Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.
Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.
Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”
Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.
Autoedición
Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.
Autores Redelibros
Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.
Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.
Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.
Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.
Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.
Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.
Se alguén pretende facer unha lista de autores de banda deseñada en Galicia, non ten outra opción que comezar por Miguelanxo Prado. E é que en cada conversa, discusión, charla sobre a banda deseñada galega o ...
A propósito de A pregunta perfecta 1
Este texto, con algúns engadidos e modificacións, apareceu publicado na revista ATrabe de Ouro, número 88 (xaneiro-marzo de 2011) páxinas 121-128. Pretendeu e pretende ser una r...
Ultimamente unha tradución miña (de Resurrección, de Lea Tobery, publicada por Xerais, 2011) foi obxecto de dúas críticas lingüísticas (pódense ver aquí e aquí). Recoñez...
Vemos unha paisaxe cargada de desolación. As ruínas dunha vella cidade son devoradas lentamente pola vexetación, que trepa polos muros, que roe nos cimentos. A choiva cae, imperturbable, como sempre caeu por esas latitudes. Sobre u...
A miña experiencia como lector
Engaiolar, atraer, entusiasmar, asombrar, abraiar, pasmar son verbas que veñen á mente cando lembro aquelas coleccións da miña nenez (colección Historias, de Editorial Molino) q...
Di unha curmá de meu que son unha muller pegada a un libro. Si, como tantas outras mulleres e homes que teñen na lectura un dos seus praceres predilectos. Cando isto sucede, os libros convértense en chanzos da memoria e os textos...
Debuxo dende que era moi pequeño. Recordo toda a vida diante dun papel e cun lapiceiro na man. Cando era un rapaz, usaba os rollos de papel continuo das antigas máquinas de escribir para facer debuxos rápidos. Cortaba o cacho d...
Daquelas que cantan ás pombas i as frores,
Todos din que teñen alma de muller.
Pois eu que n´as canto, Virxe da Paloma,
¡Ai!, ¿de qué a terei? (…)... máisDaquelas que cantan ás pombas i as frores,
Todos din que teñen alma de muller.
Pois eu que n´as canto, Virxe da Paloma,
¡Ai!, ¿de qué a terei? (…)
Rosalía de Castro
A realidade literaria metamorfosea á velocidade do alustro. Os sistemas literarios, como circuítos engrenaxe polos que esvara o produto escrito, a mercadoría da verba, mutan en procesos víricos endémicos que recon...