
Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.
Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.
As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.
As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.
As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.

Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante dezaseis días. Coa mochila ao lombo, combinando traxectos a pé e desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende Somport, un porto de montaña no Pireneo de Aragón, situado preto da fronteira francesa, deica a catedral de Compostela, onde está a cripta do apóstolo. Mais no comezo da súa viaxe, un dos monitores que os acompaña, un personaxe moi peculiar, alértaos de que un perigo sobrevoa a cidade compostelá. Será certo?
Sinopse
Novela dirixida especialmente ao público xuvenil na que un can de palleiro narra as aventuras que compartiu con Ulises. ¿Trátase do famoso heroe grego? Si, pero segundo este can de palleiro, Ulises non era grego, era galego, concretamente do Xobre, unha antiga vila de pescadores que hoxe forma parte da Pobra do Caramiñal.
“Eu son un can de palleiro, un can de aldea. Coma quen di, un ninguén. O meu nome non importa. O realmente importante desta historia é a historia mesma. Unha aventura popularmente coñecida como A Odisea.
Non son, nin moito menos, o célebre can Argos, sempre fiel a Ulises. Argos morreu. Era o típico can de raza: estilizado e de boa planta, pero pouco afeito ás emocións fortes.
Eu son un sinxelo can de palleiro orixinario da Barbanza. Miña nai abandonárame cando era un cativo. O meu amo Ulises atopoume...”
O mundo secreto de Basilius Hoffman comprende un ambicioso proxecto de fantasía que abrangue varios medios artísticos, centrados todos eles arredor dunha serie de cinco novelas ilustradas da que agora se publica o seu primeiro título: O ladrón de soños.
Desde esta primeira historia mergullámonos nun mundo estraño e complexo, un universo onde o profesor Hoffman: arqueólogo, historiador, lingüista e, sobre todo, explorador de mundos ocultos, serve de guía ao seu novo sobriño Peter nunha viaxe na que as lendas e os mitos de moi diferentes culturas do noso propio mundo conflúen cara a unha única e asombrosa revelación que marcará o destino da humanidade.
Entre os demais proxectos atópase tamén a publicación de varias novelas derivadas, nas que se profundizará noutros aspectos da historia e dos personaxes, varios álbumes de banda deseñada e a creación dunha banda sonora, que xa ten a súa primeira achega nesta novela cunha peza a piano.
O mundo secreto de Basilius Hoffman pretende chegar tanto a un público xuvenil como adulto, seguindo o legado de Michael Ende cunha lectura de dobre profundidade, na que os máis novos gocen da aventura e os maiores poidan recuperar aquela maxia das súas primeiras lecturas no xénero da fantasía, sempre, e como manda a tradición, cun pano de fondo que reivindica o poder da creatividade e da imaxinación.
Descarga gratuita da novela (non inclue ilustracións): http://www.basiliushoffman.com/media/libros/msbh_olds.pdf
Ilustrado por Andrés Meixide.
¿O sangue é vermello? Ata a aparición daquel cadáver a inspectora Nola sempre pensou que si. Na última semana, en Todures apareceron mortos seis inmigrantes procedentes de Ningures. ¿Por que todos eran ningurenses? ¿Cantas persoas máis ían morrer? ¿Por que o sangue daquel cadáver era verde? ¿Que se agochaba tras aquilo? Á inspectora Nola amólalle non dar contestado os interrogantes. Por iso se fixo investigadora: para non deixar ningunha pregunta voando no aire. En "Mortos de Ningures", coa axuda do seu inseparable gato Lolo, Nola porá toda a súa vontade en resolver este enigmático caso. Pero isto non é garantía de éxito. Ás veces, malia os esforzos, malia o empeño, algúns casos non se dan resolto.
PERELEDI. Esta novela está escrita a dúas mans por Pere Tobaruela e Ledicia Costas. Pere naceu en Barcelona e actualmente vive en Rois. Escribe en catalán, galego e castelán. Con corenta obras publicadas nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña, Galicia e do resto do estado, este autor só se dedica á escrita. Ledicia é de Vigo. Poeta e narradora, escribe desde moi nova. De feito, con 17 anos publicou a novela xuvenil "Unha estrela no vento". A súa produción poética é abundante e está recollida en diferentes publicacións colectivas.
O poñente e a súa luz guían os dous protagonistas desta novela: Carme e Josep. Carme é unha muller de hoxe en día mergullada nun fondo proceso de cambio emocional. Para ela a luz do poñente ten un perfil concreto: unha galega chamada Sarela que, entre outras cousas, a obriga a cuestionarse a súa identidade sexual. Atendendo a coordenadas temporais diferentes, o poñente tamén constitúe o horizonte persoal de Josep Sadurní, un dos pioneiros cataláns do século XIX que emigraron cara a terras galegas e que asentaron aquí para sacar adiante con éxito a industria da salgadura, marcando para sempre o devir da poboación da beiramar deste país. Carme é unha profesora que, motivada por Sarela, comeza unha investigación sobre os industriais cataláns que se dedicaron á salga. Esta pescuda ábrenos unha fiestra ao coñecemento das relacións entre Cataluña e Galicia.
