Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Autoedición
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Autores Redelibros
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.
(Este grupo es tan solo de coordinación y gestión)
Singularte. Arte y Cultura en redes singulares es una iniciativa de usuarios de redes sociales "singulares" españolas y residentes en España, personas con vocación artística. Una vía para coordinarnos y r... máis(Este grupo es tan solo de coordinación y gestión)
Singularte. Arte y Cultura en redes singulares es una iniciativa de usuarios de redes sociales "singulares" españolas y residentes en España, personas con vocación artística. Una vía para coordinarnos y realizar actividades (virtuales y, sobre todo, presenciales) a través de esas redes. Nuestro ámbito es la vida de las redes singulares y lo que publiquen y hagan los usuarios dentro de ellas.
Empezamos con una revista digital gratuita donde vamos presentando lo que publican por aquí pintores, fotógrafos, poetas, narradores, cantantes, actores, etc. También incluimos artículos y ensayos sobre Arte y Cultura escritos por los usuarios. Tenemos un blog general en Blogger, con toda la información y cuya dirección se puede ver más abajo. Estamos muy interesados en localizar a usuarios que publiquen cosas propias en sus álbumes o blogs (de esta red), ya sea pinturas, poemas, relatos, actividades escénicas, etc. También a usuarios interesados en los aspectos "periodí... menos
Boas! Un ano máis, chega decembro e precisamos da vosa axuda! Queremos elixir "os mellores do ano 2012" para os redelibreir@s en varias categorías.
Se vos parece, faremos algo semellante a o sistema que empregamos para elixir o libro do mes na redetenda:
1º. Ata o 15 de decembro, podedes suxerir aquí os vosos candidatos para cada unha das categorías.
2º. Entre o 15 e o 25 de decembro, abriremos unha enquisa para cada categoría cos nomes propostos por vós. E as vosas votacións decidirán os mellores do ano.
Estas son... máisBoas! Un ano máis, chega decembro e precisamos da vosa axuda! Queremos elixir "os mellores do ano 2012" para os redelibreir@s en varias categorías.
Se vos parece, faremos algo semellante a o sistema que empregamos para elixir o libro do mes na redetenda:
1º. Ata o 15 de decembro, podedes suxerir aquí os vosos candidatos para cada unha das categorías.
2º. Entre o 15 e o 25 de decembro, abriremos unha enquisa para cada categoría cos nomes propostos por vós. E as vosas votacións decidirán os mellores do ano.
Estas son as categorías para o 2012:
1. Editorial galega
2. Obra literaria (novela, poesía, teatro...) en galego
3. Obra literaria (novela, poesía, teatro...) en castelán
4. Libro infantil e xuvenil en galego
5. Libro infantil e xuvenil en castelán
6. Obra non literaria (ensaio, divulgación...) en galego
7. Obra non literaria (ensaio, divulgación...) en castelán
8. Banda deseñada en galego
9. Banda deseñada en castelán
10. Autor/a en galego
11. Autor/a en castelán
12. Ilustrador/a
13. Tradutor/a
14. ... menos
Queremos agradecervos a vosa presenza diaria na rede, grazas á cal somos xa unha gran familia de lectores. Pero claro, o mellor é que sexades vós os que elixades a quen premiar neste 2012, así que vos imos pedir que, de xeito similar ao que facemos co libro do mes da redentenda, fagades as vosas propostas para as seguintes categorías:
1º Usuario máis cordial
2º Usuario que fai mellores comentarios
3º Usuario máis retranqueiro
4º Usuari... máisQueremos agradecervos a vosa presenza diaria na rede, grazas á cal somos xa unha gran familia de lectores. Pero claro, o mellor é que sexades vós os que elixades a quen premiar neste 2012, así que vos imos pedir que, de xeito similar ao que facemos co libro do mes da redentenda, fagades as vosas propostas para as seguintes categorías:
1º Usuario máis cordial
2º Usuario que fai mellores comentarios
3º Usuario máis retranqueiro
4º Usuario con máis "sex-appeal"
5º Usuario "mellor amigo"
E como imos elixir ao gañador de cada categoría? Pois ben doado: Aquí tedes cinco debates abertos, e en cada un poderedes suxerir aos usuarios (máximo dous por persoa) que credes merecen o premio.
Tedes ata o venres 26 para facer as vosas propostas.
Despois, o sábado 27, abriremos cinco enquisas para elixir ao mellor de cada categoría entre os propostos. menos
Grupo para a organización do club de lectura de Redelibros. Nos debates deste grupo podes consultar as novidades de cada mes ou apuntarte para comentar calquera dos títulos dispoñibles.
