• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.



Concha Blanco Blanco 1 article
  • All Submitter Articles
Compartir Informe

Related Articles

  • CR21. Por que non son un autor
    por reimondez
  • CR09. Os libros e o seu traizoeir...
    por marilar Aleixandre
  • CR14. A lectura como espazo privado
    por Fina
  • CR12. A televisión, a literatura ...
    por Miguel Vázquez Freire
  • CR08. Lingua, literatura, o traxe...
    por Reigosa
  • Article Home Page »
  • Examinar artigos »
  • Literatura

CR20. Sen data de caducidade

  • Publicado por Concha Blanco Blanco
  • 25 Abril 2011 16:00:58 CEST
  • 0 comentarios
  • 878 visitas

Os gatos, desde o comezo da historia, foron moi estimados pola civilización, por diferentes razóns. Matar un gato podía levar unha pena de longa cadea. Sen embargo na Idade Media os gatos perderon este prestixio pola superstición, a bruxería e a maxia negra e culpábanse de moitas desgrazas.

No medio rural fan un grande  labor cando son rateiros, protexendo o gran logo da colleita. A min gústanme  os gatos. É o meu animal preferido. Tenros e ariscos a un tempo, valentes, libres, autónomos.

Isto que estou redactando non é un monográfico sobre micos. Só quero dicir que os gatos nacen cos ollos pechados e ábrenos entre os nove e os once días. Pola contra, as persoas non os abrimos nun período tan curto de tempo aínda que as pálpebras estean separadas desde que saímos do ventre das nosas nais. É un engano. Uns ábrenos de pequenos, outros na adolescencia, na idade adulta… e o máis grave é que  os hai que non os abren nunca. Isto, máis que grave é unha mágoa. Refírome ao acto da lectura, que consegue individuos críticos e creativos, capaces de comunicárense de xeito democrático e libre.

O primeiro libro meu tiña como protagonista un gato, libro agasallo de Dna. Amparo, unha mestra noviña da Coruña que chegou á escola de Lires, no concello de Cee. Dna. Amparo era unha moza delgada e alta, de pel branca e suave, tan delicada aparentaba que semellaba un xerro de cristal fácil de esnaquizarse ao tocala. Esa era a nosa percepción, porque ela sempre andaba rodeada de todos os nenos e nenas da parroquia que eramos unha tropa. Eladia, a mestra de Memorias dun neno labrego, habíase parecer a ela, só que aquela falaba galego.

Pois Dna. Amparo, coñecedora do meu gusto por saber a través da lectura, veu un día cun libro para min, El gato con botas, mercado na cidade herculina. Confeso que aquel libro me cativou.

Un día, un pobre molinero, sintiendo que muy pronto iba a morir, hizo llamar a su hijo.

—Hijo mío  —le dijo—, yo no puedo dejarte en herencia ni tierras ni bienes, pero te dejo un buen amigo: el gato. Es muy fiel y si tú le tratas bien, será siempre tu amigo.

Aquel día moito me rendeu a escola. Estaba nela só físicamente. Aqueles dous parágrafos, os únicos que puiden ler ás agachadas, xa me petaban nas tempas con preguntas dos sete anos para lle facer a miña nai.

—Mamá, e logo na cidade hai muíños? E por onde van os ríos que os moven? E tamén hai terras para plantar? E por que ía morrer o pai? Que quere dicir “fiel”, mamá?

E mamá deu resposta aos meus interrogantes e explicoume que por falar castelán naquel conto, as historias non tiñan por que seren exclusivas das cidades, tamén podían ocorrer na aldea.

—Pero falar galego é exclusivo da aldea —afirmei logo de preguntarlle que significaba “exclusivo”.

—¡Auxilio! ¡Ladrones! ¡Han robado los vestidos a mi señor y lo han arrojado al lago! ¡Auxilio! ¡El marqués de Carabás se ahoga! ¡AUXILIOOO!

—Mamá. O gato con botas era bo? E o fillo do muiñeiro tamén? Pero dicían mentiras!

E así foi como, no meu caso, fun abrindo os ollos aos pouquiños.

Tiven a sorte de que na miña casa da aldea había unha muller lectora, a señora María, miña nai, que sendo eu moi pequeniña converteume nunha lectora de oído. Ela lía para min cunha entoación tan plástica que eu podía sentir os paxaros piando no niño, a fada madriña tocándome coa súa vara máxica ou a man negra amosando tras a cortina do meu cuarto.

Pasei pronto a elixir o que quería ler dentro da pouquísima variedade á que tiña acceso. Descubrín que todo o relacionado con heroes e máis aínda con mulleres heroínas eran os meus textos preferidos.

 



Juana de Arco. “¡Juana, Juana de Arco, escúchame bien! ¡Estás llamada a realizar hazañas maravillosas! ¡El Señor te ha escogido para salvar a Francia!”

Xa chegou o tempo de non acudir a miña nai con interrogantes. Eu podía, co aprendido, sacar as miñas propias conclusións. Atraíame o misterio, o mundo dos espíritos, o Alén…

Pero onde estaban as biografías das mulleres importantes? E as personaxes femininas que solventaban todos os atrancos?

Na Enciclopedia Álvarez podía atopar relatos impresionantes de personaxes históricos, escritores, científicos… Pero onde estaban as mulleres relevantes? Só podía achar santas. Procuraba dar con elas coma unha forma de complicidade e non era doado. Pouco crible, pero fascinante a vida de santa Casilda:

—¿Qué llevas ahí?

