
Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.
Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.
As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.
As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.
As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.
Una guerra entre hermanos, un conde avaro y mercenarios dispuestos a saquear el patrimonio de España. La Guerra Civil se convirtió en un escenario idóneo para esquilmar el patrimonio de un país. “Ladrones de historia” es un trepidante thriller de espías, persecuciones y asesinatos con un desenlace frenético y sorprendente que nos adentra en uno de los episodios más negros de España.
Con la guerra como telón de fondo y al tiempo escenario de la novela, “Ladrones de historia” nos arrastra con maestría a ese episodio oscuro y desconocido de nuestro pasado, basado en hechos reales y reconvertido en una trepidante novela de aventuras.
Rudolph van der Gobbler, un acaudalado conde suizo, decide apoderarse del patrimonio artístico español, aprovechando los momentos de convulsión política y bélica. Mercenarios dispuestos a saquear , robar y asesinar, y españoles dispuestos a atraparlos y darles caza en una persecución "a muerte". La Guerra Civil Española no sólo fue sanguinaria con sus ciudadanos, se convirtió en una oportunidad para robar lo que es de todos, nuestro patrimonio cultural.
Un momento único para Ladrones de historia, un thriller trepidante.
"Pablo Núñez regresa al género de aventuras con un giro inesperado: una novela policíaca ambientada en la Guerra Civil. Pero no estamos ante una historia bélica, sino ante una emocionante trama detectivesca"
Marta Rivera de la Cruz
Finalista del Premio Planeta con “En tiempo de Prodigios”
"Ladrones de Historia es una novela magistral, donde familia, arte y tragedia se mezclan en una obra imprescindible y mágica. Hacía mucho tiempo que no leía una novela tan ambiciosa y que me haya llegado tanto al corazón"
Juan Gómez-Jurado
Ganador del Premio Torrevieja con “El emblema del traidor”
Premio Frei Martín Sarmiento 2012.
Xa á venda a QUINTA EDICIÓN 

Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante dezaseis días. Coa mochila ao lombo, combinando traxectos a pé e desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende Somport, un porto de montaña no Pireneo de Aragón, situado preto da fronteira francesa, deica a catedral de Compostela, onde está a cripta do apóstolo. Mais no comezo da súa viaxe, un dos monitores que os acompaña, un personaxe moi peculiar, alértaos de que un perigo sobrevoa a cidade compostelá. Será certo?
:En el año Jacobeo, un peligro acecha a Santiago... Cuatro amigos y el resto de compañeros de colegio recorren el Camino de Santiago. Un monitor muy peculiar les llama la atención. Según él, la cripta del apóstol está en peligro. ¿O no es verdad? Porque nada es lo que parece.
O xardín das pedras flotantes, a obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela, é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade. Unha historia fermosa gobernada por unha gran imaxinación e ateigada de riquísimas crónicas que acaban encaixando na engranaxe da novela coa precisión da maquinaria dun reloxo. Botando man de elementos da literatura fantástica ou da traxedia e sen esquecer nunca un sutil e estimulante sentido do humor, esta novela podente homenaxea esa literatura que viaxa de Lovecraft a Poe, e adobíase, desde as roupas da contemporaneidade, cos intensos sentimentos humanos que o amor provoca nos comportamentos dos personaxes. Desde o discurso memorialístico inicial, que o personaxe realiza e que preside toda a narración –orixinándose moito antes da súa propia infancia– até o desenlace final, o lector non perde de vista en ningún momento que a historia de Simón e Anabel é o auténtico motor que tece o entramado singular desta novela entretida, viva, vizosa e sedutora.
A poesía, considerada un xénero literario nos manuais de literatura e nos libros de texto da nosa etapa escolar, non só é a ferramenta empregada polos escritores para facer poemas e libros, quizais iso, só sexa unha pequena parte, imprescindible, pero non a máis importante.
A poesía é tatuar nas pupilas un prisma para observar ó teu redor. Filtralo para que da multitude, os pequenos detalles, invisibles para o ollo humano, se reteñan nas pupilas ese instante suficiente; para logo, gardalo nun caixón desordenado e remexer cando sexa necesario.
