• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.





0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5

Información de membro

  • Tipo de membro: Usuario
  • Visitas do perfil: 4.332 visitas
  • Amigos: 32 amigos
  • Última actualización: 30 Abril
  • Incorporado: 08 Agosto 2011

Os meus redepuntos de actividade

  • Son o: 49
  • O meu rango é: Redelibreiro/a experto/a
  • Gañei un total de: 2813 redepuntos.

Gústames

  • literatura na rúa
    En Pontevedra, a carón do M...
    Fotos do perfil's photo
  • Fotos do perfil's photo
    Muro de fotos's photo
    Muro de fotos's photo
  • CR27. Eu son dunha xeración...
    CR35. Os ilustradores, a lú...
    Redelibros na feira da Coru...
  • 32 "Gústame"

Usuarios mellor valorados

Gonzalo Pérez Nieves
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.91
Current score
/
5
Max score
|
22
Count of votes
Redelibros
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.88
Current score
/
5
Max score
|
26
Count of votes
Libraría Cartabón
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.87
Current score
/
5
Max score
|
31
Count of votes
Fran Zabaleta
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.86
Current score
/
5
Max score
|
45
Count of votes
David Cortizo Conde
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.83
Current score
/
5
Max score
|
3
Count of votes
Wikunia
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.83
Current score
/
5
Max score
|
3
Count of votes
herba
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.82
Current score
/
5
Max score
|
14
Count of votes
Andrea Fernandez Maneiro
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.75
Current score
/
5
Max score
|
8
Count of votes
Xosé R. Lois
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
4.7
Current score
/
5
Max score
|
20
Count of votes

Xenia G. Martín

  • Info
  • Que hai de novo?
  • Amigos(32)
  • Biblioteca(65)
  • Textos(3)
  • Grupos(15)
    • Eventos (62)
    • Enlaces (5)
    • Álbums (1)
    • Vídeos (1)
    Máis +

Información persoal (Só o nome/nick é obrigatorio)

  • Nome/Nick Xenia
  • Apelidos G. Martín
  • Xénero Muller
  • Día de nacemento 05 Abril 1993
  • Profesión Estudante

Libros (Opcional)

  • Xéneros preferidos Leo, ou tr­ato, de le­r un pouco­ de todo á­ marxe do ­xénero, pe­ro sinto u­nha especi­al predile­cción pola­ fantasía ­e a LIX.
  • Editoriais preferidas Galaxia, X­erais, Urc­o Editora.­
  • Librarías preferidas Couceiro
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    Xenia G. Martín
    Xenia G. Martín uniuse ao evento Presentación de "Ninguén lembra"
    • 30 Abril
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    Xenia G. Martín
    Xenia G. Martín uniuse ao evento Feira do libro e quedada redelibreira en Santiago
    • 30 Abril
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    Xenia G. Martín
    Xenia G. Martín engadiu á súa biblioteca o libro As Crónicas de Bran: A revolta dos Mestres
    • 21 Abril
    • Xosé Duncan gústalle isto
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    Xenia G. Martín
    Xenia G. Martín uniuse ao evento III Encontro da "Nova Fantasía Galega"
    • 21 Abril
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    Xenia G. Martín
    Xenia G. Martín uniuse ao evento Urco Editora presenta as primeiras novidades de 2013
    • 21 Abril
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    Xenia G. Martín
    Xenia G. Martín engadiu á súa biblioteca o libro Ninguén lembra
    • 21 Abril
    • Dúas Lúas gústalle isto
  • Ver máis
     
    Cargando ...
  • Fran Zabaleta Bos días! Que estamos a ler, redelibreiros? Eu ando con varios, entre eles a "Costa do Solpor" de Xosé Mª Lema... pura aventura!
  • CuriosoImpertinente Mañá, martes, na biblioteca municipal de Gondomar.
  • Agustín Aguinaldo Alvarez Fernández Estou dispoñible
  • Elena Gallego Abad
  • Antonio Seijas Martes 29, presentación na Coruña da novela gráfica "Cartas de Inverno" en Alita Comics!!
Previo
Seguinte
  • Ladrones de historia
    48 membros

     

    Una guerra entre hermanos, un conde avaro y mercenarios dispuestos a saquear el patrimonio de España. La Guerra Civil se convirtió en un escenario idóneo para esquilmar el patrimonio de un país. “Ladrones de historia” es un trepidante thriller de espías, persecuciones y asesinatos con un desenlace frenético y sorprendente que nos adentra en uno de los episodios más negros de España.

