Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Autoedición
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Autores Redelibros
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.
Edicións Redelibros e os Autores Independentes queremos celebrar por todo o alto a festa das nosas letras. Por iso, os días...
17, 18 e 19 de maio
... poderás descargar moitas das obras da nosa editorial completamente de balde en formato dixital a trav&e...
Boas, redelibreiras e redelibreiros!
Un ano máis, comezan as feiras do libro na nosa terra. E, un ano máis, Redelibros e os Autores Independentes estaremos percorrendo a xeografía galega. Desta volta cunha caseta que compartiremos coa libraría Cartabón e que, xa a...
A pasada semana, gozamos da presenza de Juan Carballo e Ramón Núñez na libraría Cartabón e tivemos ocasión de viaxar na súa máquina do tempo. Un espectáculo cheo de vida, fermoso e emocionante, unha manchea de cancións, poemas e s...
Sabémolo: demorámonos moito máis do desexable. Somos conscientes de que moitos de vós estabades agardando por este volume, e que a espera xa se facía longa de máis. Pero, finalmente...
... xa está aquí o libro do certame de relatos de...
¡Boas! Hoxe traémosvos un agasallo de aninovo dunha redelibreira, Paula Merlán, autora dun fermoso libro de literatura infantil...
¡Esto no es una fábrica de sonrisas!
Paula acaba de enviarnos un exemplar para a redetenda, para poñer a di...
Un ano máis, tras votación popular, toca facer a solemne proclamación dos que son, para todos vos, os máis destacados deste 2012. Grazas a tod@s por participar e parabéns aos seleccionados, de seguro teñen méritos dabondo!
Os máis destacad...
Pois xa están feitas e recollidas as vosas propostas, así que agora toca votar. Tedes ata o 25 de decembro para elixir aos vosos favoritos máis destacados do 2012. Como son unha morea de opcións, aquí abaixo vos deixamos cos links as diferentes enquisas.
1. Edit...
A literatura, máis viva que nunca, fúndese con outras disciplinas para chegar ao público
• Luís Tosar, Ignacio Escolar, Teresa Moure e Agustían Fdz Paz, entre outros moitos, compartirán Conversas de Salón con xornalistas cultur...
Un ano máis, xa temos o Culturgal as portas. Celébrase os días 30 de novembro, 1 e 2 de decembro en Pontevedra. E un ano máis, Redelibros colabora coa organización da maior feira das industrias culturais galegas. A partires do venres 30 de novembro, nos encargaremo...
Onte foi un día especial. E pasámolo moi ben, primeiro na Libraría Cartabón, e despois no local The Movie, onde fomos tomar uns viños e gozar da conversa. Houbo de todo, como ten que ser: momentos para o recordo e momentos para a gargallada. Dende unha emotiva...