Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Autoedición
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Autores Redelibros
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.
Abrimos un espacio en Redelibros, para subir y/o sugerir textos. Algunos simplemente porque nos gustan, y otros simplemente porque se acabó la primera etapa y ya necesitamos que vean los textos antes de venir a clase.
Además, recomendamos pasear por la re... máisAbrimos un espacio en Redelibros, para subir y/o sugerir textos. Algunos simplemente porque nos gustan, y otros simplemente porque se acabó la primera etapa y ya necesitamos que vean los textos antes de venir a clase.
Además, recomendamos pasear por la red, participar y aprovechar la oportunidad para acceder a todo lo bueno que contiene.
Que vos parecería poder cambiar cada mes os vosos redepuntos pola novidade editorial que máis vos apeteza? 1. O día quince de cada mes abriremos unha nova entrada neste grupo. Nela, pedirémosvos que indiquedes os títulos que acaben de saír que máis vos apetezan.
2. O primeiro día de cada mes, cos títulos que elixades a quincena anterior abriremos unha enquisa. Teredes outros 15 días para votar que libro queredes que se ofreza na tenda de Redepuntos.
3. O día 15 de cada mes anunciaremos o título ou os títulos que seleccionedes, que estarán dispoñibles na tenda de redepuntos a partir do día 1 do mes seguinte. Para que quede un pouco máis claro, este é un exemplo: do 15 ao 31 de maio, publicamos blog para que vaiades anotando os títulos. Do 1 ao 15 de xuño, publicamos enquisa cos títulos propostos, para que votedes cal elixides. Ese mesmo día ábrese a opción para o título do mes seguinte. O 1 de xullo, pomos na tenda de Redepuntos o libro seleccionado o 15 de xuño.
4. O día 1 de cada mes, xa que logo, e previo... ... máisQue vos parecería poder cambiar cada mes os vosos redepuntos pola novidade editorial que máis vos apeteza? 1. O día quince de cada mes abriremos unha nova entrada neste grupo. Nela, pedirémosvos que indiquedes os títulos que acaben de saír que máis vos apetezan.
2. O primeiro día de cada mes, cos títulos que elixades a quincena anterior abriremos unha enquisa. Teredes outros 15 días para votar que libro queredes que se ofreza na tenda de Redepuntos.
3. O día 15 de cada mes anunciaremos o título ou os títulos que seleccionedes, que estarán dispoñibles na tenda de redepuntos a partir do día 1 do mes seguinte. Para que quede un pouco máis claro, este é un exemplo: do 15 ao 31 de maio, publicamos blog para que vaiades anotando os títulos. Do 1 ao 15 de xuño, publicamos enquisa cos títulos propostos, para que votedes cal elixides. Ese mesmo día ábrese a opción para o título do mes seguinte. O 1 de xullo, pomos na tenda de Redepuntos o libro seleccionado o 15 de xuño.
4. O día 1 de cada mes, xa que logo, e previo... menos
Grupo reservado para os membros do comité de redacción da revista Redelibros. Calquera usuario pode solicitar a súa incorporación, aínda que esta non é automática: deberá ser aprobada polos membros do grupo. O obxectivo é dispor dun lugar de traballo có... máis
Grupo reservado para os membros do comité de redacción da revista Redelibros. Calquera usuario pode solicitar a súa incorporación, aínda que esta non é automática: deberá ser aprobada polos membros do grupo. O obxectivo é dispor dun lugar de traballo cómodo e privado no que discutir os distintos aspectos da creación da revista, realizar a selección dos orixinais, etc.
Aquí falaremos sobre as obras que máis vos gusten ou o contrario que menos vos gusten, pero de literatura xuvenil especialemente aínda que se vos apetece podemos comentar tamén outros temas.
REDE TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) / “As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIXMI)
Sitio para compartir cuales son los mejores escritores desde vuestro punto de opinión. Da igual el género o la época, si os gusta podeis compartirlo.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------... máisSitio para compartir cuales son los mejores escritores desde vuestro punto de opinión. Da igual el género o la época, si os gusta podeis compartirlo.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Sitio para compartir cales son os mellores escritores dende o voso punto de opinión. Da igual o xénero ou a época, si vos gusta podédelo compartir.
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas do ano 2011 ao escritor e poeta Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña 1996).
Este grupo pretende ser un lugar de encontro aberto a todos os redelibreiros no que se poidan achegar t... máis
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas do ano 2011 ao escritor e poeta Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña 1996).
Este grupo pretende ser un lugar de encontro aberto a todos os redelibreiros no que se poidan achegar todo tipo de materiais relacionados coa súa figura e a súa obra, así como un foro onde actualizar as actividades, novidades ou publicacións que teñan lugar ó largo do ano co gallo desta conmemoración.
Gosto dos "tochos", ese libros de cincocentas páxinas para arriba, que cando escomenzas a lelos e desfrutas con eles pensas "guay, inda me queda moito por ler".
Pois xa que estamos nestas datas, non está de máis que repasemos as nosas lecturas do ano. Propóñovos que fagades memoria e indiquedes cales foron os tres mellores libros que lestes neste ano... en orde de valoración. Da o mesmo que foran publicados nes... máis
Pois xa que estamos nestas datas, non está de máis que repasemos as nosas lecturas do ano. Propóñovos que fagades memoria e indiquedes cales foron os tres mellores libros que lestes neste ano... en orde de valoración. Da o mesmo que foran publicados neste 2010 ou en 1700, a cuestión e que vos chamaran a atención, vos seduciran. Será curioso ver se algún se repite ou, se non e así, poder servir para atopar novas lecturas...
E, xa que logo, cal foi o peor?