Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Autoedición
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Autores Redelibros
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.
75 anos despois
Publicado por Doris Carra18 Novembro 2011 -
#autores
#historia
#presentación libros
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Comisión "Volta dos Nove" organizan un ciclo de actividades para lembrar e coñecer a sublevación militar de 1936 e os tristes e dolores acontecementos que lle sucederon. O ciclo consiste na presentación de cinco libros editados no ano 2010 e que percorren distintos aspectos tantos dos anos da Guerra como da represión posterior á mesma. Así mesmo farase unha achega ao acontecido na vila de Baiona e unha homenaxe artística aos "Nove de Baredo" e ás vítimas da persecución franquista.
As actividades desenvolveranse na Capitanía Marítima de Baiona (r/Elduayen 20, 1º andar) segundo o seguinte programa:
17 de novembro, xoves, ás 20:30h
Presentación, por parte dos autores, dos libros
Cruzados o herejes. La religión, la Iglesia y los católicos en la Galicia de la Guerra Civil (2010) de José Ramón Rodríguez Lago (Doutor en Historia Contemporánea. Profesor Asociado da U. Vigo)
Guerra Civil. Que pasou en Galicia e España de Federico Cocho (Xornalista, traballa na reitoría da U. da Coruña, colabora na Radio Galega)
24 de novembro, xoves ás 20:30h
Presentación dos libros de:
Dionisio Pereira González (Historiador. Economista e profesor)
Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (2010)
Gonzalo Amoedo López (Historiador)
A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra (2010)
1 de decembro, xoves ás 20:30h.
Domingo Rodríguez Teijeiro (Doutor en Historia, profesor de Historia Contemporánea na U. Vigo presenta o seu libro Presos e prisións na Galicia de guerra e de posguerra. 1936-1945 (2010)
3 de decembro, sábado ás 18h
Conferencia de Carlos Méixome Quinteiro (Instituto de Estudos Miñoranos): "Baiona, 1936"
19.30 Homenaxe poético-músical aos Nove de Baredo. Exposición de pintura e fotografía. Exposición "Atopados"