• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.



Libros

  • Examinar libros
  • Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro

    1 membro convocados por CuriosoImpertinente
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Este libro pretende divulgar, dun xeito amplo e comprensible para todas as idades e intereses, as profesións vinculadas coa produción teatral, que tanto contribuíu a dignificar e a modernizar Roberto Vidal Bolaño. Debuxou coa súa voz, falou con máscaras, ...  máisEste libro pretende divulgar, dun xeito amplo e comprensible para todas as idades e intereses, as profesións vinculadas coa produción teatral, que tanto contribuíu a dignificar e a modernizar Roberto Vidal Bolaño. Debuxou coa súa voz, falou con máscaras, coa forza expresiva do corpo, dos ritmos populares, das técnicas audiovisuais, deseñou espazos onde concitou heroes e mitos do pasado ou desagraviados e silenciados do presente. Inconformista, polémico, ocupado en oficiar en cada función a máis fresca e vibrante liberdade da acción dramática. Esta obra amosa o que hai detrás dos fíos que crean a maxia inesgotable, eternamente transformadora, da arte do teatro.  menos
    - Autor: Roberto Pascual
    - ISBN: 978-84-9914-495-5
    - Categoría:
    - Editado por: Xerais
    - Lingua de publicación: Galego
  • OUTLET. Versos en stock

    2 membros convocados por a muller do piano
    Valoración global: 4.0 de 5 1 votos
    Outlet son pequenas escenas espidas de efectos especiais, reproducen situacións da vida cotiá cunha linguaxe urbana e realista. Neste novo poemario, Juan Carballo abandona a escrita romántica e melancólica das súas últimas publicacións, explorando ritmos ...  máisOutlet son pequenas escenas espidas de efectos especiais, reproducen situacións da vida cotiá cunha linguaxe urbana e realista. Neste novo poemario, Juan Carballo abandona a escrita romántica e melancólica das súas últimas publicacións, explorando ritmos persoais que enfrontan un mundo real e íntimo.  
    - Autor: Juan Carballo
    - ISBN: 978-84-616-4081-2
    - Categoría:
    - Editado por: Juan Carballo
    - Lingua de publicación: Galego
  • Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas

    2 membros convocados por Martín Fernández
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Viagem ao Curdistám é o relato dumha aventura ao coraçom dum dos conflitos internacionais mais silenciados, o do povo curdo. Mas nom é só isso. É umha viagem por um caminho no que encontramos um taxidermista de animais de granxa, estrelas ao alcance da ma...  máisViagem ao Curdistám é o relato dumha aventura ao coraçom dum dos conflitos internacionais mais silenciados, o do povo curdo. Mas nom é só isso. É umha viagem por um caminho no que encontramos um taxidermista de animais de granxa, estrelas ao alcance da mao, soldados de mal humor, um ladrom de colheres, campos de petróleo e campos de algodom, um gigante e muita gente que luita dia a dia pola indenpendência, o amor , a vida e essas cousas cotiás.  
    - Autor: Sende, Séchu
    - ISBN: 978-84-616-2384-6
    - Categoría:
    - Editado por: Autoediçom
    - Lingua de publicación: Galego
  • Diapasón

    1 membro convocados por RuAn
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Brillante de principio a fin a primeira obra de esta autora. Gosto do formato (acordeón), da ousadía de facer un libro infantil en con cores escuros que invitan a repousar nas súas páxinas...Entendo perfectamente o porque do título. Fermosa obra case desc...  máisBrillante de principio a fin a primeira obra de esta autora. Gosto do formato (acordeón), da ousadía de facer un libro infantil en con cores escuros que invitan a repousar nas súas páxinas...Entendo perfectamente o porque do título. Fermosa obra case descoñecida a pesares de ter gañado os premios Bologna Ragazzi Award 2011 e CF Picture Book Festival 2010. :) (non sei se esta editada en España) Aquí podedes ver un pouco del...
    http://issuu.com/editorialocanodemxicosadecv/docs/11483c?mode=embed&layout=http://skin.issuu.com/v/color/layout.xml&backgroundColor=000000&showFlipBtn=true  menos
    - Autor: Laetitia Devernay
    - ISBN: 9786074006483
    - Categoría:
    - Editado por: Océano Travesía
    - Lingua de publicación: sen verbas
  • Adelaida