Hola, neste grupo pretendo que comentemos as últimas novidades en publicacións de libros, aínda que tamén cine, e o máis recente dos vosos autores favoritos.
Pois supoño que aquí se lle pode dar cabida a todo o que pensemos dos ilustradores, non so infantis, se non dos que se encargan de portadas e de láminas etc.. aportadas ó eido da literatura. Que opinades?
Hola a todos de redelibros,
Es mi primera intervención y espero hacerlo en el lugar adecuado.
Como soy una entusiasta de los mapas antiguos creo este nuevo grupo para ver si hay alguien más que comparte esta afición.
Me gustaría presentaros un precioso atlas portulano de 1547. "Atlas Vallart", es anónimo y contiene 15 cartas marinas o naúticas y tablas de declinación.
Alguna... máisHola a todos de redelibros,
Es mi primera intervención y espero hacerlo en el lugar adecuado.
Como soy una entusiasta de los mapas antiguos creo este nuevo grupo para ver si hay alguien más que comparte esta afición.
Me gustaría presentaros un precioso atlas portulano de 1547. "Atlas Vallart", es anónimo y contiene 15 cartas marinas o naúticas y tablas de declinación.
Algunas de estas cartas presentan anchos bordes ilustrados. utiliza tinta negra o roja en la nomenclatura y dorada para los nombres de área. La masa terraquea está bordeada en color y las islas son azules, rojas o doradas. Inserta numerosas rosas de los vientos en cada carta con la red usual de 32 lineas de rumbo en tinta negra, roja y verde para las principales direcciones. Muestra la escala de latitud numerada en los márgenes (izquierdo o derecho) y están profusamente adornadas con diferentes escenas como barcos o monstruos marinos.
Un curioso detalle es que están orientadas con el sur hacia arriba. El atlas fue probablemente realizado por un car... menos
Numerosos son os libros que foron levados ó cinema. Ben é certo que uns con máis fortuna ca outros. Deixo nas mans redelibreiras o análise do traslado das páxinas á gran pantalla. Cal é a mellor versión, cal vos di máis, se vos desencatou unha das dúas ve... máisNumerosos son os libros que foron levados ó cinema. Ben é certo que uns con máis fortuna ca outros. Deixo nas mans redelibreiras o análise do traslado das páxinas á gran pantalla. Cal é a mellor versión, cal vos di máis, se vos desencatou unha das dúas versións ou se quedáchedes satisfeitos con ambas... Despois de mergullarme nos distintos grupos da rede, creo que queda un oco para esta temática. Unha boa forma de recomendar libros e series e películas, porque tampouco hai que esquencer que en ocasións da pantalla saltan ós libros. menos
Boas! Precisamos da vosa axuda! Queremos elixir "os mellores do ano 2011" para os redelibreir@s en varias categorías.
Se vos parece, faremos algo semellante a o sistema que empregamos para elixir o libro do mes na redetenda:
1º. Ata o 10 de decembro, podedes suxerir aquí os vosos candidatos para cada unha das categorías.
2º. Entre o 10 e o 20 de decembro, abriremos unha enquisa para cada categoría cos nomes propostos por vós. E as vosas votacións decidirán os mellores do ano.
Estas so... máisBoas! Precisamos da vosa axuda! Queremos elixir "os mellores do ano 2011" para os redelibreir@s en varias categorías.
Se vos parece, faremos algo semellante a o sistema que empregamos para elixir o libro do mes na redetenda:
1º. Ata o 10 de decembro, podedes suxerir aquí os vosos candidatos para cada unha das categorías.
2º. Entre o 10 e o 20 de decembro, abriremos unha enquisa para cada categoría cos nomes propostos por vós. E as vosas votacións decidirán os mellores do ano.
Estas son as categorías para o 2011:
1. Mellor editorial galega
2. Mellor obra literaria (pode ser novela, poesía, teatro...) en galego
3. Mellor obra literaria en castelán
4. Mellor libro infantil e xuvenil en galego
5. Mellor libro infantil e xuvenil en castelán
6. Mellor obra non literaria (ensaio, divulgación...) en galego
7. Mellor obra non literaria en castelán
8. Mellor ilustrador/a
9. Mellor tradutor/a do
10. Libro mellor editado
11. Mellor proxecto ou evento cultural
12. Mellor web ou proxecto 2.0
13. Mellor libraría
14. Mell... menos