—Llevo rosas.

Abrió su delantal y, en efecto, los alimentos se habían convertido en rosas.

Chegaron os anos do Instituto en Ferrol (daquela “del Caudillo”) e pouco máis do mesmo, aínda que os meus ollos continuaban abríndose. Por fin, un bo día, que non teño sinalado no calendario, pero debería polo significativo que foi, dei, a un tempo, nun andel dunha biblioteca, cos títulos Cousas, Cousas da vida, Os dous de sempre de Daniel R. Castelao e Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas. Libros que sigo lendo e relendo, porque outra cousa a favor destes obxectos máxicos é a de non teren data de caducidade.

“Se fose home xa me parecía mal que ti dixeses cri cri, dicindo eu cro, cro”.

“O HOME: Planteille pleito a un veciño pola cuestión dun regueiro. Perder perdín o que tiña: pero amolar amoleino.

O SAPO: Cro, cro, cro”.

“—Eu quixera falar en galego nos mitins; pero non sei.

—O que non sabes ti é o castelán.”

“Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén.”

Verdadeiros tratados filosóficos-sociolóxicos con semellante capacidade de síntese. Logo destas lecturas, e dun período de xestación, abrín os ollos de todo, coma os gatos, a diferenza de que eu podo pestanexar e facer chiscadelas e eles non.

E xa incorporada ao mundo laboral do ensino en zonas rurais daquela, o campo había que comezar a traballalo, labrando, sementando… utilizando os trebellos da lectura e escritura de forma simultánea e agora si, na nosa lingua. E mentres se está coa rega o froito agroma cada primavera.

Por iso os dous primeiros títulos da miña autoría naceron na escola de Dumbría, por necesidade de compromiso cos meus alumnos e alumnas, sabendo, iso si, que os centros de ensino non son institucións exclusivas nin os únicos espazos para o fomento da lectura, pero certamente moi importantes; os docentes damos fe de que isto é así. Compromiso tamén comigo mesma. Cousiñas para a escola e Contos para a escola, convertéronse nunha ferramenta de traballo a prol da nosa lingua, da nosa autoestima, cando pensar en instalar o galego no ensino era unha utopía.

Mariasun Landa, natural de Rentería, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2003, dixo este pasado 6 de abril na Real Academia Galega que ela vivira unha “ferida lingüística” ao non ser educada en éuscaro. Non foi o meu caso co galego dentro do entorno familiar e social nos meus primeiros anos de infancia, o que agradezo infinito, pois aínda que algúns pensan ser un erro, eu ben sei do grande acerto.

Estas dúas publicacións citadas, mestura de contos, poemas, teatro, investigación… con nenos e nenas da miña escola como protagonistas, cos seus propios nomes e descricións, conseguían sesións festivas ao seren traballados na aula. De non ser polo pulo doutras persoas do meu redor, o que naceu como cadernos de traballo da miña privacidade, hoxe non serían libros que me abriron as portas ao mundo da literatura no que todos e todas debemos entrar por momentos.

O pracer de ler e escribir significa para min ver nevar no verán, deitarme ao sol no inverno, sentarme nun banzo da escaleira que conduce ao sobrado da casa vella do avó, volverme nena e así poder LIBREMENTE soñar.



 

Concha Blanco. (Lires-Cee, A Coruña, 1950), é profesora, actualmente prexubilada, de lingua galega e literatura. Exerceu en Nemiña (Muxía), Ézaro, Brens, Dumbría e Cee. Impartiu cursos de lingua galega a docentes e outros colectivos de adultos, así como obradoiros de animación á lectura, charlas e mesas redondas sobre normalización lingüística. Foi durante anos correspondente de prensa no xornal La Voz de Galicia. É autora de libros de texto, guías didácticas e obras de literatura infantil e xuvenil, teatro e poesía. Ten acadado numerosos premios e recoñecementos polo seu labor creativo, como o Premio Lecturas Gálix 2002 pola obra Quero que veñan meus pais; o Novelas por Entregas La Voz de Galicia 2007 por  Habitación 202;  o Premio de Poesía Arume 2007 por Cantos da rula e o Frei Martín Sarmiento 2008 por Poemas para pintar; en 2008 acadou tamén o Premio Pura e Dora Vázquez da Deputación de Ourense por Encontros ás agachadas.

Outras obras publicadas son:  A vaca titiriteira (Bruño 1991), Marcelo non me toma o pelo (Sotelo Blanco 1995), As loucas vacacións dunha formiga (Bruño 1996), A aventura das cores (Xerais 1998), Querido Iván (Everest 2000), Berta (Ir Indo 2002), Boris (Galaxia 2004), Sara (Casals 2004), A bruxiña da sorte (Obradoiro 2005), Boris  e compañía (Galaxia 2005), Coa carauta posta (Toxosoutos 2009), Do A ao Z con Castelao (Everest 2010), Os poderes máxicos de Aitema (Galaxia 2010) ou Repetimos. Acción! (Edicións Fervenza 2010). 


© Concha Blanco - © Desta edición: Cadernos Redelibros, ISSN 2173-1977 - Vigo, abril de 2011. Reservados todos os dereitos.

 

  • Tags:
  • #lectura
  • #Gálix
  • #infantil
  • #aprendizaxe

  • Comentarios
  • Fotos(1)
0 comentarios
  • A 9 persoas gústalles
  • Ver imaxes

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share