     

    Con la guerra como telón de fondo y al tiempo escenario de la novela, “Ladrones de historia” nos arrastra con maestría a ese episodio oscuro y desconocido de nuestro pasado, basado en hechos reales y reconvertido en una trepidante novela de aventuras.

     

    Rudolph van der Gobbler, un acaudalado conde suizo, decide apoderarse del patrimonio artístico español, aprovechando los momentos de convulsión política y bélica. Mercenarios dispuestos a saquear , robar y asesinar, y españoles dispuestos a atraparlos y darles caza en una persecución "a muerte". La Guerra Civil Española no sólo fue sanguinaria con sus ciudadanos, se convirtió en una oportunidad para robar lo que es de todos, nuestro patrimonio cultural.

     

    Un momento único para Ladrones de historia, un thriller trepidante.

     

    "Pablo Núñez regresa al género de aventuras con un giro inesperado: una novela policíaca ambientada en la Guerra Civil. Pero no estamos ante una historia bélica, sino ante una emocionante trama detectivesca"

    Marta Rivera de la Cruz

    Finalista del Premio Planeta con “En tiempo de Prodigios”

     

    "Ladrones de Historia es una novela magistral, donde familia, arte y tragedia se mezclan en una obra imprescindible y mágica. Hacía mucho tiempo que no leía una novela tan ambiciosa y que me haya llegado tanto al corazón"

    Juan Gómez-Jurado

    Ganador del Premio Torrevieja con “El emblema del traidor”

  • Dragal. A herdanza do dragón
    190 membros
    Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que, os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás. Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega cunha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, a triloxía de “Dragal”, o dragón galego.
    RisaPremio Frei Martín Sarmiento 2012.
    RisaRisa Xa á venda a QUINTA EDICIÓN RisaRisa
  • A cripta do apóstolo
    48 membros

     

    Xacobe, Paula, Jaume e Candela, e o resto dos seus compañeiros de clase, protagonizan a aventura de percorrer o Camiño de Santiago durante dezaseis días. Coa mochila ao lombo, combinando traxectos a pé e desprazamentos en autocar, estes mozos e mozas peregrinos do século XXI percorrerán un itinerario cultural fascinante que os levará dende Somport, un porto de montaña no Pireneo de Aragón, situado preto da fronteira francesa, deica a catedral de Compostela, onde está a cripta do apóstolo. Mais no comezo da súa viaxe, un dos monitores que os acompaña, un personaxe moi peculiar, alértaos de que un perigo sobrevoa a cidade compostelá. Será certo?

  • CRIPTA DEL APOSTOL,LA
    19 membros

    :En el año Jacobeo, un peligro acecha a Santiago... Cuatro amigos y el resto de compañeros de colegio recorren el Camino de Santiago. Un monitor muy peculiar les llama la atención. Según él, la cripta del apóstol está en peligro. ¿O no es verdad? Porque nada es lo que parece.

  • O xardín das pedras flotantes
    33 membros

     

    O xardín das pedras flotantes, a obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela, é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade. Unha historia fermosa gobernada por unha gran imaxinación e ateigada de riquísimas crónicas que acaban encaixando na engranaxe da novela coa precisión da maquinaria dun reloxo. Botando man de elementos da literatura fantástica ou da traxedia e sen esquecer nunca un sutil e estimulante sentido do humor, esta novela podente homenaxea esa literatura que viaxa de Lovecraft a Poe, e adobíase, desde as roupas da contemporaneidade, cos intensos sentimentos humanos que o amor provoca nos comportamentos dos personaxes. Desde o discurso memorialístico inicial, que o personaxe realiza e que preside toda a narración –orixinándose moito antes da súa propia infancia– até o desenlace final, o lector non perde de vista en ningún momento que a historia de Simón e Anabel é o auténtico motor que tece o entramado singular desta novela entretida, viva, vizosa e sedutora.

