
![]() |
Redelibros é, xa que logo, un espazo compartido. Temos clara a nosa filosofía: queremos construír un espazo cultural común, e por iso consideramos que cada membro da rede é parte integrante de Redelibros. Cada membro constrúe o seu espazo personalizado ao máximo, decide que compartir e que non, intégrase nos grupos que desexa ou crea os seus propios, etc. Redelibros, como rede social, busca abrir un espazo galego de literatura en Internet, un espazo de encontro, visible e dinámico, levantado entre todos. |
![]() |
En resumo: Redelibros.com é unha apaixonante oportunidade para construír un espazo cultural propio que brinde novas oportunidades a autores, editores, libreiros e, sobre todo, lectores. Unha rede ampla e descentralizada que responde, unicamente, aos intereses de todos e cada un dos seus membros. Unha rede común para debater, comentar e participar. Para vivir o libro. | |