    1 membro convocados por Alberte Momán Noval
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Relato íntimo e coral no que se narra a vida da protagonista, Adelaida, desde a perspectiva de um amplo leque e personagens. Artur Alonso achega-nos, no seu primeiro romance, umha realidade que mostra a incomunicação das pessoas, as suas esperanças, os se...  máisRelato íntimo e coral no que se narra a vida da protagonista, Adelaida, desde a perspectiva de um amplo leque e personagens. Artur Alonso achega-nos, no seu primeiro romance, umha realidade que mostra a incomunicação das pessoas, as suas esperanças, os seus temores, em definitiva os seus sentimentos e sensações. Cada capítulo do livro centra-se numa personagem concreta, reproduzindo os seus pensamentos calados. O autor construí umha prosa com um profundo sabor poético, uma característica que liga, de jeito natural, com a sua obra anterior.  menos
    - Autor: Artur Alonso Novelhe
    - ISBN: 9788487305467
    - Categoría:
    - Editado por: Através Editora
    - Lingua de publicación: Galego
  • O que fixemos en Galicia

    1 membro convocados por Alberte Momán Noval
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    O que fixemos en Galicia.Ensaio sobre o concepto de práctica xenocida Antonio Miguez Macho
    I Premio ex aequo de investigación Alexandre Bóveda
    - Autor: Antonio Miguez Macho
    - ISBN: 978-84-937090-0-6
    - Categoría:
    - Editado por: Difusora de Letras, Artes e Ideas
    - Lingua de publicación: Galego
  • Octavius Augustus

    1 membro convocados por Alberte Momán Noval
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Octavius Augustus Antonio Yáñez Casal Premios Abrente de Textos Teatrais 2007 Director da serie Roberto Pascual
    - Autor: Antonio Yáñez Casal
    - ISBN: 978-84937090-8-2
    - Categoría:
    - Editado por: Difusora de Letras, Artes e Ideas
    - Lingua de publicación: Galego
  • Inmateriais

    3 membros convocados por herba
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Suso de Toro recolle en Inmateriais trinta narracións de vidas de galegos e galegas, de persoas que foron elixidas polo autor, tal e como explica no limiar, por seren «figuras que me interesaron ou nas que vin representadas as capacidades das persoas naci...  máisSuso de Toro recolle en Inmateriais trinta narracións de vidas de galegos e galegas, de persoas que foron elixidas polo autor, tal e como explica no limiar, por seren «figuras que me interesaron ou nas que vin representadas as capacidades das persoas nacidas neste país, os dilemas que se lles presentaron ante as circunstancias que viviu a Galiza no momento histórico que lles tocou vivir e tamén as posibilidades que se ofrecían en cada momento». Os textos de Inmateriais, armados coa recoñecida calidade literaria de Suso de Toro, achegan datos que permiten entrever as motivacións, os dilemas, os éxitos e fracasos das vidas destes homes e mulleres que influíron decisivamente no noso devir colectivo e encetan un particular debate sobre o que foi, o que puido ser e mais o que pode ser o noso país. Diego Xelmírez, Concepción Arenal, Antolín Faraldo, Rosalía de Castro, Pablo Iglesias, Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Castelao, Maruja Mallo, Carlos Velo, Gonzalo Torrente Ballester ou José Suárez, entre outras figura...    menos
    - Autor: Suso de Toro
    - ISBN: 978-84-9914-502-0
    - Categoría:
    - Editado por: Xerais
    - Lingua de publicación: Galego
  • Con gume de folla húmida