Unha gaivota rachou o silencio da mañá. Durante toda a xornada estivera voando sobre a praia, agardando a que o raparigo saíse da auga con algunha captura. Todos os días desde había semanas estableceran un acordo non pactado, e desde aquela, realizaban sempre o mesmo ritual. O mozo erguíase cedo, chegaba descalzo correndo pola area, e penetraba no mar na procura de peixes. Após un intre volvía á praia coa súa presa e limpábaa sobre unha rocha; daquela deixaba os restos para ela. Chamáballe Soa.
Como tantos outros días, o raparigo mergullouse nas augas coralinas para que o mar espertase os seus sentidos. Aquilo era como atravesar unha porta que levaba a outro mundo, unha finísima membrana separábao daquel lugar inzado de vida, tan misterioso, tan colorido cos seus reflexos dourados... tan alleo a el.
Soa volveu berrar, impacientándose pola demora daquel día. Logo trazou varios círculos no ar, xusto sobre a zona de pesca. E cando pensaba que naquela ocasión ficaría sen almorzo, unha choiva de pingas brillantes xurdiu do océano e o raparigo emerxeu triunfante. O sorriso no seu rostro indicaba que fora unha gran captura, unha como nunca vira.
—Avó! Mira o que atopei! —berrou desde a auga mentres sostiña no alto o trofeo con ambos os brazos.
O ancián aguzou a vista canto puido, os anos non lle conservaran os ollos tanto como el querería, mais así e todo, o que distinguiu nas mans do seu neto fíxolle cambiar o xesto.
O mozo nadou até a beira con dificultade, pois a captura era realmente pesada.
—Avó! Olla! —dixo mentres soltaba a pesada carga aos pés do ancián—. Non... é... preciosa? —faltáballe ar e sobráballe emoción.
Sobre a area descansaba unha campá dourada, tan exquisitamente tallada que non parecía obra dun ser humano, senón do propio océano. Ao seu redor graváranlle signos e caracteres que espertaban en quen a ollase recordos de tempos moi afastados.
—Ten que ser de ouro. E fíxate... ten sete xoias —anunciou o raparigo cada vez máis recuperado do esforzo.
Mais o ancián non respondeu. Deixou a peza de madeira que estivera a tallar toda a mañá e limitouse a esculcar moi lonxe, talvez no horizonte, ou talvez no seu interior.
—Somos ricos, avó! Poderemos ir vivir á cidade. É que non te alegras?
—Sabes que é iso? —preguntou o home deixando de súpeto a un lado as súas cavilacións.
—Unha campá avó. O que vai ser se non?
—Certo. Pero é moito máis. É un sinal —dixo o ancián acariñando a súa puída superficie que xa se quentara baixo o sol—. Sabes que día é hoxe?
—Abofé! É o meu aniversario —dixo o raparigo sen entender o comportamento do seu avó—. Hoxe cumpro once anos.
O home sorriu para os seus adentros.
—Así é, once anos. Un número a ter en conta —afirmou—. Para algúns un mal presaxio. Para nós... o caos, a arxila, entendes? Sen forma, sen función. Mais fresca, preparada para ser modelada, pois se non a traballamos secará e estragarase.
—Avó, de que estás a falar? —preguntou o mozo.
—Esa campá vén dun lugar moi afastado —proseguiu o vello—. Dun lugar que xa non existe. E cuxos restos descansan nalgún lugar do océano.
—Que lugar é ese?
—Xa non importa o seu nome. Aquilo que construímos desapareceu e a miña alma xa non desexa lembralo.
O seu rostro reflectiu unha tristeza profunda e afastada. E na súa mirada, o abismo dunha vida alagada de recordos.
—Que sería daquela rapariga? —murmurou para o seu interior—. Que dourados eran os seus cabelos, e eses ollos lila... como os do seu pai.
—Avó, o que che ocorre? Atópaste ben?
—Ás veces, meu pequeno... ás veces, a marea do tempo tráenos recordos que pensabamos que estaban soterrados nas profundas simas deste océano que é a alma -respondeu deixando a un lado aqueles pensamentos—. Mais agora debemos pensar no presente, pois é o noso deber transmitir aquilo que aprendemos. E talvez chegue o día no que a Humanidade estea disposta a aprender.
—O que debe aprender? —preguntou o mozo cada vez máis confundido—. Por que nunca me falaches disto?