Previo
Seguinte
  • Basilius Hoffman - Relatos: "A INICIACIÓN"
    28 membros

     

    Unha gaivota rachou o silencio da mañá. Durante toda a xornada estivera voando sobre a praia, agardando a que o raparigo saíse da auga con algunha captura. Todos os días desde había semanas estableceran un acordo non pactado, e desde aquela, realizaban sempre o mesmo ritual. O mozo erguíase cedo, chegaba descalzo correndo pola area, e penetraba no mar na procura de peixes. Após un intre volvía á praia coa súa presa e limpábaa sobre unha rocha; daquela deixaba os restos para ela. Chamáballe Soa.

    Como tantos outros días, o raparigo mergullouse nas augas coralinas para que o mar espertase os seus sentidos. Aquilo era como atravesar unha porta que levaba a outro mundo, unha finísima membrana separábao daquel lugar inzado de vida, tan misterioso, tan colorido cos seus reflexos dourados... tan alleo a el.

    Soa volveu berrar, impacientándose pola demora daquel día. Logo trazou varios círculos no ar, xusto sobre a zona de pesca. E cando pensaba que naquela ocasión ficaría sen almorzo, unha choiva de pingas brillantes xurdiu do océano e o raparigo emerxeu triunfante. O sorriso no seu rostro indicaba que fora unha gran captura, unha como nunca vira.

    —Avó! Mira o que atopei! —berrou desde a auga mentres sostiña no alto o trofeo con ambos os brazos.

    O ancián aguzou a vista canto puido, os anos non lle conservaran os ollos tanto como el querería, mais así e todo, o que distinguiu nas mans do seu neto fíxolle cambiar o xesto.

    O mozo nadou até a beira con dificultade, pois a captura era realmente pesada.

    —Avó! Olla! —dixo mentres soltaba a pesada carga aos pés do ancián—. Non... é... preciosa? —faltáballe ar e sobráballe emoción.

    Sobre a area descansaba unha campá dourada, tan exquisitamente tallada que non parecía obra dun ser humano, senón do propio océano. Ao seu redor graváranlle signos e caracteres que espertaban en quen a ollase recordos de tempos moi afastados.

    —Ten que ser de ouro. E fíxate... ten sete xoias —anunciou o raparigo cada vez máis recuperado do esforzo.

    Mais o ancián non respondeu. Deixou a peza de madeira que estivera a tallar toda a mañá e limitouse a esculcar moi lonxe, talvez no horizonte, ou talvez no seu interior.

    —Somos ricos, avó! Poderemos ir vivir á cidade. É que non te alegras?

    —Sabes que é iso? —preguntou o home deixando de súpeto a un lado as súas cavilacións.

    —Unha campá avó. O que vai ser se non?

    —Certo. Pero é moito máis. É un sinal —dixo o ancián acariñando a súa puída superficie que xa se quentara baixo o sol—. Sabes que día é hoxe?

    —Abofé! É o meu aniversario —dixo o raparigo sen entender o comportamento do seu avó—. Hoxe cumpro once anos.

    O home sorriu para os seus adentros.

    —Así é, once anos. Un número a ter en conta —afirmou—. Para algúns un mal presaxio. Para nós... o caos, a arxila, entendes? Sen forma, sen función. Mais fresca, preparada para ser modelada, pois se non a traballamos secará e estragarase.

    —Avó, de que estás a falar? —preguntou o mozo.

    —Esa campá vén dun lugar moi afastado —proseguiu o vello—. Dun lugar que xa non existe. E cuxos restos descansan nalgún lugar do océano.

    —Que lugar é ese?

    —Xa non importa o seu nome. Aquilo que construímos desapareceu e a miña alma xa non desexa lembralo.

    O seu rostro reflectiu unha tristeza profunda e afastada. E na súa mirada, o abismo dunha vida alagada de recordos.

