• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.



Queres publicar?

As novas tecnoloxías fixeron accesible a publicación dun libro por conta propia. A autoedición é hoxe un fenómeno global, unha verdadeira revolución no mundo editorial. Lonxe de ser un fenómeno novo ou relegado a autores descoñecidos, sabemos que autores como Joyce, Hemingway o Proust editaron as súas propias obras.

 

Con todo, hai unha serie de desvantaxes neste sistema que non debemos obviar. Moitas plataformas de autoedición non corrixen o teu libro nin revisan o texto, por non falar da súa maquetación, o que con frecuencia provoca o rápido rexeitamento da obra por parte dos lectores e, tamén, polos críticos e a prensa especializada. Por outra banda, o autor independente non conta coa experiencia dun editor, nin co apoio dun equipo de publicidade, mercadotecnia, distribución, etc., o que supón un enorme traballo e moitas decisións equivocadas que, ao final provocan un investimento moito maior do necesario.

 

Edicións Redelibros ten un obxetivo claro: que os autores independentes publiquedes nas mellores condicións posibles, acompañados e aconsellados a cada paso por un equipo de profesionais da edición e por un selo editorial que vele polos vosos intereses e vos ofreza as mellores oportunidades para que vexades os vosos soños cumpridos. E, sempre, a un custo moi reducido e con total control sobre as súas vendas. Ese é o noso obxetivo e ese é, tamén, o noso compromiso contigo.

 

O noso traballo consiste xustamente en axudarte no proceso, asesorarte para que evites os erros típicos doutras plataformas de autoedición. Contamos cun equipo moi cualificado de escritores, editores, maquetadores e impresores que se encargarán de canto precises. Nós encargarémonos de todo, sempre consultando contigo cada paso: da revisión e a edición, da maquetación, a impresión e os trámites administrativos precisos para a obtención do ISBN, Depósito Legal e Código de Barras, imprescindibles para rexistrar e comercializar a túa obra. Ti tomas as decisións, nós as levamos á práctica. Así de sinxelo.

 

Estas son as fases do proceso editorial:

 

1. Revisión e corrección editorial

2. Rexistro e obtención do ISBN e do Depósito Legal

3. Maquetación

4. Deseño de portada

5. Impresión

6. Conversión a epub

7. Promoción, distribución e venda (en librarías físicas e online)

 

Ten en conta que é moi posible que non as precises todas. Por exemplo, pode ser que o teu libro xa estea maquetado (ou que ti mesmo queiras maquetalo, ou que cho maquete un amigo); poida que só pretendas comercializalo en papel (ou pola contra, só en epub).

 

Pero hai moito máis...

A idea de Redelibros é que publicar non supoña un gasto económico enorme nin un sacrificio ou esforzo insalvable, senón que estea na man de calquera autor que o desexe. Por iso, se non dispós do capital preciso para publicar o teu libro coa calidade que desexas, podes contar con nós para publicitar e xestionar o teu proxecto en Verkami, unha plataforma de crowfunding moi ligada ao mundo da cultura, onde poderás atopar xente interesada en financiar a túa obra.

 

 

Estás interesado? Pois o tes doado: ponte en contacto con nós. Preferimos manter un trato personalizado cos autores, e por iso non dispomos dun servizo automatizado para o envío de obras. Para nós cada libro é un proxecto novo e xa que logo desexamos coñecerche a ti e a túa obra de primeira man. Se queres máis información, non dubides en porte en contacto connosco a través do formulario inferior. Responderemos as túas dúbidas e, se o desexas, chamarémoste para falar con calma.

 

Ponte en contacto connosco

Se queres facernos chegar unha pregunta, usa o seguinte formulario.

 

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share