A poesía sérveme para entender o sorriso dunha dependenta. Para dicir: “quérote” e un exército de palabras o defendan. Para non gardarme o que non che dixen aquela noite nun bar. Para ter sempre aberta a fonte inesgotable da que beber (cando sinta a necesidade de saciar unha extraña sede).
A poesía é o instrumento para expresar o meu compromiso e intentar facer un mundo mellor. Para non esquecerme de tódalas alegrías e tristezas da vida cotiá. Para que os meus amigos, comecen un novo conto ou fagan unha boa canción.
Preciso da poesía para moitas cousas… Pensa, para que che serve a ti?
Publicado no Blog da Editorial Galaxia
O subir e baixar da marea facíalle cóxegas entre as dedas dos pés. A primeira intención era a de separarse e poñer area de por medio co mar pero, tras pensalo uns segundos, decidiu que esa friaxe lambendo a pel era un bo recordatorio de que seguía viva. Volveu deitar a mirada sobre a liña perfecta do océano e buscou aquel invisible sol que xa non a quentaría máis. Onde van os días cheos de luz? Non se supón que sempre han estar aí? Pode que se agochen nalgún curruncho da nosa alma, xunto cos recordos felices e as cantareiras gargalladas dos cativos. Porque no fondo, trátase diso, non? De fotografías felices que enchan o noso álbum e que podamos revivilas sempre e cando queiramos.
Ergueu a mirada ao decatarse que se perdera na observación dos grans do chan e que estaba deixando de gozar do ceo azul. Xa caera nese erro mil veces na súa vida e prometérase non cometelo de novo. 'Sempre adiante, sempre busca a luz.' iso era o que lle repetía sempre a súa nai para enfrontar o día a día e non fuxir dos problemas. É incrible có que nos quedamos da xente que se nos vai. Un xesto típico da súa faciana, pequenos comentarios, unha caricia... sinxelos detalles que os facían especiais e únicos para nós.
Decidiu que xa tería que estar caendo a tardiña e que aquel odioso e invisible sol debía estar baixando sobre a ría. Como se estivese obrigada a acompañalo, botou a andar cara o extremo oeste da praia. Dubidou se sería boa idea meterse na auga e ir paseando á vez que mollaba as pernas pero, non sabía moi ben porque, algo impedíalle entrar no mar. Mirou, sen entender, a fronteira de area mollada que a mantiña pechada en terra. 'Sempre adiante' Meneou a cabeza e, ignorando á súa carcereira, proseguiu en paralelo á costa.
Non levaba moito avanzado e cruzóuselle un cativo correndo cun enorme balón de plástico. Que estraña sensación produce ver correr a un neno levando unha bola catro veces máis grande ca el. Segundo como se mirase podería parecer que era a enchida esfera flotante a que levaba ao rapaz. Tivo que deterse bruscamente para non tropezar con el e lanzoulle unha mirada de reproche que foi totalmente ignorada.
-”Non ves que estivestes a punto de chocar comigo?” - díxolle ela, molesta pola falta de atención.
-”Eh? Ah, perdoa” - foi a resposta que obtivo do pequeno.
-”Bah, non pasa nada pero a próxima vez ten máis coidado, poderías mancar a alguén.” - pensou no ben que sentaba dar un bo consello e dispoñíase a continuar o paseo.
-”Non, non creo.” - replicoulle o neno - “Ademais, a ti sempre che gustou. Eras ti a que me pedía que chocásemos co balón, dicías que era moi divertido rebotar contra el e caer de cu na area. Aínda que mamá sempre acababa berrándote a ti, hahaha.”
-”Como? Como dis?” - tivo que se agachar para quedar á altura do cativo - “Coñecémonos?” - mirouno aos ollos e botouse para atrás ao recoñecelo - “Lois!”
O cativo sorriu e antes de saír correndo, guindou o balón ao mar. As diminutas pernas afastárono a toda velocidade dela ata perderse no fondo da praia. Volveu a vista á ría e quedouse un rato mirando como a pelota multicolor abaneaba dun lado ao outro, bailando en círculos sobre os empurróns das ondas.