    —Que sería daquela rapariga? —murmurou para o seu interior—. Que dourados eran os seus cabelos, e eses ollos lila... como os do seu pai.

     

    —Avó, o que che ocorre? Atópaste ben?

    —Ás veces, meu pequeno... ás veces, a marea do tempo tráenos recordos que pensabamos que estaban soterrados nas profundas simas deste océano que é a alma -respondeu deixando a un lado aqueles pensamentos—. Mais agora debemos pensar no presente, pois é o noso deber transmitir aquilo que aprendemos. E talvez chegue o día no que a Humanidade estea disposta a aprender.

    —O que debe aprender? —preguntou o mozo cada vez máis confundido—. Por que nunca me falaches disto?

    —Porque non chegara o momento —confesou o ancián—. Porque non recibiras o sinal.

    Ambos os dous ollaron para a campá, compartindo en silencio un momento que o raparigo lembraría toda a súa vida.

    —Alquimia —anunciou o home—. O coñecemento do visíbel e o invisíbel. Hoxe comezarás a túa aprendizaxe.

    O raparigo non sabía o que responder, escoitara aquela palabra facía moitos anos. Atesourando o recordo xunto aos poucos que conservaba dos seus pais.

    —Escoita e aprende as tres regras básicas da Alquimia.

    Primeira regra: Toda sustancia ten esencia.

    Segunda regra: Todas as esencias son en realidade unha.

    Terceira regra: Cada unha das partes dunha esencia é en si mesma parte e todo desa esencia.

    —Ten iso algo que ver coa campá? —preguntou o mozo.

    —Ten. Pensa en ti mesmo, nas túas mans, nos teus pés. Son parte de ti —explicou o ancián, que sen previo aviso lle arrincara un guecho de cabelo ao raparigo.

    —Aiiiii! Iso doeu.

    —Olla este guecho, xa non te pertence. Agora é o meu pelo —afirmou o ancián.

    —Equivócaste, telo ti. Pero segue a ser meu —retrucou o mozo.

    —Así é. Este guecho forma parte da túa esencia, e aínda que xa non estea contigo segue conectado con ela —afirmou o vello—. Precisamente esa unión invisíbel é a que emprega a Alquimia. Esta campá por exemplo, foi creada mediante un procedemento alquímico moi especial. De tal xeito que aínda que a dividas en varias partes, cada unha desas partes mantería a mesma esencia que se estivesen unidas.

    —Pero se fundimos a campá e fabricamos por exemplo unha tixola, cambiaría a súa esencia —obxectou o mozo—. Logo sería un utensilio de cociña.

    —Moi observador. Así é, mantería certa esencia ligada ao material, ouro neste caso. Pero alterariamos a súa esencia xeométrica —dixo o ancián.

    —Esencia xeométrica? Iso quere dicir que a forma dun obxecto garda relación coa súa esencia?

    —Exacto. É moi sinxelo. Fíxate neste anaco de madeira —dixo o home á vez que lle amosaba a peza que estivera tallando—. Existen varios graos na unión de esencias. A fin de contas, todo o que vemos está unido en maior ou menor medida. Neste caso, se partimos a peza en dous, ambas as metades están unidas en primeiro grao. Se tallo outra peza coa mesma forma xeométrica e a mesma madeira, estarían unidas en segundo grao. E así, imos afastándonos segundo varíe o material ou a forma. Pero no caso da campá...

    Detivo a súa explicación para levantala e observala mellor.

    —Neste caso, aínda que a partises e cambiases a súa forma, non alterarías a súa esencia. É dicir, cada unha desas partes seguiría a ser en esencia unha campá.

    —Como é posíbel? —preguntou o raparigo ansioso por coñecer máis de todo aquilo.

    —Ben, por varios motivos. En primeiro lugar, polo método alquímico empregado e que nun futuro aprenderás. E en segundo e máis importante, polo somnium —explicou o avó sinalando unha das xoias carmesí que adornaban a campá.

    —Somniun? Pensei que serían diamantes ou rubís... ou algunha outra pedra preciosa —dixo o mozo—. É valioso?

