
Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.
Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.
As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.
As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.
As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.

“Morta e viva asemade. Tiven que morrer para coñecelo… Para descubrir o que é o amor verdadeiro. Para sentir que todo, ao final, si ten un sentido.” Emma, aos seus dezasete anos, viviu unha experiencia próxima á morte. Nela non viu túneles luminosos nin nada semellante: pola contra, coñeceu un ser fascinante, Ethan, con quen axiña sentiu unha conexión especial, coma se por fin atopase a súa alma xemelga, o amor da súa vida… Pero, unha vez de volta á realidade, Ethan desaparece sen deixar rastro. ¿Era un anxo? ¿Unha ilusión? ¿Un soño? ¿Ou alguén que lle traía unha mensaxe que podería cambiar a súa vida para sempre? Con axuda das súas amigas, e acompañada de dúbidas e ilusións, Emma emprenderá unha busca incansable a través de médiums e cemiterios. No camiño descubrirá segredos e sorpresas que non imaxinaba…
Que vos parece se saímos á rúa? Recollendo varias suxestións vosas, queremos proporvos algo: organizar "quedadas" de redelibreiros en diferentes lugares de Galicia.
A idea é sinxela: trátase de elixir un día en cada localidade na que haxa un grupo de redelibreiros que se animen, armarnos cun libro para trocar (como fixemos na presentación en Vigo) e xuntarnos para tomar unhas tapas, coñecernos e pasar un tempo agradable no local que decidamos entre todos. Unha forma interesante de sacar a rede á rúa e porlle cara a aqueles cos que compartimos gustos, opinións e debates... Que vos parece? Quen se anima?
Se vos parece, podemos organizarnos da seguinte forma: abrir un "debate" na sección correspondente deste grupo de quedadas por cada localidade na que haxa redelibreiros con ganas de xuntarse. En cada debate, os da localidade correspondente poderían propor unha data e un lugar ata porse de acordo... Unha vez establecida a data e o lugar, pódese crear un evento de convocatoria para informar a todos os usuarios.
En fin, a proposta queda feita. Agora, só falta que vos animedes...
Redelibros |
Libros e textos |
Opinión |
Anuncios |
Multimedia |
Membros |
Seccións |