
Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.
Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.
As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.
As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.
As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.

O xardín das pedras flotantes, a obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela, é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade. Unha historia fermosa gobernada por unha gran imaxinación e ateigada de riquísimas crónicas que acaban encaixando na engranaxe da novela coa precisión da maquinaria dun reloxo. Botando man de elementos da literatura fantástica ou da traxedia e sen esquecer nunca un sutil e estimulante sentido do humor, esta novela podente homenaxea esa literatura que viaxa de Lovecraft a Poe, e adobíase, desde as roupas da contemporaneidade, cos intensos sentimentos humanos que o amor provoca nos comportamentos dos personaxes. Desde o discurso memorialístico inicial, que o personaxe realiza e que preside toda a narración –orixinándose moito antes da súa propia infancia– até o desenlace final, o lector non perde de vista en ningún momento que a historia de Simón e Anabel é o auténtico motor que tece o entramado singular desta novela entretida, viva, vizosa e sedutora.
O mundo secreto de Basilius Hoffman comprende un ambicioso proxecto de fantasía que abrangue varios medios artísticos, centrados todos eles arredor dunha serie de cinco novelas ilustradas da que agora se publica o seu primeiro título: O ladrón de soños.
Desde esta primeira historia mergullámonos nun mundo estraño e complexo, un universo onde o profesor Hoffman: arqueólogo, historiador, lingüista e, sobre todo, explorador de mundos ocultos, serve de guía ao seu novo sobriño Peter nunha viaxe na que as lendas e os mitos de moi diferentes culturas do noso propio mundo conflúen cara a unha única e asombrosa revelación que marcará o destino da humanidade.
Entre os demais proxectos atópase tamén a publicación de varias novelas derivadas, nas que se profundizará noutros aspectos da historia e dos personaxes, varios álbumes de banda deseñada e a creación dunha banda sonora, que xa ten a súa primeira achega nesta novela cunha peza a piano.
O mundo secreto de Basilius Hoffman pretende chegar tanto a un público xuvenil como adulto, seguindo o legado de Michael Ende cunha lectura de dobre profundidade, na que os máis novos gocen da aventura e os maiores poidan recuperar aquela maxia das súas primeiras lecturas no xénero da fantasía, sempre, e como manda a tradición, cun pano de fondo que reivindica o poder da creatividade e da imaxinación.
Descarga gratuita da novela (non inclue ilustracións): http://www.basiliushoffman.com/media/libros/msbh_olds.pdf
Benvidos o universo do estraño, do heroico, do tenebroso, do ucrónico. Benvidos a reinos lendarios, a mundos de pesadelos, a realidades alternativas… a galaxias moi moi afastadas. Benvidos o proxecto Contos Estraños. De seguro que o seu propio nome esperta en vós ecos recoñecíbeis, non por nada tomámolo prestado da mítica publicación “Weird Tales”, aquela revista pulp de comezos do século XX na que autores americanos como H.P. Lovecraft ou Robert E. Howard entre outros, asentaron as bases da fantasía e o terror moderno. Con aquel mesmo espírito famento de sorprender, estarrecer ou marabillar emprendemos esta viaxe, que como todas as grandes aventuras comeza cun primeiro paso, e coa firme intención de dar a coñecer eses talentos da escrita fantástica que sabemos moran nesta terra.
O seu contido comprende como non pode ser doutro xeito dun groso de contos ou relatos, permitindo un espazo para novelas por entregas, ilustración, unha sección de tradución e outra de entrevistas aos autores máis importantes do panorama literario do fantástico, podendo chegar nun futuro a editarse números especiais ou recompilatorios tanto de contos como de novelas. Estimamos que o seu período de eclosión sexa nun primeiro momento trimestral, máis xa sabedes que cos estraños eóns todo é posíbel, e “mesmo a morte pode morrer”.
Abrimos sen máis preámbulos as portas desta a vosa casa para que nos enviedes relatos, novelas, ilustracións, todo o que vos queirades e que estea englobado dentro do xénero da fantasía ou a ciencia-ficción.
A vida é unha onda diminuta nos océanos do tempo. As obras se consomen rapidamente como faíscas fuxidías dunha feble fogueira. As xentes nacen e morren, veñen e van, por sobrevivir sucan a terra e erguen cidades, abren camiños, enxendran descendencia para logo perderse mansamente no horizonte como simples sombras. Só permanecen os mitos, as grandes fazañas, os seres extraordinarios. Só estes serán cantados polos trobadores futuros, estrañados polos poetas, imitados polos mozos. Só estes permanecerán, impasibles como rochas, no recordo das xeracións. Só estes poderán dicir que realmente viviron.