    —Máis valioso que calquera outra xoia. Pero non te trabuques, o somnium non é ningún tipo de mineral.

    —Logo que é?

    —Todo ao seu debido tempo. O que debes aprender agora é como funciona a súa esencia —dixo o ancián—. A súa esencia non é como a do resto de materiais. No somniun non importa o tamaño, a forma ou a distancia á que se sitúe. A súa esencia considérase sempre de grao cero. É dicir, que cada un dos seus fragmentos, aínda que estean separados, considérase que están unidos sen distancia nin tempo entre si.

    —Coido que me perdín —aclarou o neto—. Todo isto é demasiado complexo. Que utilidade pode ter todo isto?

    —Utilidade? —exclamou o ancián—. Non podes nin imaxinar cantas. Controlando as esencias podes modificar a materia, alterar o propio espazo-tempo. A Alquimia non altera as leis da física, simplemente elúdeas mantendo o seu equilibrio.

    —Quero saber máis sobre ela, avó —dixo o raparigo seriamente convencido—. Estou certo de que con Alquimia algún día atoparei de novo ese lugar do que me falaches.

    —Todo ao seu debido tempo, Giuseppe —respondeu o ancián—. Quen sabe o que che deparará o destino? Mais lembra que, leve onde te leve, a nosa esencia sempre estará unida.

    Giuseppe nunca puido imaxinalo. Nunca se atreveu a soñar con aquela viaxe até que os seus ósos foron vellos e a tristeza o empurrou a emprendelo. Mais o que atopou, aquilo que aprendeu no seu camiño, o destino desa vella campá e dos sete martelos dourados, iso poucos o saben, e ademais... esa é outra historia.

  • Para que (me) serve a poesía
    20 membros

    A poesía, considerada un xénero literario nos manuais de literatura e nos libros de texto da nosa etapa escolar, non só é a ferramenta empregada polos escritores para facer poemas e libros, quizais iso, só sexa unha pequena parte, imprescindible, pero non a máis importante.


    A poesía é tatuar nas pupilas un prisma para observar ó teu redor. Filtralo para que da multitude, os pequenos detalles, invisibles para o ollo humano, se reteñan nas pupilas ese instante suficiente; para logo, gardalo nun caixón desordenado e remexer cando sexa necesario.


    A poesía sérveme para entender o sorriso dunha dependenta. Para dicir: “quérote” e un exército de palabras o defendan. Para non gardarme o que non che dixen aquela noite nun bar. Para ter sempre aberta a fonte inesgotable da que beber (cando sinta a necesidade de saciar unha extraña sede).


    A poesía é o instrumento para expresar o meu compromiso e intentar facer un mundo mellor. Para non esquecerme de tódalas alegrías e tristezas da vida cotiá. Para que os meus amigos, comecen un novo conto ou fagan unha boa canción.

    Preciso da poesía para moitas cousas… Pensa, para que che serve a ti?


    Publicado no Blog da Editorial Galaxia

  • Lena
    51 membros

    Abrir ou pechar o torrente dos desexos, como se se tratase dunha billa. Un sinxelo acto de desinhibición nun tempo de desinhibición. Aínda que Lena non entendía de billas, porque nunca lle interesaron, degoxaba desexar sen inhibicións, entrar nun bar de copas e follar con outro descoñecido sen máis, sen esperar nada a cambio, só contacto físico. O corpo de Lena é un receptor de mensaxes que a maneira de impulsos eléctricos a percorren enteira. Agora mesmo, a catro pasos da súa casa, está excitada polo simple contacto do aire morno deste novo verán. É previsible: nada máis chegar collerá o consolador e as sabas serán testemuñas dun lecer íntimo. Íntimo e pracentero.

    Lena tivo dous orgasmos seguidos co descoñecido que atopou onte nun pub. E iso que follaron incomodamente nos aseos de mulleres, en silencio e medio espidos. Para ela aquilo foi excitante. Cando menos excitante. Posesión, paixón desenfreada. Sen dúbida, o mellor foi a ausencia de culpabilidade. Cando remataron ela decatouse de que o home estaba satisfeito: unha muller fácil e mais un bo traballo. Ela sorriu e colleulle a pirola, coas dúas mans. Xogou con aquel membro fláccido e brillante un anaco, ata que notou que o sangue empezaba a acumularse de novo. Daquela marchou, sen sentimento de culpabilidade.