-”Sempre a tirabades lonxe, no mar, e papá enfadábase.” - dou un chimpo ao oír a voz da vella ao seu carón.
-”Mamá?! Que? Que fas aquí?” - mirou á muller que se plantaba en pé no medio da praia.
-”Sabes porque se enfadaba?” - seguiulle falando, ignorando a súa pregunta - “Porque tocáballe meterse a buscala e non sabía nadar, hehehehe. Entraba morto de medo pero vós non o sabiades. No fondo penso que lle gustaba facerse o heroe, si.”
Agarrou a man da súa nai, seguiu a súa mirada e así permaneceron as dúas, mirando aquela pelota de cores, por un bo rato.
-”Non é difícil.” - rompeu o silencio a anciá.
-”O que mamá?”
-”Mollar os pés e meterte no mar. Podes sentir que o abandonas todo, que te vas perder.” - soltoulle a man e camiñou ata a beira - “Pero non é certo. De feito, non podes estar aquí para sempre. Quixémoste moito, sabes? Todos nós.”
A vella douse a volta e entrou na auga. Ela viu como a súa nai camiñaba dentro da ría sen que lle afectara o subir e baixar da marea e, antes de chegar á altura do balón multicolor, xa o mar a cubría por completo e desapareceu.
Sentiuse soa. Non se decatara do solitaria e longa que era a praia nin de que lonxe parecía estar o seu final. Forzou a vista para conseguir ver o destino que se marcara nun principio cando unha morna sensación acariñou o seu rostro. Aquel odioso e invisible sol deitábase sobre os montes e, antes de desaparecer, viñera a despedirse dela. Pechou os ollos e gozou dese instante quente, luminoso, con ese brillo que só poden ter os últimos días do verán. Aspirou fondo e, sen abrir os ollos, internouse no mar.
Abrir ou pechar o torrente dos desexos, como se se tratase dunha billa. Un sinxelo acto de desinhibición nun tempo de desinhibición. Aínda que Lena non entendía de billas, porque nunca lle interesaron, degoxaba desexar sen inhibicións, entrar nun bar de copas e follar con outro descoñecido sen máis, sen esperar nada a cambio, só contacto físico. O corpo de Lena é un receptor de mensaxes que a maneira de impulsos eléctricos a percorren enteira. Agora mesmo, a catro pasos da súa casa, está excitada polo simple contacto do aire morno deste novo verán. É previsible: nada máis chegar collerá o consolador e as sabas serán testemuñas dun lecer íntimo. Íntimo e pracentero.
Lena tivo dous orgasmos seguidos co descoñecido que atopou onte nun pub. E iso que follaron incomodamente nos aseos de mulleres, en silencio e medio espidos. Para ela aquilo foi excitante. Cando menos excitante. Posesión, paixón desenfreada. Sen dúbida, o mellor foi a ausencia de culpabilidade. Cando remataron ela decatouse de que o home estaba satisfeito: unha muller fácil e mais un bo traballo. Ela sorriu e colleulle a pirola, coas dúas mans. Xogou con aquel membro fláccido e brillante un anaco, ata que notou que o sangue empezaba a acumularse de novo. Daquela marchou, sen sentimento de culpabilidade.
Desde hai un tempo a Lena cústalle traballo adormecer. Está desconcentrada no traballo, na rúa, estea onde estea, faga o que faga. Non lle apetece saír da casa. Péchase. Malia que é verán e a vida parece bulir fóra. Despois da xornada laboral acomódase no seu cuarto e os seus ollos levitan pola pantalla do ordenador, de páxina web en páxina web. Conectada na Internet non colle sequera o teléfono cando alguén chama. E de cotián remata a sesión na rede cunha peli porno. Lena descubriu unha páxina web dedicada ao porno para mulleres e está enganchada, ou mellor dito, é unha adicta. De feito, onte, cando follou con aquel descoñecido no pub, Lena repetiu, unha detrás de outra, as posturas dunha das pelis que baixou desa web. Posesión, paixón desenfreada de muller. Íntima e pracentera.
