• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.



Redelibros
  • Ver todo o blog

Categorías

  • Todas as categorías
  • Autores
  • Librerías colaboradoras
  • Máis vendidos
  • Outros
  • Redelibros

Etiquetas

    # #rede social #libros #Redelibros #beta #literatura #edición #buscador #melloras #troco #textos #novidade #presentación #autores #poesía #galego #galicia #autor #redelibreiros #cambios #Cultura #anuncios #traballo #venda #compra #editorial #Máis vendidos #librerías colaboradoras #Gálix #literatura infantil e xuvenil #Lois Pereiro #ganadores #concurso #microcontos #Quedada #Gaxate #librarías #colaboradores #banda deseñada #castelán. infantil e xuvenil #obradoiro #taller #Literatura Mínima #crítica #librerías #prensa #Tenda #Redepuntos #libros de balde #editoriais #televisión #relatos #Tenda de Redepuntos #enquisa #opcións #inédito #usuarios #rexistro #Días das Letras #Televisión online #lecturas #Autopublicación #Feira do Libro #premios #Ferradura en Tránsito #Blogues #novas culturais #rede #actualidade #doazón #redetenda #Urco editora #A Coruña #audiovisuais #Premios da Crítica #convocatoria #Concursos #Meubook #tempos dixitais #colaborador #entidades #autores independentes #servizos #Culturgal #certame #Ediciones Redelibros #publicar #mellores 2011 #Mellores #2011 #enquisas #arume xogal #Aira das Letras #Novidades #tendas en rede #Crowdfunding #talleres #escrita #Edicións Redelibros #aniversario

Arquivos

  • Maio 2013
  • Abril 2013
  • Xaneiro 2013
  • Decembro 2012
  • Novembro 2012
  • Outubro 2012
  • Setembro 2012
  • Agosto 2012
  • Xullo 2012
  • Xuño 2012
  • Maio 2012
  • 2012
  • 2011
  • 2010

I Certame de Relatos de Verán

  • Publicado por Redelibros 20 Xuño 2012 - Arquivado en Redelibros - #Redelibros  #concurso  #relatos  #certame  - 2.026 visitas

    O verán xa está aquí! Unha época perfecta para descansar, relaxarse e deixar voar a creatividade. E como diso sabemos que abunda na rede, aquí vai a nosa proposta estival:



    Redelibros

    convoca o 

    I Certame de Relatos de Verán



    BASES


    Requisitos. Poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos, de calquera nacionalidade. Cada autor poderá presentar un máximo de dous relatos, sempre que sexan orixinais e inéditos. As obras poden estar escritas en galego ou castelán e en forma narrativa. A extensión mínima dos relatos é de 4.000 matrices (caracteres con espazos) e máxima de 10.000 (entre 2 e 6 páxinas estándar).


    Temática. Evidentemente, o verán. As historias que saen á luz coa calor, as vacacións, o tempo de lecer. O verán urbano, o verán de praia, o verán na naturaleza. A vida despexada (ou non) da estación da calor.


    Presentación das obras. Para participar no certame, o/a autor/a deberá rexistrarse como usuario na Redelibros. Para presentar os relatos, deberá publicalos na sección "Textos" da rede social e seleccionar, no momento de facelo, a categoría "Relatos de verán" creada ao efecto.


    Votacións. Concordando coa filosofía participativa da rede, os relatos subidos serán votados e comentados por todos os usuarios de Redelibros que así o desexen mediante o sistema de valoración por estrelas que aparece na parte inferior de cada texto subido. Só entrarán na selección final os relatos que teñan un mínimo de cinco valoracións de usuarios. Por este método elixiranse os dez primeiros clasificados. Paralelamente, un xurado elixido por Redelibros seleccionará dous relatos máis (que poden coincidir ou non cos máis votados). O anuncio definitivo dos seleccionados farase 21 de setembro de 2012.


    Prazo de admisión. O prazo de admisión dos relatos comprenderá dos días 21 de xuño ao 31 de agosto de 2012. O prazo de votación comprenderá dende o mesmo 21 de xuño ata o xoves 20 de setembro.


    Premios. Os relatos seleccionados serán publicados por Redelibros nun volume en formato epub e distribuídos de balde na rede. O autor do relato que obteña a valoración máis alta por parte dos redelibreiros recibirá ademais un ereader (libro electrónico).


    Propiedade. Redelibros resérvase o dereito de edición e publicación da edición do volume seleccionado. Non obstante, os autores conservarán todos os dereitos sobre os seus traballos e serán libres de editar ou publicar os seus relatos de calquera outra forma ou con calquera outra editorial. No caso de que as obras premiadas sexan obxecto de posteriores publicacións, deberán levar en lugar visible a reseña de que foron Premio do I Certame de Relatos de Verán convocado por Redelibros.


    Organización. A organización resérvase o dereito de tomar iniciativas non reguladas nestas bases, sempre que considere que poden contribuír a un maior éxito do certame.


    En Galiza, a 20 de xuño de 2012


    Anímate a participar!



    Concurso verán.jpg



    E aquí tedes o ereader do premio, nada menos que un 


    Papyre Alex S


    cedido por GRAMMATA


    Papyre-6S-Alex-.jpg



7 comentarios
  • A 13 persoas gústalles
  • Ver máis comentarios
  • Eladio Bernabé Fernández Rodríguez
    Eladio Bernabé Fernández Rodríguez Eu teño o cervantes 2, considero todo unha psada a cantidad de lbros que pode coller nese trebello
    20 Setembro 2012
  • RuAn
    RuAn Xa se coñece o gañador? Sexa quen sexa. Parabéns :)
    23 Setembro 2012
  • Redelibros
    Redelibros RuAn, xa publicamos unha entrada de blog de Redelibros cos relatos gañadores...
    23 Setembro 2012
  • RuAn
    RuAn OUCH! Ala vou. Grazas
    23 Setembro 2012

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share