
Interesante mes. Fixádevos nos primeiros da categoría Xeral galego e Xeral castelán... Algo está a moverse neste país? En calquera caso, mes curioso tamén en castelán, onde triunfan por primeira vez as obras de non ficción sobre a ficción: catro de cinco, aí es nada... Será que o mercado editorial está agardando pola feira do libro do 23 de abril para lanzar as súas estrelas literarias do ano?
En galego, por outra banda, é destacable a persistencia nos primeiros postos da última obra de Manuel Rivas, xa van tres meses nestas listas, e o segundo do clásico de Neira Vilas, recuperado nunha fermosa edición conmemorativa por Galaxia. E, como non agora que nos achegamos ao Día das Letras Galegas, a poesía completa de Lois Pereiro, o autor homenaxeado deste ano...
Os máis vendidos de marzo 2011
Xeral galego
1. Indignádevos!, Stéphane Hessel
2. Todo é silencio, Manuel Rivas
3. Memorias dun neno lagrego, Xosé Neira Vilas
4. Lois Pereiro, poesía completa, Lois Pereiro
5. Cabalo de Ouros, Víctor Freixanes
Xeral castelán
1. ¡Indignaos!, Stéphane Hessel
2. El ángel perdido, Javier Sierra
3. El método Dukan ilustrado, Pierre Dukan
4. Excusas para no pensar, Eduardo Punset
5. No consigo adelgazar , Pierre Dukan
Banda Deseñada (galego e castelán)
1. Naruto 51, Masashi Kishimoto
2. Lobezno 63, Marjorie Liu
3. Los Muertos Vivientes 13, Robert Kirkman
4. Invencible Iron Man vol II 2, Matt Fraction
5. Astonishing X-Men vol III 12, Warren Ellis
Infantil e xuvenil (galego e castelán)
1. Resalgario, Antonio Reigosa
2. O meu gato é un poeta, Fran Alonso
3. El tesoro de hielo, Tea Stilton
4. A cripta do Apóstolo, Pere Tobaruela
5. La cruda realidad, Jeff Kinney