    1 membro convocados por Alberte Momán Noval
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    De Isaac Xubín sabíamos, sobre todo, polo seu excelente labor como tradutor do éuscaro, mais a súa dedicación ao mundo dos versos era ata o de hoxe menos coñecida.
    É ben certo que Xubín xa apuntara maneiras como poeta gañando a mediados da pasada década algúns certames da Universidade de Vigo (velaí títulos como Elementos de matemática ou Lisboa), mais non foi ata que se fixo co último Premio Eusebio Lorenzo Baleirón cando confirmou a consistencia da súa proposta lírica co poemario Con gume de folla húmida, volume editado recentemente por Sotelo Blanco.
    Nos versos de Xubín hai toda unha xeografía sentimental que une espazos e tempos gravados a lume nos sangumiños: a Coruña dos xogos infantís, o Vigo estudiantil e o Corcaigh de acollida con toda Éire ao fondo. Ese trueiro de vidas ás costas peneira un presente de melancolía combativa, un territorio de consciencia escritural plena que reivindica a loita e aborrece a submisión.
    Con Ferrín, con Cordal, con Pato, con Angueira e todas e todos os que foron tecendo esa ...  ...  máis
    De Isaac Xubín sabíamos, sobre todo, polo seu excelente labor como tradutor do éuscaro, mais a súa dedicación ao mundo dos versos era ata o de hoxe menos coñecida.
    É ben certo que Xubín xa apuntara maneiras como poeta gañando a mediados da pasada década algúns certames da Universidade de Vigo (velaí títulos como Elementos de matemática ou Lisboa), mais non foi ata que se fixo co último Premio Eusebio Lorenzo Baleirón cando confirmou a consistencia da súa proposta lírica co poemario Con gume de folla húmida, volume editado recentemente por Sotelo Blanco.
    Nos versos de Xubín hai toda unha xeografía sentimental que une espazos e tempos gravados a lume nos sangumiños: a Coruña dos xogos infantís, o Vigo estudiantil e o Corcaigh de acollida con toda Éire ao fondo. Ese trueiro de vidas ás costas peneira un presente de melancolía combativa, un territorio de consciencia escritural plena que reivindica a loita e aborrece a submisión.
    Con Ferrín, con Cordal, con Pato, con Angueira e todas e todos os que foron tecendo esa ...    menos
    - Autor: Isaac Xubín
    - ISBN: 978-84-7824-619-9
    - Categoría:
    - Editado por: Sotelo Blanco
    - Lingua de publicación: galego
  • A nena á que non deixaban ser feliz

    1 membro convocados por Alberte Momán Noval
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Armando Requeixo:
    Como a luz dun anxo da ilusión e a esperanza. Así cómpre ler A nena á que non deixaban ser feliz, delicada e positiva narración xurdida do maxín creador de Miguel Ángel Alonso Diz e a maxia dos pinceis de Luz Belosoque toma corpo agora n...  máis
    Armando Requeixo:
    Como a luz dun anxo da ilusión e a esperanza. Así cómpre ler A nena á que non deixaban ser feliz, delicada e positiva narración xurdida do maxín creador de Miguel Ángel Alonso Diz e a maxia dos pinceis de Luz Belosoque toma corpo agora nos tórculos de A Porta Verde do Sétimo Andar.
    Poucas veces se atopa nunha única obra tanta rebordante afirmación da beleza e a bondade. Os valores positivos que inzan nestas páxinas fan delas unha lectura ideal para @s nov@s que anden a aprender o mundo, mais tamén para @s adultos que queiran reconciliarse con el.
    A ledicia, a autoestima, a capacidade de soñar e ilusionarse, a alegría de vivir, o aprecio polas artes e a creación, o desprezo do capitalismo feroz, o rexeitamento fronte ao autoritarismo ―manifesto ou encuberto, tanto ten―, a insubornable defensa da liberdade para pensar e obrar, o arredamento da neoescravitude tecnolóxica, o cultivo da amizade fonda, o noxo pola gula que condena á fame doutros, a reivindicación da pluralidade, a complementaried...    menos
    - Autor: Miguel Ángel Alonso Diz / Luz Beloso
    - ISBN: 978-84-15164-81-4
    - Categoría:
    - Editado por: A Porta Verde do Sétimo Andar
    - Lingua de publicación: Galego
  • « Anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • Seguinte »

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share