• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.



0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5

Eventos mellor valorados

CÍRCULO POÉTICO ABERTO
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
5
Current score
/
5
Max score
|
3
Count of votes
Foro Unirede, I Foro Galego da Web 2.0
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
5
Current score
/
5
Max score
|
2
Count of votes
collage - o espectaculo
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
5
Current score
/
5
Max score
|
1
Count of votes
Club Lecturas Debuxadas: O fillo da furia.
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
5
Current score
/
5
Max score
|
1
Count of votes
I Certame de Relatos "Tempos dixitais"
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
5
Current score
/
5
Max score
|
3
Count of votes
19 Feria Municipal del Libro Antiguo y de Ocasión
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
5
Current score
/
5
Max score
|
1
Count of votes
Presentación de Medievalario en Allariz
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
5
Current score
/
5
Max score
|
2
Count of votes
Presentación dos cadernos Q de Vián
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
5
Current score
/
5
Max score
|
2
Count of votes
Presentación "Contos Estraños"- Festa de disfraces estraños
0.5 1 1.5 2 2.5 3 3.5 4 4.5 5
5
Current score
/
5
Max score
|
3
Count of votes

Eventos recomendados

Cargando...

I Certame de Relatos "Tempos dixitais"

  • Info
  • Que hai de novo?
  • Invitados(6)
  • Fotos(1)
  • Debates(1)

Detalles do evento

  •  


    Redelibros e Meubook



    convocan o



    I Certame de Relatos "Tempos dixitais"



    para fomentar a creatividade e a escrita en lingua galega na rede 2.0




    Os beneficios das vendas do volume de relatos que se publicará cos relatos seleccionados serán doados a unha asociación sen ánimo de lucro a prol do fomento da lectura e/ou o uso do galego elixida polos usuarios da rede social.




    BASES




    Participantes. Poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos, de calquera nacionalidade.

    Requisitos. Cada autor poderá presentar un máximo de dous relatos, sempre que sexan orixinais e inéditos. As obras han de estar escritas en galego e en forma narrativa. A temática será libre. A extensión mínima dos relatos é de 20.000 matrices (caracteres con espazos) e máxima de 50.000.

    Presentación das obras. Para participar no certame, o/a autor/a deberá estar rexistrado como usuario na Redelibros (www.redelibros.com). Para presentar os relatos, deberá publicalos na sección "Textos" da rede social e seleccionar, no momento de facelo, a categoría "Tempos dixitais" creada ao efecto.

    Prazo de admisión. O prazo de admisión comprenderá dos días do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2011.

    Votacións e premios. Concordando coa filosofía participativa da rede, os relatos subidos serán votados e comentados por todos os usuarios de Redelibros que así o desexen mediante o sistema de valoración por estrelas que aparece na parte inferior de cada texto subido. Só entrarán na selección final os relatos que teñan un mínimo de cinco valoracións de usuarios. Por este método elixiranse os cinco primeiros clasificados. Paralelamente, un xurado elixido por Meubook e Redelibros seleccionará dous relatos máis (que poden coincidir ou non cos máis votados). O anuncio definitivo dos seleccionados farase nun acto público o 4 de decembro, no Culturgal (Pontevedra). Todos os relatos premiados serán publicados por Meubook e Redelibros nun volume conxunto, en formato epub e papel (impresión baixo demanda) e distribuídos na tenda online de Meubook e na de Redelibros. A cada autor seleccionado seranlle entregados dous exemplares en papel e un epub. Os beneficios das vendas do volume de relatos serán doados a algunha asociación sen ánimo de lucro a prol do fomento da lectura e/ou o uso do galego, que será proposta e elixida polos usuarios de Redelibros e Meubook no espazo habilitado para ese fin na rede social.

    Propiedade. Redelibros e Meubook resérvanse os dereitos de edición, publicación e venda da edición do volume seleccionado. Non obstante, os autores conservarán todos os dereitos sobre os seus traballos e serán libres de editar ou publicar os seus relatos de calquera outra forma ou con calquera outra editorial. No caso de que as obras premiadas sexan obxecto de posteriores publicacións, deberán levar en lugar visible a reseña de que foron Premio do Certame de Relatos "Tempos dixitais" convocado por Redelibros e Meubook.

    Organización. A organización resérvase o dereito de tomar iniciativas non reguladas nestas bases, sempre que considere que poden contribuír a un maior éxito do certame.


    En Galiza, a 3 de outubro de 2011




    Meubook.png




    Cabecera redelibros.jpg







  • 03/10/11 de 00:00 -
    30/11/11 de 00:00
  • Anfitrión
    Meubook e Redelibros
  • Convoca
    Redelibros
  • S.r.c.
    • 5 asistirán
    • 1 quizá asistan
    • 0 non asistirán
    • 0 esperando resposta
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    Fernando Miranda Calo
    Fernando Miranda Calo uniuse ao evento I Certame de Relatos "Tempos dixitais"
    • 17 Novembro 2011
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    Andrea Fernandez Maneiro
    Andrea Fernandez Maneiro uniuse ao evento I Certame de Relatos "Tempos dixitais"
    • 11 Novembro 2011
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    Aarón Villegas
    Aarón Villegas uniuse ao evento I Certame de Relatos "Tempos dixitais"
    • 13 Outubro 2011
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    Iria
    Iria uniuse ao evento I Certame de Relatos "Tempos dixitais"
    • 13 Outubro 2011
    • WALL_MENU_Link to this post
    • WALL_MENU_Report Abuse
    maricarmen Rodríguez Lorenzo
    maricarmen Rodríguez Lorenzo uniuse ao evento I Certame de Relatos "Tempos dixitais"
    • 09 Outubro 2011
Este evento ten 6 invitados.
  • Redelibros (propietario) O servidor en que estamos aloxados sufriu un pequeno percance durante a madrugada. Estamos traballando para restablecer a normalidade cando antes. Perdoade as molestias.
    Asistirán
  • Andrea Fernandez Maneiro "...Sé que es el fin, que un dios retrocedería pero yo soy mujer enamorada ¡soy mortal, que milagro!, un dios renunciaría, a ellos no les es dado el heroísmo, solo se llega a héroe en el altar de la muerte, adelante, en este sofocante abrazo del agua..., del fuego..., tus brazos ardientes llevándome contigo al surtidor altísimo... ¡Abajo, abajo! ¡Más adentro que lso dioses, arrebatada de ti por ese amor en el morir que un inmortal nunca podrá gozar!" José Luis Sampedro, "La vieja sirena"
    Asistirán
  • maricarmen Rodríguez Lorenzo Boas tardes redelibreir@s. Quixera compartir convosco a miña delicia posto que hoxe rematei a miña carreira. Xa son Graduada en estudos de Galego e Español¡¡¡
    Quizais asistirán
  • Fernando Miranda Calo Que raro me topo sin o meu papyre
    Asistirán
  • Aarón Villegas Lendo co bandullo ben cheo entre festa e festa de Nadal.
    Asistirán
  • Iria
    Asistirán
Ver todas as fotos

  • Por Redelibros
    03 Outubro 2011

  • 1 resposta
    Última mensaxe por Aarón Villegas
    07 Outubro 2011

    Fai a túa proposta: fomento da lectura

    Cos relatos premiados no concurso, editaremos un volume en papel e ebook que poremos á venda nen librerías dixitais. Pero os beneficios serán doados a unha organización sen ánimo de lucro comprometida coa promoción da lectura e/ou o uso do galego. Coñeces

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share