• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.



votos

Valoración global: 4.0 de 5
4 votos
 
2 membros leron o libro.
4 membros queren ler o libro.
0 membros non están interesados en ler o libro.
 

Fugaz coincidencia

  • Ficha do libro
  • Membros(2)
  • Fotos(2)
  • Enlaces(1)

Ficha do libro

  • Contemporánea

  • - Autor: José Estévez Lopéz
  • - ISBN: 978-84-939340-9-5
  • - Editado por: Redelibros
  • - Data de edición: 31 Xullo 2012
  • - Páxinas: 300
  • - Lingua de publicación: Galego


  • Os soños, soños son ou a realidade supera á ficción? Pode un cincuentón, viúvo, avogado e politicamente algo "pasota" convivir cunha rapaza de vinte e poucos, estudante de galego-portugués e nacionalista a rabiar?


    "De entrada debo confesar que a moza esta case me asustou. Pola súa linguaxe fresca, directa pero tamén dura, sen medias tintas… tan sincera que fire e… que aínda me intimida tamén polo seu nivel de politización, ideoloxicamente granítica, un punto máis alá, creo, do razonable".


    "Non che acabo de coller o punto, prométocho. Eu contigo quero sexo e non amor, meu neno parvo".





  • Queres anunciarte neste libro? Máis información aquí.

  •  

     

     

    .  

     

    .


    • Redelibros (owner)
    • 4.449 visitas totais
    • 3 membros
    • Última actualización 09 Setembro 2012
Este libro está nas bibliotecas de 2 membros.
  • Delia González Fariña Feira do libro en Compostela do 28 de Abril-6 de Maio Día 28. Sábado 12.45 Actuación da Banda de Música de Santiago de Compostela. 13.00 Inauguración oficial, coa participación da Asociación do Traxe Galego. Pregón inaugural a cargo de Víctor F. Freixanes. 18.00 Actividade infantil 19.00 Firma de exemplares do libro Historia de Santiago de Compostela, publicado por Vía Láctea Editorial. Participarán Mercedes López-Mayán, Beatriz Castro Díaz y Alfonso Iglesias Amorín, autores do libro. 20.00 Presentación do libro Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño. Xunto coa autora, participan no acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e María Xesús Nogueira, profesora de Filoloxía Galega na USC 21.15 Sorteo dun lote de libros. Día 29. Domingo 13.00 Actuación da Banda e Orquesta da Escola Municipal de Música do concello de Santiago. 18.00 Obradoiro de narración oral e contacontos a cargo do narrador senegalés Boniface Ofogo. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro O león Kandinga, publicado por Kalandraka Editora. 19.00 O renacer da literatura fantástica en galego: Urco editora e Contos estranos editora. Presentación das novidades das dúas editoras. 21.15 Sorteo dun lote de libros Día 30. Luns 18.30 Presentación Ponteceso 19.00 O escritor Xosé Neira Vilas presenta o seu libro 100 anos do himno de Galicia publicado por Edicións Embora. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares das súas obras. 20.00 Presentación do libro A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? de varios autores, coordinado polo xornalista Marcos Pérez Pena e publicado por 2.0 Editora. Participan no acto Marcos Pena, o editor, Antón Lado e varios dos autores da mesma. 21.15 Sorteo dun lote de libros. Día 1. Martes 18.00 Actividade para nenos. 19.00 Presentación dos libros Medievalario, de Fran Zabaleta e Mi padre comía botones, de Juan Sacha Full, editados por Redelibros. Participarán no acto os autores e un representante da editorial 20.00 Mesa redonda: Segredos da novela histórica, coa participación de Marcos Calveiro (autor de Settecento, Ed. Xerais), Pere Tobaruela (autor de Poñente, Ed. Xerais) e Fran Zabaleta (autor de Medievalario, Redelibros). Ao final do acto, os autores asinarán exemplares dos seus libros. 21.15 Sorteo dun lote de libros. Día 2. Mércores 19.00 Presentación do libro Por un común denominador. A esquerda da nación, de Martiño Noriega, publicado por 2.0 Editora. Participan no acto Martiño Noriega e o editor Manuel M. Barreiro. 20.00 Presentación do libro O silencio, de Mario Regueira, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial. 21.15 Sorteo dun lote de libros. Día 3. Xoves 18.00 Actividade infantil 19.00 Presentación dos libros Ruído de fondo, de Daniel Salgado e Os fillos do mar, de Pedro Feijóo, publicados por Edicións Xerais de Galicia. Acompañará aos autores Manuel Bragado Rodríguez, director xeral da editorial. Ao remate do acto, os escritores asinarán exemplares dos seus libros. 21.15 Sorteo dun lote de libros. Día 4. Venres 17.30 Actividade infantil. 19.00 Presentación do libro Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago,publicado por 2.0 Editora. Xunto cos autores, participa no acto o editor, Manuel Lado. 20.00 Presentación do libro Un pozo moi fondo, do doutor José Luís Iglesias Díaz, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Nieves Herrero, vogal de ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia) e o editor Francisco Castro. 21.15 Sorteo dun lote de libros. Día 5. Sábado 12.30 Presentación da colección Cociña infantil e familiar, da editorial Ouvirmos, coa celebración de cursos de cociña para nenos en horario de 12.30 a 14.00 horas, pola mañá e de 17.30 a 19.00 horas, pola tarde. 19.00 Presentación dos libros Iria, de Anxo Angueira e Transmuta, de Xabier Cordal, publicados por Edicións Xerais de Galicia. Acompañará aos autores Manuel Bragado Rodríguez, director xeral da editorial. Ao remate do acto, os escritores asinarán exemplares dos seus libros. 21.15 Sorteo dun lote de libros. Día 6. Domingo 18.00 Paula Carballeira e un representante de Kalandraka Editora presentan O principio, novo álbum desta autora e narradora, ilustrado por Sonja Danowski. Unha historia sobre a crueldade da guerra, cunha mensaxe de esperanza. 19.00 Sinatura do libro Almas opuestas, de Cristina Prieto Solano e Irene Castelos Cortizas, publicado por Ediciones Hades. 21.15 Sorteo dun lote de libros 21.30 Peche da Feira do Libro.
  • Patricia Mariño http://losrelatosdepatri.blogspot.com.es/2013/05/perdida-en-la-oscuridad.html
Ver todas as fotos