—Porque non chegara o momento —confesou o ancián—. Porque non recibiras o sinal.
Ambos os dous ollaron para a campá, compartindo en silencio un momento que o raparigo lembraría toda a súa vida.
—Alquimia —anunciou o home—. O coñecemento do visíbel e o invisíbel. Hoxe comezarás a túa aprendizaxe.
O raparigo non sabía o que responder, escoitara aquela palabra facía moitos anos. Atesourando o recordo xunto aos poucos que conservaba dos seus pais.
—Escoita e aprende as tres regras básicas da Alquimia.
Primeira regra: Toda sustancia ten esencia.
Segunda regra: Todas as esencias son en realidade unha.
Terceira regra: Cada unha das partes dunha esencia é en si mesma parte e todo desa esencia.
—Ten iso algo que ver coa campá? —preguntou o mozo.
—Ten. Pensa en ti mesmo, nas túas mans, nos teus pés. Son parte de ti —explicou o ancián, que sen previo aviso lle arrincara un guecho de cabelo ao raparigo.
—Aiiiii! Iso doeu.
—Olla este guecho, xa non te pertence. Agora é o meu pelo —afirmou o ancián.
—Equivócaste, telo ti. Pero segue a ser meu —retrucou o mozo.
—Así é. Este guecho forma parte da túa esencia, e aínda que xa non estea contigo segue conectado con ela —afirmou o vello—. Precisamente esa unión invisíbel é a que emprega a Alquimia. Esta campá por exemplo, foi creada mediante un procedemento alquímico moi especial. De tal xeito que aínda que a dividas en varias partes, cada unha desas partes mantería a mesma esencia que se estivesen unidas.
—Pero se fundimos a campá e fabricamos por exemplo unha tixola, cambiaría a súa esencia —obxectou o mozo—. Logo sería un utensilio de cociña.
—Moi observador. Así é, mantería certa esencia ligada ao material, ouro neste caso. Pero alterariamos a súa esencia xeométrica —dixo o ancián.
—Esencia xeométrica? Iso quere dicir que a forma dun obxecto garda relación coa súa esencia?
—Exacto. É moi sinxelo. Fíxate neste anaco de madeira —dixo o home á vez que lle amosaba a peza que estivera tallando—. Existen varios graos na unión de esencias. A fin de contas, todo o que vemos está unido en maior ou menor medida. Neste caso, se partimos a peza en dous, ambas as metades están unidas en primeiro grao. Se tallo outra peza coa mesma forma xeométrica e a mesma madeira, estarían unidas en segundo grao. E así, imos afastándonos segundo varíe o material ou a forma. Pero no caso da campá...
Detivo a súa explicación para levantala e observala mellor.
—Neste caso, aínda que a partises e cambiases a súa forma, non alterarías a súa esencia. É dicir, cada unha desas partes seguiría a ser en esencia unha campá.
—Como é posíbel? —preguntou o raparigo ansioso por coñecer máis de todo aquilo.
—Ben, por varios motivos. En primeiro lugar, polo método alquímico empregado e que nun futuro aprenderás. E en segundo e máis importante, polo somnium —explicou o avó sinalando unha das xoias carmesí que adornaban a campá.
—Somniun? Pensei que serían diamantes ou rubís... ou algunha outra pedra preciosa —dixo o mozo—. É valioso?
—Máis valioso que calquera outra xoia. Pero non te trabuques, o somnium non é ningún tipo de mineral.
—Logo que é?
—Todo ao seu debido tempo. O que debes aprender agora é como funciona a súa esencia —dixo o ancián—. A súa esencia non é como a do resto de materiais. No somniun non importa o tamaño, a forma ou a distancia á que se sitúe. A súa esencia considérase sempre de grao cero. É dicir, que cada un dos seus fragmentos, aínda que estean separados, considérase que están unidos sen distancia nin tempo entre si.
—Coido que me perdín —aclarou o neto—. Todo isto é demasiado complexo. Que utilidade pode ter todo isto?
—Utilidade? —exclamou o ancián—. Non podes nin imaxinar cantas. Controlando as esencias podes modificar a materia, alterar o propio espazo-tempo. A Alquimia non altera as leis da física, simplemente elúdeas mantendo o seu equilibrio.
—Quero saber máis sobre ela, avó —dixo o raparigo seriamente convencido—. Estou certo de que con Alquimia algún día atoparei de novo ese lugar do que me falaches.
—Todo ao seu debido tempo, Giuseppe —respondeu o ancián—. Quen sabe o que che deparará o destino? Mais lembra que, leve onde te leve, a nosa esencia sempre estará unida.