"E chegou aquel aciago día no que a terra tremeu. Unha fenda abriuse de norte a sur, amosándolle o noso mundo a funesta ameaza que se agochaba soterrada nas profundidades das Terras de Alén do Muro, naquel deserto esquecido pola compaixón dos deuses ao que as xentes piadosas chamaban o Ermo. Aquela fenda abriu un abismo insondábel do que emanou a Esencia Escura, unha pútrida e pestilente substancia que deu forma á máis terrible das critaturas, un ser o que ninguén osou pórlle nome, pero que todos coñeceron como o Morador da Fenda.
Todos estes males foron augurados polo xoven Balso, e por eles foi mil veces maldito, azoutado e torturado. Máis alguén coñece o poder do neno e envía un grupo de guerreiros na súa procura. Eles falaranlle dos Homes Sen Tempo, do Saber Antiguo e do Reino de Asgra, onde as lendas contan que se atopan as Portas de Rogueldor. Xuntos emprenderán unha viaxe en busca de respostas".
Páxina oficial: http://osabismosdanoiteeterna.blogaliza.org/
Segundo número da publicación trimestral Contos Estraños Pulp. Adicada a promoción e divulgación da fantasía, o terror ou a ficción-científica en galego. Neste tomo homenaxéase o mestre do terror H.P. Lovecraft con varios relatos que utilizan os famosos mitos de Cthulu para dar forma a historias ambientados na galiza rural.
Inclue:
"Relatos"
Pescador de homes - Ana Raven
A procura - Jacobo Feijoo
As Bágoas de Neixón - Xosé Duncan
O Sátiro - Manuel Gayoso
A Illa no Mar-Chan - Tomás González Ahola
Expediente Sentulo - Roberto A. Rodrigues
Sentenzas de Volta - Jorge Emilio Bóveda
E Cae a Neve - Ariel Martínez
Rato - David Botana
"Novela Curta"
Primeiros (2ª parte) - Fabián Plaza
Dark (2ª parte) - Ernesto Diéguez
"Poesía e tradución"
O erro foi descubrila - Marisol Gándara
O faro do Ancián - H.P. Lovecraft
O engano da Lúa - Robert E. Howard
Os pasos dos mortos - William Hope Hodgson
por se alguén non coñece a basilius...
Benvidos o universo do estraño, do heroico, do tenebroso, do ucrónico. Benvidos a reinos lendarios, a mundos de pesadelos, a realidades alternativas… a galaxias moi moi afastadas. Benvidos o proxecto Contos Estraños. De seguro que o seu propio nome esperta en vós ecos recoñecíbeis, non por nada tomámolo prestado da mítica publicación “Weird Tales”, aquela revista pulp de comezos do século XX na que autores americanos como H.P. Lovecraft ou Robert E. Howard entre outros, asentaron as bases da fantasía e o terror moderno. Con aquel mesmo espírito famento de sorprender, estarrecer ou marabillar emprendemos esta viaxe, que como todas as grandes aventuras comeza cun primeiro paso, e coa firme intención de dar a coñecer eses talentos da escrita fantástica que sabemos moran nesta terra.
Contos Estraños xérase coa intención de se converter nunha colección de libros, que non revistas, debido o seu formato de arredor das 150 páxinas e a intención de facer perdurar a súa estancia nos andeis das librarías. Polo tanto quedará case exenta de publicidade e de distribución no circuíto comercial de quiosco.
O seu contido comprende como non pode ser doutro xeito dun groso de contos ou relatos, permitindo un espazo para novelas por entregas, ilustración, unha sección de tradución e outra de entrevistas aos autores máis importantes do panorama literario do fantástico, podendo chegar nun futuro a editarse números especiais ou recompilatorios tanto de contos como de novelas. Estimamos que o seu período de eclosión sexa nun primeiro momento trimestral, máis xa sabedes que cos estraños eóns todo é posíbel, e “mesmo a morte pode morrer”.
Abrimos sen máis preámbulos as portas desta a vosa casa para que nos enviedes relatos, novelas, ilustracións, todo o que vos queirades e que estea englobado dentro do xénero da fantasía ou a ciencia-ficción. Lembrade que a publicación será en galego, e aínda que podedes mandar o material en castelán, unha vez lle deamos o visto bo correrá da vosa man traducilo.
“Unha páxina en branco… é un bo comezo”.
Jonh Ronald Reuel Tolkien.
http://contosestranhos.blogaliza.org/
Muro de fo
Redelibros |
Libros e textos |
Opinión |
Anuncios |
Multimedia |
Membros |
Seccións |