A sensación de baleiro é desesperante para Lena. Ausencia de motivación nun mundo onde os únicos que tiran adiante son os triunfadores. Ela, porén, é unha triunfadora. Catedrática de dereito civil antes dos trinta, Lena seguiu os consellos do profesor Francisco e renunciou a un vello soño, exercer de avogada pola súa propia conta. Francisco, segundo Lena, é un home atractivo en todos os sentidos. Non puido evitalo, sentiuse atraída por el, coma quen di, nada máis velo. A súa relación, se se lle pode chamar así, remóntase xa a dez anos. Lena está convencida de que, no fondo, onte follou con aquel descoñecido porque se asemellaba a Francisco. Foi velo de pé na barra e notou como a lascivia a invadía toda. O home mirouna cun interese manifesto mentres remataba un whisky sen xeo. Lena foi onda el. Non houbo palabras. O descoñecido depositou o whisky na barra e, sen máis preámbulos, Lena bicouno nos beizos.
Francisco Barreras non deixou á súa muller. Lena nunca llo pediu porque estaba segura de que o señor reitor e primoxénito dunha próspera familia de empresarios non arriscaría a súa estabilidade por unha muller nova. Lena tiña dezanove anos cando empezou a deitarse con Francisco. El pasaba dos cincuenta. Lena sabía, desde o momento que aceptou ir cear con el, que Francisco sería in eternum o marido de Carmela Brufe, filla dun armador portugués socio dos estaleiros Barreras. Co matrimonio de Francisco e Carmela quedou selado un acordo entre homes de negocios, como se fose un pacto do medievo. Francisco converteuse no referente dos Barreras-Brufe, ocupación que desde aquela combina co cargo de reitor. Trátase dun home que sabe delegar e alterna ben a empresa privada coa pública. E tamén xestiona ben a súa muller e mais as súas amantes. Lena non foi e non é a única amante do primoxénito dos Barreras. Ela sábeo. Xamais aspirou á exclusividade do profesor, cos anos mentor e colega. Non lle importa o máis mínimo que Francisco se deite con outras, todo o contrario. Ás veces, compartiron amantes. A Lena excítalle especialmente sentir unha lingua feminina no seu sexo.
Abrir ou pechar o torrente dos desexos, como se se tratase dunha billa. Un sinxelo acto de desinhibición nun tempo de desinhibición. Pero Lena non é capaz de cumprir esoutro desexo: romper as cadeas que a atan a Francisco... Chegou un novo verán e non o consegue.
Obsérvoa, sei que tamén ela a min. Non podo deixar de mirala. Estou seguro que ela tampouco me pode quitar o ollo.
A calor pégame á roupa da cama sobre a que estou sentado, e eu non podo deixar de fitala e sentir como ela fai o mesmo.
Ningún dos dous atrévese a dar o paso e avanzar. Ó final ela abandona pero eu non deixo de mirar para o lugar onde estaba fai un intre. Gardo a esperanza de que retome a súa posición, de tela outra vez diante para tomar por fin a iniciativa. Despois duns minutos desisto, apago a luz e tento durmir a carón da miña muller. Penso en todo o tempo que levo xa perdido e pecho os ollos. Tiña que ter levado eu a dianteira e acercarme a ela. Non se pode ser tan tímido.
O sono non quere chegar. Faise de rogar. Érgome e vou a cociña na procura dun vaso de auga, polo corredor penso nela. A auga, do tempo, refréscame un pouco e decido pechar a fiestra, nese intre paréceme vela pero no é máis que unha sombra furtiva. Non podo sacala da cachola. Agora, no silencio da noite, paréceme ata que a escoito o cal sería toda unha milagre por que o certo é que teño menos oído que unha pedra.
Dáme a min que a cousa comeza a ser unha obsesión...Agh! Por que tiven que pensar nesa verba? Agora tampouco son quen de quitar unha estúpida canción dos meus miolos.
“Noooooo, no es amor lo que tu sientes se llama obsesión. Una ilusión en tu pensamiento
Que te hace hacer cosas...” Puff, fora da miña cabeza, fora.