Giuseppe nunca puido imaxinalo. Nunca se atreveu a soñar con aquela viaxe até que os seus ósos foron vellos e a tristeza o empurrou a emprendelo. Mais o que atopou, aquilo que aprendeu no seu camiño, o destino desa vella campá e dos sete martelos dourados, iso poucos o saben, e ademais... esa é outra historia.
Únete á fraternidade do último dragón galego e descubre a triloxía fantástica de Dragal
Que vos parece se saímos á rúa? Recollendo varias suxestións vosas, queremos proporvos algo: organizar "quedadas" de redelibreiros en diferentes lugares de Galicia.
A idea é sinxela: trátase de elixir un día en cada localidade na que haxa un grupo de redelibreiros que se animen, armarnos cun libro para trocar (como fixemos na presentación en Vigo) e xuntarnos para tomar unhas tapas, coñecernos e pasar un tempo agradable no local que decidamos entre todos. Unha forma interesante de sacar a rede á rúa e porlle cara a aqueles cos que compartimos gustos, opinións e debates... Que vos parece? Quen se anima?
Se vos parece, podemos organizarnos da seguinte forma: abrir un "debate" na sección correspondente deste grupo de quedadas por cada localidade na que haxa redelibreiros con ganas de xuntarse. En cada debate, os da localidade correspondente poderían propor unha data e un lugar ata porse de acordo... Unha vez establecida a data e o lugar, pódese crear un evento de convocatoria para informar a todos os usuarios.
En fin, a proposta queda feita. Agora, só falta que vos animedes...
por se alguén non coñece a basilius...
Benvidos o universo do estraño, do heroico, do tenebroso, do ucrónico. Benvidos a reinos lendarios, a mundos de pesadelos, a realidades alternativas… a galaxias moi moi afastadas. Benvidos o proxecto Contos Estraños. De seguro que o seu propio nome esperta en vós ecos recoñecíbeis, non por nada tomámolo prestado da mítica publicación “Weird Tales”, aquela revista pulp de comezos do século XX na que autores americanos como H.P. Lovecraft ou Robert E. Howard entre outros, asentaron as bases da fantasía e o terror moderno. Con aquel mesmo espírito famento de sorprender, estarrecer ou marabillar emprendemos esta viaxe, que como todas as grandes aventuras comeza cun primeiro paso, e coa firme intención de dar a coñecer eses talentos da escrita fantástica que sabemos moran nesta terra.
Contos Estraños xérase coa intención de se converter nunha colección de libros, que non revistas, debido o seu formato de arredor das 150 páxinas e a intención de facer perdurar a súa estancia nos andeis das librarías. Polo tanto quedará case exenta de publicidade e de distribución no circuíto comercial de quiosco.
O seu contido comprende como non pode ser doutro xeito dun groso de contos ou relatos, permitindo un espazo para novelas por entregas, ilustración, unha sección de tradución e outra de entrevistas aos autores máis importantes do panorama literario do fantástico, podendo chegar nun futuro a editarse números especiais ou recompilatorios tanto de contos como de novelas. Estimamos que o seu período de eclosión sexa nun primeiro momento trimestral, máis xa sabedes que cos estraños eóns todo é posíbel, e “mesmo a morte pode morrer”.
Abrimos sen máis preámbulos as portas desta a vosa casa para que nos enviedes relatos, novelas, ilustracións, todo o que vos queirades e que estea englobado dentro do xénero da fantasía ou a ciencia-ficción. Lembrade que a publicación será en galego, e aínda que podedes mandar o material en castelán, unha vez lle deamos o visto bo correrá da vosa man traducilo.
“Unha páxina en branco… é un bo comezo”.
Jonh Ronald Reuel Tolkien.
http://contosestranhos.blogaliza.org/
Queremos agradecervos a vosa presenza diaria na rede, grazas á cal somos xa unha gran familia de lectores. Pero claro, o mellor é que sexades vós os que elixades a quen premiar neste 2012, así que vos imos pedir que, de xeito similar ao que facemos co libro do mes da redentenda, fagades as vosas propostas para as seguintes categorías:
1º Usuario máis cordial
2º Usuario que fai mellores comentarios
3º Usuario máis retranqueiro
4º Usuario con máis "sex-appeal"
5º Usuario "mellor amigo"
E como imos elixir ao gañador de cada categoría? Pois ben doado: Aquí tedes cinco debates abertos, e en cada un poderedes suxerir aos usuarios (máximo dous por persoa) que credes merecen o premio.
Tedes ata o venres 26 para facer as vosas propostas.
Despois, o sábado 27, abriremos cinco enquisas para elixir ao mellor de cada categoría entre os propostos.
Muro de fo
Fotos do p
Redelibros |
Libros e textos |
Opinión |
Anuncios |
Multimedia |
Membros |
Seccións |



