• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.





Puri Ameixide
  • Ver todo o blog

Categorías

  • Todas as categorías
  • Autores
  • Bibliotecas
  • Outros

Etiquetas

    # #libros #lectura #citas #bibliotecas #conmemoracións #Rusia #sociedade #crítica literaria #Animación a lectura #recursos para bibliotecas #setas #cociña #outono

Arquivos

  • Maio 2013
  • 2012
  • 2011
  • 2010

Citas citables

  • Publicado por Puri Ameixide 08 Decembro 2010 - Arquivado en Bibliotecas - #  #citas  #Animación a lectura  #recursos para bibliotecas  - 572 visitas

    Estou recopilando citas sobre os libros, a lectura, as bibliotecas e todo o que teña relación con esta actividade que compartimos. Non todas as que vou atopando son perlas de sabedoría, hai de todo, moitas afirmacións que aquí aparecen non as comparto, outras son demasiado similares, algunhas son de dubidosa autoría. Pero a maioría poden ser útiles e está ben reunilas e ordealas gardándoas como posíbel recurso para decorar librarías, bibliotecas, aulas, estampar camisetas e outros agasallos, elaborar calendarios, marcalibros, etc.
    Convídovos, por suposto, a utilizalas, corrixir algunha que poida estar mal,
    engadir as que atopedes por aí, etc.

    Adolfo Bioy Casares Creo que parte do meu amor á vida llo debo ao meu amor aos libros.
    Alberto ManguelToda biblioteca é unha biblioteca de preferencias,
    e toda categoría elixida implica unha exclusión.
    Alberto Manguel
    Unha sala configurada conforme a categorías artificiais,
    como é o caso dunha biblioteca, suxire un universo lóxico,
    un "universo xardín-de-infancia", onde todo ten o seu sitio e a súa definición procede do sitio que ocupa.
    Alberto Manguel
    Sexa cal for a clasificación elixida, toda biblioteca tiraniza o acto de ler e obriga ao lector- ao lector curioso, ao lector atento- a resgatar o libro
    da categoría á que foi condenado.
    Amadou Hampâté Bâ
    En África, todo ancián que morre é unha biblioteca que arde.
    Arthur Schopenhauer
    Sería bo mercar libros, se se puidese mercar tamén o tempo para lelos; pero case sempre se confunde a compra dos libros
    coa apropiación do seu contido.

    Baltasar Gracián
    Algúns estiman os libros pola súacorpulencia, como se fosen escritos para exercitar os brazos e non os enxeños.
    Benjamin Franklin  
    Carecer de libros propios é o colmo da miseria.

