
Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.
Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.
As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.
As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.
As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.

Charles Balanda tiene 47 años y una vida que a muchos les parecería envidiable. Casado y arquitecto de éxito, pasa las horas entre aviones y aeropuertos. Pero un día se entera de la muerte de Anouk, una mujer a la que amó durante su infancia y adolescencia, y los cimientos sobre los que había construido su vida empiezan a resquebrajarse: pierde el sueño, el apetito y abandona planes y proyectos. Será el recuerdo de Anouk, una persona tremendamente especial que no supo ni pudo vivir como el resto del mundo, lo que le impulsará a dar un giro radical y cambiar su destino. Tierna y llena de humor, la esperada nueva novela de Anna Gavalda es, en esencia, una gran historia de amor. Pero aquí el amor no es sólo la atracción entre dos personas, sino una gran respuesta a la pregunta de si la vida merece la pena. De nuevo, un milagro de equilibrio entre la tristeza y la alegría.
O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova opera, quizais a súa derradeira oportunidade de acadar o éxito de antano, mentres procura por un stradivarius perdido que moitos anos máis tarde escoitaremos nos oficios da catedral de Santiago. É, no celme harmónico deste prodixioso instrumento e nas habelenciosas mans do seu intérprete, onde fica o segredo dunha historia de culpa e redención, de amor e desexo, de loita e resignación, de fulgor e decadencia. Quizabes distintas notas para unha melodía arreo repetida na partitura das nosas vidas. Settecento é un intrigante e vertixinoso relato que confirma a Marcos Calveiro como un dos novelistas primeiros do noso tempo.
Bilbao–New York–Bilbao relata un voo entre o aeroporto de Bilbao e o JFK de Nova York. O autor viaxa no avión e durante a travesía dá conta tanto do proceso de creación da novela que está escribindo como das súas propias dúbidas. A novela aborda a historia de tres xeracións dunha mesma familia. A primeira, a de preguerra, protagonizada polo seu avó e os membros dunha xeración de artistas moi liberais e ideoloxicamente transversais. A segunda, a da época franquista, centrada nos pais, relata os afáns de pesca industrial en Escocia. E, por último, a xeración actual, a súa, retratada pola voz do propio autor. Como pano de fondo de toda a obra aparece o Atlántico e a perda dunha forma de vida vinculada ao mar. Unha novela multipremiada e aclamada de xeito unánime, na que empregando os recursos da autoficción e das novas formas de contar se exploran os límites da ficción contemporánea
Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante dezaseis días. Coa mochila ao lombo, combinando traxectos a pé e desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende Somport, un porto de montaña no Pireneo de Aragón, situado preto da fronteira francesa, deica a catedral de Compostela, onde está a cripta do apóstolo. Mais no comezo da súa viaxe, un dos monitores que os acompaña, un personaxe moi peculiar, alértaos de que un perigo sobrevoa a cidade compostelá. Será certo?
Publicado 12 Maio
En Pontevedra mantense o vello costume de tomar o vermú cos amigos os sábado e os festivos antes de xantar. Por iso, pareceume fantástica a idea da libraría Paz de instaurar o "vermú entre libros" ...
Publicado 10 Outubro 2011
Eu fun ver a exposición de Cristina García Rodero “Transtempo” cando estivo no CGAC en Santiago de Compostela. O que alí vin foron un cento de fantásticas fotografías en branco e negro...
Publicado 05 Setembro 2011
O sábado quedei fascinada ó ver no xornal “El País” esta fotografía da librería-viñoteca “Tipos Infames” do barrio de Malasaña en Madrid. O nome xa me pareceu xenial e despois estiven ...
Animeime a crear este grupo porque a mín encántame bucear de cando en vez nun libro de poemas para perderme un rato e que non me atope ninguén nin co google maps ese, e bueno, non existía ningún grupo para falar disto e poñernos ó día e compartir información @s que andamos un pouco polas nubes...
Propoño este grupo para que nos atopemos aqueles que disfrutamos ca lectura dos clásicos. Espero que me sorprendades.
Que vos parece se saímos á rúa? Recollendo varias suxestións vosas, queremos proporvos algo: organizar "quedadas" de redelibreiros en diferentes lugares de Galicia.
A idea é sinxela: trátase de elixir un día en cada localidade na que haxa un grupo de redelibreiros que se animen, armarnos cun libro para trocar (como fixemos na presentación en Vigo) e xuntarnos para tomar unhas tapas, coñecernos e pasar un tempo agradable no local que decidamos entre todos. Unha forma interesante de sacar a rede á rúa e porlle cara a aqueles cos que compartimos gustos, opinións e debates... Que vos parece? Quen se anima?
Se vos parece, podemos organizarnos da seguinte forma: abrir un "debate" na sección correspondente deste grupo de quedadas por cada localidade na que haxa redelibreiros con ganas de xuntarse. En cada debate, os da localidade correspondente poderían propor unha data e un lugar ata porse de acordo... Unha vez establecida a data e o lugar, pódese crear un evento de convocatoria para informar a todos os usuarios.
En fin, a proposta queda feita. Agora, só falta que vos animedes...
Será homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.
literatura
literatura
Sen título
Fotos do p
Redelibros |
Libros e textos |
Opinión |
Anuncios |
Multimedia |
Membros |
Seccións |