    Desde hai un tempo a Lena cústalle traballo adormecer. Está desconcentrada no traballo, na rúa, estea onde estea, faga o que faga. Non lle apetece saír da casa. Péchase. Malia que é verán e a vida parece bulir fóra. Despois da xornada laboral acomódase no seu cuarto e os seus ollos levitan pola pantalla do ordenador, de páxina web en páxina web. Conectada na Internet non colle sequera o teléfono cando alguén chama. E de cotián remata a sesión na rede cunha peli porno. Lena descubriu unha páxina web dedicada ao porno para mulleres e está enganchada, ou mellor dito, é unha adicta. De feito, onte, cando follou con aquel descoñecido no pub, Lena repetiu, unha detrás de outra, as posturas dunha das pelis que baixou desa web. Posesión, paixón desenfreada de muller. Íntima e pracentera.     

    A sensación de baleiro é desesperante para Lena. Ausencia de motivación nun mundo onde os únicos que tiran adiante son os triunfadores. Ela, porén, é unha triunfadora. Catedrática de dereito civil antes dos trinta, Lena seguiu os consellos do profesor Francisco e renunciou a un vello soño, exercer de avogada pola súa propia conta. Francisco, segundo Lena, é un home atractivo en todos os sentidos. Non puido evitalo, sentiuse atraída por el, coma quen di, nada máis velo. A súa relación, se se lle pode chamar así, remóntase xa a dez anos. Lena está convencida de que, no fondo, onte follou con aquel descoñecido porque se asemellaba a Francisco. Foi velo de pé na barra e notou como a lascivia a invadía toda. O home mirouna cun interese manifesto mentres remataba un whisky sen xeo. Lena foi onda el. Non houbo palabras. O descoñecido depositou o whisky na barra e, sen máis preámbulos, Lena bicouno nos beizos.

    Francisco Barreras non deixou á súa muller. Lena nunca llo pediu porque estaba segura de que o señor reitor e primoxénito dunha próspera familia de empresarios non arriscaría a súa estabilidade por unha muller nova. Lena tiña dezanove anos cando empezou a deitarse con Francisco. El pasaba dos cincuenta. Lena sabía, desde o momento que aceptou ir cear con el, que Francisco sería in eternum o marido de Carmela Brufe, filla dun armador portugués socio dos estaleiros Barreras. Co matrimonio de Francisco e Carmela quedou selado un acordo entre homes de negocios, como se fose un pacto do medievo. Francisco converteuse no referente dos Barreras-Brufe, ocupación que desde aquela combina co cargo de reitor. Trátase dun home que sabe delegar e alterna ben a empresa privada coa pública. E tamén xestiona ben a súa muller e mais as súas amantes. Lena non foi e non é a única amante do primoxénito dos Barreras. Ela sábeo. Xamais aspirou á exclusividade do profesor, cos anos mentor e colega. Non lle importa o máis mínimo que Francisco se deite con outras, todo o contrario. Ás veces, compartiron amantes. A Lena excítalle especialmente sentir unha lingua feminina no seu sexo.

    Abrir ou pechar o torrente dos desexos, como se se tratase dunha billa. Un sinxelo acto de desinhibición nun tempo de desinhibición. Pero Lena non é capaz de cumprir esoutro desexo: romper as cadeas que a atan a Francisco... Chegou un novo verán e non o consegue.   

Previo
Seguinte
  • Literatura fantástica
    42 membros

    Un grupo para los amantes de la literatura fantástica, desde Tolkien hasta George R. R. Martin... o lo que se tercie.

  • Banda Deseñada
    127 membros

    Banda deseñada.