    Bertrand Russell
    Unha vida entre libros posúe unha calma e unha paz moi grandes. Aínda que é certo que nos sentimos atafegados por unha fame terrible
    de algo menos tenue, aforramos o remordemento e o horror e a tortura
    e o enloquecedor veleno do arrepentimento.
    Blaise Pascal
    Os mellores libros son aqueles que as persoas que os len pensan
    que  tamén elas podían telos escrito.
    Charles Lamb
    Xeralmente lese para dicir que se leu.
    Charles Lamb
    Gústame extraviarme a min mesmo a través doutras mentes.
    Cando non estou pensando, estou lendo. Son incapaz
    de sentarme e porme a pensar. Os libros pensan por min.
    Cicerón
    Se tes unha biblioteca ao lado dun xardín, xa o tes todo.
    Daniel Pennac
    Estamos habitados por libros e por amigos.
    Daniel Pennac
    O verbo ler non soporta o imperativo.
    Descartes
    Os malos libros provocan malos costumes
    e os malos costumes provocan bos libros.
    Emilio Lledó
    Ler é romper coa monotonía do noso propio discurso, ás veces
    tan empobrecido, encher de aire novo a mente con todo o que se escribiu;
    a literatura é a verdadeira xoia da humanidade. Unha biblioteca é por iso
    memoria, diálogo e luz, un estímulo constante
    para exercer a pura alegría de ler.
    Emily Dickinson
    Non hai mellor fragata que un libro para levarnos a terras afastadas.
    Ernest Hemingway
    Toda a literatura americana moderna parte dun libro de Mark Twain titulado "Huckleberry Finn". Antes non había nada. Non houbo nada bo desde entón.
    Ernest Hemingway
    Para un auténtico escritor, cada libro debería ser un novo comezo
    no que el intenta algo que está máis aló do seu alcance.
    Esther Tusquets
    Deixas libros no coche e ninguén chos rouba, anque estea aberto.
    Francisco de Quevedo  
    Hai libros curtos que, para entendelos como merecen,
    cómpre unha vida moi longa.
    Franz Kafka
    A literatura é sempre unha expedición á verdade.
    Gabriel García Márquez
    O escritor escribe o seu libro
    para explicarse a si mesmo o que non se pode explicar.
    Gabriel García Márquez
    Nunca releo os meus libros, porque me dá medo.
    Graciela Montes
    A biblioteca é o lugar natural do lector (...) Física e virtualmente
    unha biblioteca é unha gran trama de mundos entrelazados de mil xeitos,
    un labirinto de corredores, estantes e sitios alternativos
    que ofrecen non un camiño -un método- senón infinitos camiños. 
    Graciela Montes
    O aire non entra pola súa conta nos nosos pulmóns,
    é o baleiro que se fai nos pulmóns o que arrastra cara adentro o aire.
    Coa lectura é igual, ten que haber un baleiro que se encherá lendo.
    Se o baleiro non está, de nada vale empuxar cara adentro a lectura.
    Esa é a condición previa. O baleiro: metaforicamente, a pregunta, o que non se sabe, o que a un lle falta. 
    Graciela Montes
    A biblioteca, como institución, segue sendo o sitio
    onde mellor aprender a ser un lector pleno e avisado, un sitio non tanto para atopar respostas
    senón para aprender a formularse preguntas. 
    Groucho Marx
    Creo que a televisión é moi educativa. Cando alguén a acende
    voume a ler un libro. 
    Groucho Marx
    Fóra do can, o libro é o mellor amigo do home. Dentro do can,
    quizá estea moi escuro para ler. 
    Guillermo Castán Lanaspa
    Unha biblioteca aberta é aquela capaz de servir a obxectivos plurais:
    curriculares e non curriculares, académicos, educativos e culturais;
    capaz de compensar ou polo menos paliar as desigualdades sociais no acceso á cultura e aos instrumentos que posibilitan o éxito escolar.
    Helen Keller
    A literatura é a miña Utopía. Non hai barreira de sentidos
    que me poida quitar este pracer. Os libros fálanme
    sen impedimentos de ningunha clase.
    Hilario Hernández
    É na rede de bibliotecas dun país onde se concreta de xeito específico
    a acción da sociedade para favorecer e estender a práctica da lectura
    en todos os sectores da poboación.
    Hilario Hernández
    A existencia dunha boa rede de bibliotecas aparece asociada aos índices
    máis altos de hábitos de lectura que se rexistran en moitos países europeos.
    Honoré de Balzac
    Un libro fermoso é unha vitoria gañada
    en todos os campos de batalla do pensamento humano. 
    Jean-Paul Sartre
    O mundo ben podería existir sen a Literatura... e incluso mellor sen o Home!
    John Fitzgerald Kennedy  
    Amar a lectura
    é trocar horas de fastío por horas de inefable e deliciosa compañía. 
    Jorge Luís Borges
    Ordenar unha biblioteca é unha maneira silenciosa de exercer a arte da crítica. 
    Jorge Luís Borges
    Hai quen non pode imaxinar un mundo sen paxaros; hai quen non pode
    imaxinar un mundo sen auga; pola miña parte son incapaz
    de imaxinar un mundo sen libros.
    Jorge Luís Borges
    Quizá me enganen a vellez e o temor, pero sospeito que a especie humana
    -a única- está por extinguirse e que a Biblioteca perdurará:
    iluminada, solitaria, infinita, perfectamente inmóbil.
    Armada de volumes preciosos, inútil, incorruptible, secreta.
    José Antonio Millán
    Agora sabemos que quen desde o sistema educativo e as editoriais,
    desde os fogares e bibliotecas loitaban pola lectura, estaban tamén traballando pola sociedade da información e o coñecemento: antes de que existise. 
    José Manuel Caballero Bonald
    A afección a ler xenérase, normalmente, a través dunha serie
    de espontáneos estímulos educativos.
    José Vasconcelos
    Un libro, como unha viaxe, comézase con inquietude
    e termínase con melancolía.
    Juan Delval
    A lectura é a chave que nos abre un mundo infinito de fantasías
    que nos transportan a mundos posibles
    en que non só aprendemos sobre a vida, senón que nos estimula a pensar.

