• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.



Libros

  • Examinar libros
  • Infiltrados

    1 membro convocados por Libraría Cartabón
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Unha novela de espías..., espiados. Pero non uns espías ao xeito das  películas americanas, senón de verdade, reais. Xosé Torga, o protagonista, un histórico militante da UPG, investiga e descobre o papel dos servizos secrertos españois nos distintos conf...  máisUnha novela de espías..., espiados. Pero non uns espías ao xeito das  películas americanas, senón de verdade, reais. Xosé Torga, o protagonista, un histórico militante da UPG, investiga e descobre o papel dos servizos secrertos españois nos distintos conflictos internos que sufriu o nacionalismo, concretamente a UPG, e, por extensión, as demais organizacións nacionalistas. Esta novela de non ficción, non só relata os métodos que utilizan dentro da organización,  senón que nos descobre os > que, desde dentro, a soldo do Estado español ou por outras razóns, xogaron un papel central nas divisións nacionalistas.  menos
    - Autor: Afonso Eiré
    - ISBN: 9788415086369
    - Categoría:
    - Editado por: Biblos
    - Lingua de publicación: Galego
  • Compendio de gramática galega

    1 membro convocados por Urco Editora
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Este Compendio de gramatica galega contén os elementos máis destacados da nosa lingua sen abundar en temas que poden confundir o lector, pero incluíndo todos aqueles trazos e elementos fundamentais para un primeiro achegamento ao galego. Porén, para o xa ...  máisEste Compendio de gramatica galega contén os elementos máis destacados da nosa lingua sen abundar en temas que poden confundir o lector, pero incluíndo todos aqueles trazos e elementos fundamentais para un primeiro achegamento ao galego. Porén, para o xa iniciado tamén é unha porta ao estudo de características lingüísticas que outras obras poden obviar ou pasar por alto.
    Ferramenta ideal para unha primeira aproximación ao galego, serve tamén como libro de consulta rápida para desenvolver dúbidas comúns. Grazas á súa escrita sinxela e clara, esta gramática é ideal para consultar os trazos lingüisticos da nosa lingua sen complicarse demasiado.
    Con este volume Urco Editora inaugura a Biblioteca Niké na que se incluirán ferramentas e ensaios que poidan ser de utilidade ou interese para o lector.  menos
    - Autor: Xavier Frías
    - ISBN: 978-84-15699-19-4
    - Categoría:
    - Editado por: Urco Editora
    - Lingua de publicación: Galego
  • Morreu o demo, acabouse a peseta

    3 membros convocados por Gusta Meleren Galego
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Morreu o demo, acabouse a peseta. 
    Con esta frase remataban os espectaculos do último títere tradicional galego. O seu nome, Barriga Verde, resoa aínda na memoria de moitas persoas, mais o boneco e as formas daquel espectáculo corren o risco de caer no es...  máis
    Morreu o demo, acabouse a peseta. 
    Con esta frase remataban os espectaculos do último títere tradicional galego. O seu nome, Barriga Verde, resoa aínda na memoria de moitas persoas, mais o boneco e as formas daquel espectáculo corren o risco de caer no esquecemento.
    Para evitalo, distintas iniciativas procedentes dos eidos do audiovisual, do teatro e da investigación únense no Proxecto Barriga Verde co que recuperar o patrimonio titiriteiro galego e poñelo en relación coa estirpe europea dos Polichinelas.
    Este libro-DVD é un primeiro achegamento a este mundo, onde os textos complementan as imaxes do documental no que Barriga Verde e os seus parentes europeos cobran vida  menos
    - Autor: VVAA.
    - ISBN: 978-84-940366-4-4
    - Categoría:
    - Editado por: Urco Editora
    - Lingua de publicación: Galego
  • Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro

    1 membro convocados por CuriosoImpertinente
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Este libro pretende divulgar, dun xeito amplo e comprensible para todas as idades e intereses, as profesións vinculadas coa produción teatral, que tanto contribuíu a dignificar e a modernizar Roberto Vidal Bolaño. Debuxou coa súa voz, falou con máscaras, ...  máisEste libro pretende divulgar, dun xeito amplo e comprensible para todas as idades e intereses, as profesións vinculadas coa produción teatral, que tanto contribuíu a dignificar e a modernizar Roberto Vidal Bolaño. Debuxou coa súa voz, falou con máscaras, coa forza expresiva do corpo, dos ritmos populares, das técnicas audiovisuais, deseñou espazos onde concitou heroes e mitos do pasado ou desagraviados e silenciados do presente. Inconformista, polémico, ocupado en oficiar en cada función a máis fresca e vibrante liberdade da acción dramática. Esta obra amosa o que hai detrás dos fíos que crean a maxia inesgotable, eternamente transformadora, da arte do teatro.  menos
    - Autor: Roberto Pascual
    - ISBN: 978-84-9914-495-5
    - Categoría:
    - Editado por: Xerais
    - Lingua de publicación: Galego
  • O que fixemos en Galicia

    1 membro convocados por Alberte Momán Noval
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    O que fixemos en Galicia.Ensaio sobre o concepto de práctica xenocida Antonio Miguez Macho
    I Premio ex aequo de investigación Alexandre Bóveda
    - Autor: Antonio Miguez Macho
    - ISBN: 978-84-937090-0-6
    - Categoría:
    - Editado por: Difusora de Letras, Artes e Ideas
    - Lingua de publicación: Galego
  • Inmateriais

    3 membros convocados por herba
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Suso de Toro recolle en Inmateriais trinta narracións de vidas de galegos e galegas, de persoas que foron elixidas polo autor, tal e como explica no limiar, por seren «figuras que me interesaron ou nas que vin representadas as capacidades das persoas naci...  máisSuso de Toro recolle en Inmateriais trinta narracións de vidas de galegos e galegas, de persoas que foron elixidas polo autor, tal e como explica no limiar, por seren «figuras que me interesaron ou nas que vin representadas as capacidades das persoas nacidas neste país, os dilemas que se lles presentaron ante as circunstancias que viviu a Galiza no momento histórico que lles tocou vivir e tamén as posibilidades que se ofrecían en cada momento». Os textos de Inmateriais, armados coa recoñecida calidade literaria de Suso de Toro, achegan datos que permiten entrever as motivacións, os dilemas, os éxitos e fracasos das vidas destes homes e mulleres que influíron decisivamente no noso devir colectivo e encetan un particular debate sobre o que foi, o que puido ser e mais o que pode ser o noso país. Diego Xelmírez, Concepción Arenal, Antolín Faraldo, Rosalía de Castro, Pablo Iglesias, Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Castelao, Maruja Mallo, Carlos Velo, Gonzalo Torrente Ballester ou José Suárez, entre outras figura...    menos
    - Autor: Suso de Toro
    - ISBN: 978-84-9914-502-0
    - Categoría:
    - Editado por: Xerais
    - Lingua de publicación: Galego
  • Letras novas

    1 membro convocados por Alberte Momán Noval
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Cando a Asociación de Escritores en Lingua Galega naceu no ano 1980, canda á luz da palabra en liberdade acabada de estrear, asentou a súa fundación en tres piares básicos: traballar a prol da normalización do feito literario e do escritor e da escritora ...  máisCando a Asociación de Escritores en Lingua Galega naceu no ano 1980, canda á luz da palabra en liberdade acabada de estrear, asentou a súa fundación en tres piares básicos: traballar a prol da normalización do feito literario e do escritor e da escritora na Galiza, defender e reclamar a normalización plena da lingua galega e defender os intereses e dereitos dos socios e socias que a compoñen. Mais tamén hoxe comprendemos que é fundamental prendermos a semente das letras en vós, os máis novos, os depositarios actuais do facho da luz do saber, para así contribuírmos, desde a nosa humildade, á vosa formación como herdeir@s das voces de todo un tempo propio que xa foi, inzado de historia literaria, que é o mesmo que dicir historia cultural de seu, para que o acollades hoxe na vosa sabedoría para a súa (re)configuración de mañá, a partir das novas apostas dialécticas, temáticas, estilísticas e retóricas contemporáneas ao voso vivir. Porque o mañá aínda está por construír e a mellor obra aínda está por crear, a AELG q...    menos
    - Autor: VVAA
    - ISBN: 269146/07
    - Categoría:
    - Editado por: Asociación de Escritores en Lingua Galega
    - Lingua de publicación: galego
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra.