O certo é que si no seu momento tomase a iniciativa a cousa xa tería rematado. Seino ben. Si, non me cabe dúbida de que a miña compañeira non lle tería parecido ben que me erguera para <<atendela>>, pero dese xeito todo tería rematado e eu, probablemente, neste momento estaría gozando dun plácido soño. Outra solución pasaría por ter a fiestra pechada todo o día, o mesmo que a persiana. Baixala ben ata que non entrase nin a primeira raiola de sol. Pero a calor manda, durante o día é sinxelo facelo, pero pola noite enclaustrados dese xeito poderíamos abafar de calor.
De novo sentado na cama tiro do pelo unhas cantas veces; Ollo para o que quedou entre os dedos, é algo natural, crédeme.
Si, voume erguer a buscala. Non, non, non. Voume deitar. Mañá é outro día, teño que durmir
Outra vez paréceme escoitala. Prendo a luz e, de novo, miro para o lugar onde se atopaba. A miña dona rebule na cama ameazando, como mínimo, noite de sofá. Pero o sangue non chega o río. Ela da un par de voltas e segue a roncar. Se cadra por iso liscou, decatouse da presencia da miña compañeira e liscou da súa atalaia, por iso deixou de observarme. Desboto lixeiro esa posibilidade. Topábase demasiado ensimesmada con migo como para vela a ela.
O reloxo marca a unha e corenta e cinco o que quere dicir que son as dúas e corenta e cinco. Nunca cambio a hora, paréceme unha gran perdida de tempo.
Érgome de novo e vou a cociña, abro e pecho a neveira de xeito compulsivo. Do mesmo xeito que aumento o peso que teño na peneira sobre un futuro labneh. Goréntame o laneh, e voume outra vez para o cuarto.
Mentres cruzo o corredor sorrío por que penso que xa a teño esquecido, pero decátome de que o pensar iso é paradoxal, é unha contradición.
Déitome na cama e, co propósito de que sexa a derradeira vez,, boto un ollo ó recuncho onde a vira.
A miña sorpresa é inmensa. Alí está de novo. Desta volta non a podo deixar escapar. Érgome silandeiro e achégome moi a modo a ela., o máis preto que podo. Agárroa cun movemento lixeiro e tras zarandeala bruscamente, con forza, bato con ela no chan. Para rematar o asunto písoa reiteradamente coa zapatilla.
De súpeto o silencio, non se escoitan os ronquidos da miña dona polo que quedo quieto co pé de riba da “ocupa”.
Provocoume, si, si. Teño escusa. Miroume mal, e iso non se lle fai a un home sen vacacións de verán. Mereceu a malleira, mereceu que esmagase. Si, foi unha zurra en defensa propia...
...Definitivamente perdín o norte. As tres da madrugada e inda sen durmir. Miúdo día de fábrica agárdame. Aquela merda de mosca púxome dos nervios. Mereceu que a esmagara.
Únete á fraternidade do último dragón galego e descubre a triloxía fantástica de Dragal
Hai personaxes que deixan unha pegada especial. As razóns poden ser moitas e moi distintas: identificámonos con eles, lémbrannos a alguén, admirámolos, odiámolos ... ou simplemente están tan ben construídos, que, en certas situacións lembrámonos deles malia que pasaran anos dende a lectura do libro.
Neste grupo anímovos a que citedes a eses personaxes e, se bos apetece, expliquedes por que gardades unha especial lembranza deles.
Para comentar e aportar novas versións sobre os contos de sempre, especialmente versións ilustradas, pop-ups, especiais de algún modo.
por se alguén non coñece a basilius...
Para no perdernos nada de esta novela historica que ya tiene muy buena pinta solo con los avances que nos anticipa Fran.
Crebinsky 2 fotos
Subindo ca
O paxariño
Epitafio d
Aprendendo
Cantigas d
Fotos do p
Redelibros |
Libros e textos |
Opinión |
Anuncios |
Multimedia |
Membros |
Seccións |