  • Por Redelibros
    17 Xullo 2012

  • Por Redelibros
    27 Xullo 2012

  • Galicia Confidencial :: Experimento narrativo nas fronteiras da novela
    Unha fiestra de información aberta a todos
    Publicado por XM Eyré Val 6 Xaneiro
Previo
Seguinte

Que hai de novo?

  • XM Eyré Val
    XM Eyré Val: E velaí tedes a crítica:
    Galicia Confidencial :: Experimento narrativo nas fronteiras da novela
    Galicia Confidencial :: Experimento narrativo nas fronteiras da novela
    Unha fiestra de información aberta a todos
    • 6 Xaneiro
  • Delia González Fariña
    Delia González Fariña engadiu á súa biblioteca o libro Fugaz coincidencia
    • 30 Decembro 2012
  • XM Eyré Val
    XM Eyré Val: Foi a miña lectura desta semana, cando saia a crítica xa a subirei...
    • 30 Decembro 2012
    • Fran Zabaleta gústalle isto
  • Redelibros
    Redelibros: Para que logo falen dos Autores Independentes! "Fugaz coinciencia", primeiro bestseller de Redelibros: acaba de saír a terceira reimpresión, só tres meses despois da súa saída!! Parabéns, José Estévez! 
    • 22 Decembro 2012
    • a muller do piano, Patricia Mariño, e maricarmen Rodríguez Lorenzo gústalles isto
    • Redelibros
      maricarmen Rodríguez Lorenzo Parabens
      • 22 Decembro 2012
    • Redelibros
      toni vazquez escudero carape...parabens.
      • 26 Decembro 2012
  • Patricia Mariño
    Patricia Mariño: Un libro orixinal, ben escrito, que en ocasións parece unha obra de teatro, en outras novela e incluso ten presencia a poesía. Pero aínda así non acabou de chegarme.
    • 08 Novembro 2012
    • Lectora gústalle isto
    • Patricia Mariño
      umberto saa Acabo de empezalo, e comeza ben.
      • 08 Novembro 2012
      • -
      • A 1 le gusta esto
    • Patricia Mariño
      Patricia Mariño Espero que che guste, é unha boa novela, pero é que a min non me chegou.
      • 08 Novembro 2012
  • Patricia Mariño
    Patricia Mariño engadiu á súa biblioteca o libro Fugaz coincidencia
    • 08 Novembro 2012
Ver máis
Cargando ...

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share