    1 membro convocados por Alberte Momán Noval
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Marilar Aleixandre, Lino Braxe, Ramón Caride Ogando, Francisco Castro, Antón Cortizas Amado, Lois Diéguez, María Pilar García Negro, Bernardino Graña, Emílio Xosé Ínsua, Xavier Lama, Lourdes Maceiras, Xosé Luís Martínez Pereiro, Alberte Momán, Xoán Neira,...  máisMarilar Aleixandre, Lino Braxe, Ramón Caride Ogando, Francisco Castro, Antón Cortizas Amado, Lois Diéguez, María Pilar García Negro, Bernardino Graña, Emílio Xosé Ínsua, Xavier Lama, Lourdes Maceiras, Xosé Luís Martínez Pereiro, Alberte Momán, Xoán Neira, Lucía Novas, Isidro Novo, Xavier Queipo, Henrique Rabuñal, X. H. Rivadulla Corcón, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel, Xosé Vázquez Pintor.
       
    - Autor: VVAA
    - ISBN: VG-1293-2005
    - Categoría:
    - Editado por: Asociación de Escritores en Lingua Galega
    - Lingua de publicación: Galego
  • Do estigma á estima

    1 membro convocados por Libraría Cartabón
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Valentina Formoso, autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase neste libro cal é o motivo que leva a que pasados trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística se sigan a oír, da boca dos falantes,...  máisValentina Formoso, autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase neste libro cal é o motivo que leva a que pasados trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística se sigan a oír, da boca dos falantes, afirmacións moi negativas arredor da lingua propia. E ademais de responder a esta cuestión, ofrece tamén alternativas co obxectivo de mudar a situación e de que se free a tendencia desgaleguizadora de hai décadas. Esta obra baséase en grupos de discusión con mozos e mozas de educación secundaria de distintos contextos galegofalantes que, debido ás actitudes que posúen cara ao seu propio idioma e ás normas de uso social que teñen interiorizadas, mudan do galego ao castelán en determinadas situacións e mesmo abandonan a súa lingua definitivamente. Cun estilo áxil e manexando argumentos rigorosos, a autora considera que cómpre mudar o imaxinario social do galego para que as persoas galegofalantes decidan conservar a lingua propia. Neste sentido, propón reformular ...    menos
    - Autor: Valentina Formoso Gosende
    - ISBN: 9788499144535
    - Categoría:
    - Editado por: Xerais
    - Lingua de publicación: Galego
  • O mundo que teño de meu

    1 membro convocados por Libraría Cartabón
    Valoración global: 0.0 de 5 0 votos
    Artigos en língua galega. Prensa e revistas 1930-1980 Este primeiro volume da obra de Álvaro Cunqueiro como articulista en língua galega abrangue desde as súas colaboracións en A NOSA TERRA e NÓS, e os artigos anteriores á Guerra Civil publicados no xorna...  máisArtigos en língua galega. Prensa e revistas 1930-1980 Este primeiro volume da obra de Álvaro Cunqueiro como articulista en língua galega abrangue desde as súas colaboracións en A NOSA TERRA e NÓS, e os artigos anteriores á Guerra Civil publicados no xornal EL PUEBLO GALLEGO, ata os publicados na posguerra en revistas coma NORDÉS e GRIAL. "O mundo que teño de meu" achéganos dun outro xeito, ás veces mesmo íntimo e confesional, ao seu mundo literario máis auténtico.  
    - Autor: Álvaro Cunqueiro
    - ISBN: 9788498654776
    - Categoría:
    - Editado por: Galaxia
    - Lingua de publicación: Galego
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • Seguinte »

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share