
Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.
Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.
As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.
As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.
As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.

Medran as membranas interdixitais
das miñas mans palmípedas,
as miñas pernas únense,
seguindo o movemento que o corpo gardou
na memoria do caos.
Non fondo da gorxa
o osíxeno aboia na boca fechada,
pequenas burbullas de osíxeno
que aínda alimentan os cabelos de argazo,
himantalias finísimas coma serpes
na beleza de Medusa.
O meu corpo desprázase horizontalmente,
coa ondulación herdada na orixe do mar,
por entre este outono líquido,
observando o regreso do caos,
a verticalidade da auga sobre a noite
para desfacer todo o que construímos,
para desfacernos, destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Son altura e refuxio, son alento ancestral
para a atmosfera líquida
que hoxe nos envolve.
Precipítome ao val,
lanzo este corpo de chuvia sobre o río furioso
para anegar muíños e pontes,
recuperar a terra nunca construída,
para desfacernos, destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Corpo de río para buscar o mar,
alma de chuvia para medrar con forza,
con rabia ancestral e azul
deste mundo que xira e xira e xira
translacióninfinitamenteeterna
translación infinita da auga.
Médranme as membranas interdixitais,
desaparece a cadeira dolorida
e a columna alóngase e lembra
o movemento orixinal do mundo.
Cabelo himantalia elongata ou correa
porque a chuvia é río, é mar,
é sal, é vida
azul en movemento.
Vida que me destrúe e destrúe
destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Vida que nos dá vida, que atrapa a vida
para a nosa alma de mar e area,
musgo e pedra, terra e fento,
cágado e ova,
lama e seixo
destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Laura Souto, unha rapaza dunha pequena vila galega a mediados da década dos setenta, narra as vivencias coas que vai construíndo a súa identidade e a súa visión do mundo: as súas primeiras lembranzas, as grandes preguntas sobre o sentido da vida, a morte dun ser querido, a descuberta do amor e do sexo, os plans para o futuro, achados e perdas con que se tece unha vida.
Nada se esquece é unha novela de aprendizaxe, unha incursión tenra, sutil e profunda ao territorio indefinido onde se forxa a nosa personalidade. Pero é, sobre todo, unha lectura que engaiola, que enfeitiza e deixa pegada na nosa memoria.
XVI Premio Johán Carballeira de poesía
Publicado 18 Maio
No Faro de Vigo, edici´n do Morrazo, publícase hoxe unha entrevista con motivo do XVI premio Johan Carballeira de poesía. Este é un fragmento: -O xurado fan fincapé no carácter simbólico do texto e na crítica soci...
Teatro en lingua galega por Vidal Bolaño
Publicado 18 Maio
Tal día coma hoxe, en que nos mollaremos unha vez máis pola lingua acudindo á manifstación de Queremos Galego (na que de certo estaría Vidal Bolaño se vivise), traio a este meu caderno as palabras de Vidal Bolaño ditas en...
Pola retirada da LOMCE, folga!!
Publicado 18 Maio
Este xoves 9 de maio a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, integrada por máis de 11 entidades representantivas de toda a comunidade educativa, nais e pais, alumnado e profesorado, convoca folga no Ensino público contra a LOMCE. A mal ch...
Publicado 27 Abril
As mulleres estamos fartas de que os homes de negro decidan por nós e queiran mandar no noso corpo Fartas de que decidan por nós Cando leo ou escoito sobre os costumes dos pobos en que o islam é o credo maioritario, non podo deixar de considerar que somos profundamen...
Publicado 13 Abril
Variacións sobre o CAOS http://www.redelibros.com/social/blogs/976/556/caos-variaci-ns http://www.redelibros.com/social/blogs/976/557/caos-variaci-ns http://www.redelibros.com/social/blogs/976/559/caos-variaci-ns
Únete á fraternidade do último dragón galego e descubre a triloxía fantástica de Dragal
Redelibros |
Libros e textos |
Opinión |
Anuncios |
Multimedia |
Membros |
Seccións |