    Louisa May Alcott
    É un bo libro aquel que se abre con expectación e se pecha con proveito. 
    Mariano Coronas
    Cando alguén le un libro ou unha revista xa non é igual a como era antes
    da lectura. Con frecuencia, esa lectura abre a nosa imaxinación,
    achega novas referencias ou sorprendentes desvaríos e axúdanos a desenvolver novas ideas.
    Mariano Coronas
    Un entra un día na biblioteca e sen saber como atopa nun recuncho,
    sobre unha mesa, algúns libros que descoñecía. E tócaos, cólleos, chéiraos,
    ábreos e mira con avidez o seu contido...
    Mario Vargas Llosa
    Igual que escribir, ler é protestar contra as insuficiencias da vida.
    Mario Vargas Llosa
    Toda novela é un testemuño cifrado; constitúe unha representación do mundo, pero dun mundo ao que o novelista engadiu algunha cousa: o seu resentimento, a súa nostalxia, a súa crítica.Michel de Montaigne
    Os libros son o mellor viático que atopei para esta humana viaxe.
    Miguel Angel García Herrera
    A literatura regálache a sabedoría das vidas dun sen número de autores
    e personaxes marabillosos, sen o molesto inconveniente
    de teres que morrer cada vez.
    Miguel Angel García Herrera
    O demo non sabe máis só por vello,
    asegúroche que ten varios libros no andel do inferno. 
    Miguel de Cervantes
    Non hai libro tan malo que non teña algo bo.
    Miguel de Unamuno
    Canto menos se le, máis dano fai o que se le.
    Montesquieu
    O estudo sempre foi para min o remedio soberano contra o fastío da vida, e tan só sentín pena porque me quitasen unha hora de lectura.
    Mpalzutsa
    As bibliotecas escolares son o fundamento e á vez a pedra angular
    de todos os demais tipos de biblioteca. 
    Oscar Wilde
    A diferenza entre literatura e xornalismo é
    que o xornalismo é ilexible e a literatura non é lida.
    Oscar Wilde
    Non hai libros morais nin inmorais. Os libros están ben escritos ou non o están.
    Paul Valéry
    Os libros teñen os mesmos inimigos que o home. O lume, a humidade,
    os animais, o tempo e o seu propio contido.
    Pío Baroja
    A literatura non pode reflectir todo o negro da vida. A razón principal
    que a literatura escolle, e a vida non.
    Pío Baroja
    Unha novela longa será sempre unha sucesión de novelas curtas.
    Ralph Waldo Emerson
    O talento só non basta para facer un escritor. Detrás do libro
    debe haber un ser humano.
    Ralph Waldo Emerson
    Todo libro que foi botado á fogueira ilumina ao mundo.
    Ray Bradbury
    Hai peores cousas que queimar libros, unha delas é non lelos.
    Ray Bradbury
    Só hai dúas cousas coas que un se pode deitar: unha persoa e un libro.
    Ray Bradbury
    Sen bibliotecas, que nos quedaría? Non teriamos pasado nin futuro.
    Ricardo León
    Os libros ensináronme a pensar, e o pensamento fíxome libre.
    Rubén Darío
    Un bo libro é o mellor dos amigos, o mesmo hoxe que sempre.
    Séneca
    No es preciso tener muchos libros, sino tenerlos buenos.
    Susan Sontag
    A literatura é liberdade.
    Thomas Carlyle
    A verdadeira universidade de hoxe en día é unha colección de libros.
    Tomás Kempis
    Teño buscado por todas partes a calma
    e non a atopo máis que nun recuncho apartado, cun libro nas mans.
    Umberto Eco
    Hai libros que son para o público, e libros que fan o seu propio público.
    Umberto Eco
    O mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le.
    Woody AllenFixen un curso de lectura rápida e lin "Guerra e Paz" en vinte minutos:
    trata de Rusia.
    ........................................
    Sen autor coñecido:Sinopse de  "Fahrenheit 451": Ler impide ser inxenuamente feliz.
10 comentarios
  • A 9 persoas gústalles
  • Ver máis comentarios
  • XM Eyré Val
    XM Eyré Val

    Se pasas pola miña bitácora ( Ferradura en tránsito) poderás atopar un corpo xeitoso de subliñados e sentenzas.

    14 Decembro 2010
  • Puri Ameixide
    Puri Ameixide

    A de Descartes é xenial, Maio, botei unhas risas ben boas con ela, queda engadida. Felicidades XM pola túa bitácora, pareceume moi interesante.

    15 Decembro 2010
  • Lemaga
    Lemaga Parabéns. paréceme unha interesante aportación e gustaríame contar coa túa autorización para utilizala en contextos escolares e bibliotecarios e citando AUTORÍA da escolla.
    09 Febreiro 2011
  • Puri Ameixide
    Puri Ameixide Pois claro que podes utilizalo, para iso está! Unha aperta.
    09 Febreiro 2011

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share