

A revista de Redelibros está en marcha. Nas súas primeiras fases, pero xa estamos traballando... E precisamos da vosa axuda.
Decidimos dedicar este primeiro número aos creadores que están empezando: narradores, ilustradores, poetas... A idea é ofrecer un panorama xeral de novos valores, seleccionar aos autores inéditos ou noveis máis interesantes e presentarvos o seu traballo, as súas procuras, as súas loitas por darse a coñecer.
Por iso necesitamos a vosa axuda: se sodes autores, para que nos mostredes o voso traballo; se non o sodes, para que nos suxirades os nomes dalgún que coñezades. De entre todos, seleccionaremos aos que consideremos máis representativos, innovadores ou interesantes para presentárvolos na revista.
Aqueles que esteades interesados, enviádenos un correo a editorial@redelibros.com. Se sodes autores, por favor, enviádenos tamén algunha pequena mostra do voso traballo.
Bótadenos unha man!