren que me leva…),
50% Pound “apiadémonos dos que teñen máis fortuna…”
50% Rosalía“Castellanos de Castilla…”
Crer outra vez en min mesmo sería o máis doado,
pero finxir que non creo no meu regreso ao mundo
é máis prudente”. Lois Pereiro
A poesía, considerada un xénero literario nos manuais de literatura e nos libros de texto da nosa etapa escolar, non só é a ferramenta empregada polos escritores para facer poemas e libros, quizais iso, só sexa unha pequena parte, imprescindible, pero non a máis importante.
A poesía é tatuar nas pupilas un prisma para observar ó teu redor. Filtralo para que da multitude, os pequenos detalles, invisibles para o ollo humano, se reteñan nas pupilas ese instante suficiente; para logo, gardalo nun caixón desordenado e remexer cando sexa necesario.
A poesía sérveme para entender o sorriso dunha dependenta. Para dicir: “quérote” e un exército de palabras o defendan. Para non gardarme o que non che dixen aquela noite nun bar. Para ter sempre aberta a fonte inesgotable da que beber (cando sinta a necesidade de saciar unha extraña sede).
A poesía é o instrumento para expresar o meu compromiso e intentar facer un mundo mellor. Para non esquecerme de tódalas alegrías e tristezas da vida cotiá. Para que os meus amigos, comecen un novo conto ou fagan unha boa canción.
Preciso da poesía para moitas cousas… Pensa, para que che serve a ti?
Publicado no Blog da Editorial Galaxia
Espazo de reunión e debate dos aficcionados á novela histórica. Se buscas unha recomendación para as túas próximas lecturas ou queres comentar o último que liches, este é o teu sitio...
Queres estar ao tanto do que acaba de saír ou comentarnos o que atopaches na librería esta mesma mañá? Pois apúntate a este grupo e comparte a túa infomación segreda con nós...
Únete á fraternidade do último dragón galego e descubre a triloxía fantástica de Dragal
Non só para a evasión, que tamén... porque a novela negra, á marxe da trama ou o entretenemento, tén un gran interés desde a perspectiva da crónica social, de amosarnos algúns problemas ou aspectos da realidade menos visible, mediante a liberdade que proporciona a ficción.
Fotos do p
Redelibros |
Libros e textos |
Opinión |
Anuncios |
Multimedia |
Membros |
Seccións |








