• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.



votos

Valoración global: 4.0 de 5
2 votos
 
1 membros leron o libro.
0 membros queren ler o libro.
0 membros non están interesados en ler o libro.
 

Os ausentes de Casteltón

  • Ficha do libro
  • Membros(2)
  • Fotos(1)

Ficha do libro

  • Contemporánea

  • - Autor: Jacobo Barros
  • - ISBN: 84-7824-479-4
  • - Editado por: Sotelo Blanco
  • - Data de edición: 30 Abril 2006
  • - Páxinas: 376
  • - Lingua de publicación: Galego


  •  

    Sinopse
    Esta novela retrata a vida dos mariñeiros galegos no Gran Sol, un mundo que só podía describir con autenticidade quen fora testemuña directa dos avatares do oficio tras compartir moitas mareas coas tripulacións de barcos de pesca galegos. Páxina a páxina, Jacobo Barros vai describindo as duras condicións de vida neste microcosmos, un mundo tremendamente reducido e pechado, poboado por personaxes que fluctúan entre o sentimento de derrota e a loita diaria por sobrevivir. A camaradería, a heroicidade dunha vida no límite, no gume sempre da supervivencia, son obxecto do interese do autor, que rende homenaxe aos mariñeiros galegos, os eternos ausentes, uns seres esquecidos polo mundo e conscientes do seu abandono.
    Os ausentes de Casteltón é froito da estreita relación do autor co mar, unha ollada realista e ao mesmo tempo cargada de sensibilidade e humor sobre o mundo da pesca en Galicia. Os temporais incesantes que fan dos barcos pesqueiros xoguetes no mar e as esgotadoras xornadas de traballo, prolongadas de maneira interminable pola progresiva falta de peixe, volven o día e a noite unha vixilia ininterrompida que fai dos homes a bordo “… sen a mínima queixa audible, unha tripulación de xestos autómatas intimamente aprendidos como o bater das ás para un insecto…”.
    Esta historia viva está narrada na fala dos mariñeiros galegos do Gran Sol; unha lingua chea de gheadas, seseante e musical, mesturada de neoloxismos e xiros propios do oficio que fan deste un vehículo de expresión totalmente xenuíno. É nesa lingua onde a nostalxia da casa, das mulleres, a dificil convivencia e a tenrura ás veces acadan a súa mellor expresión, unha lingua que seguirá viva mentras haxa peixes no mar



  • Queres anunciarte neste libro? Máis información aquí.


    • Libraría Cartabón (owner)
    • 247 visitas totais
    • 2 membros
    • Última actualización 04 Febreiro 2011
Este libro está nas bibliotecas de 2 membros.
  • Libraría Cartabón (owner) Hoxe último día da Feira do Libro de Santiago e o resultado nas ventas é que os cinco libros máis vendidos na miña caseta foron de autores de Redelibros. Estou máis que satisfeito!!
  • Agustín Agra
Ver todas as fotos

  • Por Libraría Cartabón
    04 Febreiro 2011

Que hai de novo?

  • Agustín Agra
    Agustín Agra engadiu á súa biblioteca o libro Os ausentes de Casteltón
    • 26 Maio 2012
Ver máis
Cargando ...

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share