  • Dragal
    209 membros

     

    Únete á fraternidade do último dragón galego e descubre a triloxía fantástica de Dragal

  • Quedadas redelibreiras
    99 membros

    Que vos parece se saímos á rúa? Recollendo varias suxestións vosas, queremos proporvos algo: organizar "quedadas" de redelibreiros en diferentes lugares de Galicia.


    A idea é sinxela: trátase de elixir un día en cada localidade na que haxa un grupo de redelibreiros que se animen, armarnos cun libro para trocar (como fixemos na presentación en Vigo) e xuntarnos para tomar unhas tapas, coñecernos e pasar un tempo agradable no local que decidamos entre todos. Unha forma interesante de sacar a rede á rúa e porlle cara a aqueles cos que compartimos gustos, opinións e debates... Que vos parece? Quen se anima?


    Se vos parece, podemos organizarnos da seguinte forma: abrir un "debate" na sección correspondente deste grupo de quedadas por cada localidade na que haxa redelibreiros con ganas de xuntarse. En cada debate, os da localidade correspondente poderían propor unha data e un lugar ata porse de acordo... Unha vez establecida a data e o lugar, pódese crear un evento de convocatoria para informar a todos os usuarios.


    En fin, a proposta queda feita. Agora, só falta que vos animedes...

  • Gosto dos "tochos"
    12 membros

     

    Gosto dos "tochos", ese libros de cincocentas páxinas para arriba, que cando escomenzas a lelos e desfrutas con eles pensas "guay, inda me queda moito por ler".

Previo
Seguinte
  • Presentación de "Ninguén lembra"
    03 Maio 2013 20:00:00 CEST
    9 invitados
    O 3 de maio será un día especial para min, xa que teremos a presentación do meu primeiro libro Ninguén lembra en Sada. Vémonos alí? Lugar: Capela de San Roque (Sada)
  • Feira do libro e quedada redelibreira en Santiago
    30 Abril 2013 18:00:00 CEST
    22 invitados
    Boas! Pois tras a feira de Ferrol, xa estamos en plena temporada feiral. Esta semana comeza a feira de Santiago, que abrirá as súas cancelas entre o 27 de abril e o 5 de maio na Alameda, como todos os anos. Alí estarán tam&eacu...
  • III Encontro da "Nova Fantasía Galega"
    28 Abril 2013 19:30:00 CEST
    15 invitados
      O próximo domingo 28 terá lugar o terceiro encontro entre autores e lectores de fantasía galega organizado por Contos Estraños Editora e Urco editora. Como sempre teremos presentacións, charla-coloquio e para que...
  • Urco Editora presenta as primeiras novidades de 2013
    12 Abril 2013 19:00:00 CEST
    22 invitados
      Chega a primavera e con ela volven as novidades editoriais. En Urco editora traémosvos o último en fantasía, ciencia ficción e terror. Velaquí os novos títulos:-O clan dos lupercos, de William Morris...
  • Presentación "Contos Estraños Nº5" - Comida no Joker.
    09 Marzo 2013 17:00:00 CET
    13 invitados
      Xa temos aquí o tan esperado Contos Estraños "Verbas de Atenea" adicado as nosas autoras, tanto escritoras como ilustradoras de fantasía, que nos traen un feixe de relatos que farán as delicias dos seguidores do fant&aa...
Previo
Seguinte
  • Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para o Kindle | Blog Xerais
    Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon, dispoñibles para o Kindle | Blog Xerais
  • La literatura gallega y el Dia das Letras Galegas
    La literatura gallega y el Dia das Letras Galegas
  • El Progreso - La Xunta publicará a partir de este año la obra poética completa de Aquilino Iglesia Alvariño
    Galiciae, o xornal dixital galego
  • El Progreso - La Xunta publicará a partir de este año la obra poética completa de Aquilino Iglesia Alvariño
    Galiciae, o xornal dixital galego
  • VI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade | ::Axenda cultural AELG::
    VI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade | ::Axenda cultural AELG::
Previo
Seguinte
  • Fotos do p­erfil 2 fotos

Previo
Seguinte
  • 0:47:17
    Vento Lois (O Incio)
    Por Xenia G. Martín
    316 visitas
Previo
Seguinte

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share