• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.





Redelibros
  • Ver todo o blog

Categorías

  • Todas as categorías
  • Autores
  • Librerías colaboradoras
  • Máis vendidos
  • Outros
  • Redelibros

Etiquetas

    # #rede social #libros #Redelibros #beta #literatura #edición #buscador #melloras #troco #textos #novidade #presentación #autores #poesía #galego #galicia #autor #redelibreiros #cambios #Cultura #anuncios #traballo #venda #compra #editorial #Máis vendidos #librerías colaboradoras #Gálix #literatura infantil e xuvenil #Lois Pereiro #ganadores #concurso #microcontos #Quedada #Gaxate #librarías #colaboradores #banda deseñada #castelán. infantil e xuvenil #obradoiro #taller #Literatura Mínima #crítica #librerías #prensa #Tenda #Redepuntos #libros de balde #editoriais #televisión #relatos #Tenda de Redepuntos #enquisa #opcións #inédito #usuarios #rexistro #Días das Letras #Televisión online #lecturas #Autopublicación #Feira do Libro #premios #Ferradura en Tránsito #Blogues #novas culturais #rede #actualidade #doazón #redetenda #Urco editora #A Coruña #audiovisuais #Premios da Crítica #convocatoria #Concursos #Meubook #tempos dixitais #colaborador #entidades #autores independentes #servizos #Culturgal #certame #Ediciones Redelibros #publicar #mellores 2011 #Mellores #2011 #enquisas #arume xogal #Aira das Letras #Novidades #tendas en rede #Crowdfunding #talleres #escrita #Edicións Redelibros #aniversario

Arquivos

  • Maio 2013
  • Abril 2013
  • Xaneiro 2013
  • Decembro 2012
  • Novembro 2012
  • Outubro 2012
  • Setembro 2012
  • Agosto 2012
  • Xullo 2012
  • Xuño 2012
  • Maio 2012
  • 2012
  • 2011
  • 2010

Redelibros Televisión, precisamos da vosa axuda!

  • Publicado por Redelibros 08 Setembro 2011 - Arquivado en Redelibros - #Cultura  #televisión  #audiovisuais  - 616 visitas

    Online.jpgBoas de novo!


    Se pensabades que vos iamos deixar descansar, témome que non... Algúns teredes visto que no último proceso de actualización apareceu durante algún tempo un enlace desde o menú principal a unha páxina: Redelibros Televisión.

    Pero agora xa non está. Decidimos quitalo... polo de agora. Porque había algún detalle que puír, pero sobre todo porque queremos pedirvos a vosa colaboración. E é que, aínda que contamos con algún "material", non é suficiente.

    E aí é onde entrades vós. O obxectivo de Redelibros Televisión, tal e como o vemos, é ofrecer coobertura aos acontecementos culturais do país: presentacións de libros, feiras, recitais, etc. E, tamén, achegar os escritores, ilustradores, tradutores, editores, libreiros, bibliotecarios e demais aos lectores.

    Así que esta é a nosa proposta: quen quere converterse en reporteiro de Redelibros Televisión? Apetécevos colaborar? Gustaríanos contar convosco para que nos enviásedes vídeos de entrevistas, creativos, reflexións gravadas sobre unha obra ou calquera outro audiovisual que se vos poida ocorrer. Se, por exemplo, asistides a unha presentación, por que non gravala e enviárnola? (Basta co móbil, asegurámosvolo, é o que utilizamos nós para gravar algunha das presentacións que vistes, e con calidade máis que decente). Se ledes un libro que vos chama especialmente a atención, por que non comentalo nun vídeo? Se coñecedes a algún autor, animádesvos a facerlle unha entrevista? Se sodes autores vós mesmos, por que non falar do voso traballo nun audiovisual? Se preparastes o booktrailer dun libro, a que esperades para enviárnolo?

    Como vedes, as opcións son moitas. E, entre todos, estamos seguros de que conseguiremos unha televisión viva, interesante, dinámica e, sobre todo, moi nosa.

    Outra proposta máis: moitos levades meses connosco, participades activamente na rede, sodes parte integrante desta casa común. Quen se anima a gravar un pequeno "anuncio" sobre Redelibros? Pode ser moi breve, uns segundos, ou tan longo como queirades. Trátase de dicirlle ao mundo que é Redelibros... ou que é Redelibros para vós. Lanzádesvos á aventura?

    Aqueles que queirades colaborar, ben porque teñades xa algún audiovisual, ben porque esteades pensando en gravar algún acto, poñédevos en contacto connosco a través do noso correo habitual (tédelo abaixo, en "contacto") ou escribindo a redelibros@redelibros.com.


    Grazas unha vez máis, redelibreir@s!

4 comentarios
  • A 9 persoas gústalles
  • xb viana
    xb viana É unha boa idea.... para empezar, familiarizar, etc. Supoño que o obxectivo final debería ser unha canle tv online (video stream) especifica.Un espazo onde reunir nun programa semanal o resume das actividades de interese, entrevistas con autores, transm...  máisÉ unha boa idea.... para empezar, familiarizar, etc. Supoño que o obxectivo final debería ser unha canle tv online (video stream) especifica.Un espazo onde reunir nun programa semanal o resume das actividades de interese, entrevistas con autores, transmisión de eventos online, que ademáis sería accesible a todo o público interesado.  
    08 Setembro 2011
  • Fran Zabaleta
    Fran Zabaleta Si, viana. Un espazo propio en streaming, con retransmisión en directo cando se poida e un repositorio de vídeos para consultar cando se queira. Todo con baixo presuposto, claro... :-) (Ben, como todo neste país, por outra banda, alomenos cando a que tira...  máisSi, viana. Un espazo propio en streaming, con retransmisión en directo cando se poida e un repositorio de vídeos para consultar cando se queira. Todo con baixo presuposto, claro... :-) (Ben, como todo neste país, por outra banda, alomenos cando a que tira é a iniciativa privada!)  
    08 Setembro 2011
  • Fernando Miranda Calo
    Fernando Miranda Calo Eu non son moi fotoxenico pero anque sexa cun pasamontañas até os pes haberá que tentar algo ;-)
    08 Setembro 2011 - A 3 gústalles isto
  • maricarmen Rodríguez Lorenzo
    maricarmen Rodríguez Lorenzo Penso que unha idea excepcional, encantaríame¡¡¡
    21 Outubro 2011

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share