• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.



Reigosa 1 article
  • All Submitter Articles
Compartir Informe

Related Articles

  • CR11. DOUSMÁISDOUSNONSONCATRO
    por peretobaruela
  • CR12. A televisión, a literatura ...
    por Miguel Vázquez Freire
  • CR39. O corrector corrixido, ou o...
    por Ana Boullón
  • CR20. Sen data de caducidade
    por Concha Blanco Blanco
  • CR35. Os ilustradores, a lúa e a ...
    por David Pintor
  • Article Home Page »
  • Examinar artigos »
  • Literatura

CR08. Lingua, literatura, o traxe novo do emperador...

  • Publicado por Reigosa
  • 12 Febreiro 2011 10:55:13 CET
  • 2 comentarios
  • 6.848 visitas

Lingua, literatura, o traxe novo do emperador e o espello retrovisor de Mcluhan


O visible e o invisible, o que se ve, o que non se ve e o que non se quere ver. Disto, aínda que non o pareza, vai esta reflexión arredor de percepcións subxectivas e de manipulacións obxectivas sobre a lingua e a literatura galegas.

É memoria que naqueles pasatempos dos nosos avós chamados fías ou seráns sempre había alguén que apagaba o candil para que comezasen os paos. Paos a cegas, xenerosos, dispensados a granel, aproveitando o anonimato e o escuro. O divertido polo visto era repartir os fungueirazos aínda que no transcurso da brincadeira se lle baixase ao chan unha orella ou un ollo ao compañeiro da alma.

Nestas leas, como en case todo na vida, había dous bandos: o dos que gozaban arreando estopa e que, previsora e intencionadamente, xa acudiran armados, e os que inocentemente asistían ao baile por rexoubar pero que sempre acababan sendo as vítimas, levándoas no lombo ou, no mellorciño dos supostos, tendo que fuxir do reparto indiscriminado dos mocazos.

Superados, seica, aqueles tempos bárbaros, agora os trancazos vístense de ineludibles encargos ou mandados que disque facemos os que eliximos e mercamos (os consumidores), pois, ao que parece, decidimos sen decatarnos bastante máis do que somos capaces de sospeitar que decidimos. Polo visto, isto sucede cando votamos ou cando consumimos prensa, radio, TV ou internet. E como consecuencia destas opinións que vimos expresando inconscientemente, e que se interpretan a comenencia (O que pide a xente), cada día vannos concedendo máis peticións. E os que só iamos á fía coa intención de gozar da troula e da festa, amencemos moitos días magoados, mancados polo tranco anónimo, espido, camuflado. A noite medra e faise máis longa, máis fría, coma de pedra,

Algúns deses días amencemos enredados, un supoñer, na lectura dun artigo asinado por un alguén (escritores, filósofos, artistas, politólogos, futbolistas ou calquera outra caste de pensadores) avalado polo prestixio de seren estes autores que defenden convencidos o contrario do que fan. Por exemplo, que quen asine sexa un “recoñecido”  defensor da presencia social do galego non o obriga a usalo, sobre todo se o produto das súas reflexións está convenientemente remunerado e vai destinado a unhas follas (de papel ou virtuais) pensadas para o consumo exclusivo de galegos e galegas. Véxanse, non quero aquí sospeitas nin malas conciencias, programas de festas patronais, revistas de consumo gremial ou suplementos de xornais formalmente recoñecidos como serios.

Non é intención deste artigo agoirar desgrazas pero se calquera día amencésemos coa publicación no Diario Oficial dunha lei que decretase a reducción a cinsas de toda a historia dunha lingua ou mermase gravemente a súa presenza nos programas de ensino, só o poderiamos dixerir se nos convencen de que é a consecuencia dunha petición expresa da maioría do pobo, que sempre é quen decide, por suposto.

O candil, aínda que se apague dun trancazo, sempre volve a alumar. Hai propietarios e responsables de moitos medios de comunicación, e tamén moitos gobernantes soprando a minguada torcida (O medio é a masaxe) que nos ilumina. Faise a noite e ninguén sabe que parte do corpo, da historia ou da propia cultura vai quedar mutilada para sempre trala malleira. Sempre e cando amenza, claro está. E se alborexa cando se faga a luz da mañá o día presentarase escuro, neboento e frío, moi visitado de feros corvos vagamundos.

Autor: Xornalcerto

Todos lembraredes seguramente aquel conto de feitío tradicional que fala do humilde cidadán que devecía por vestir modelos exclusivos de determinadas marcas de renome pero que case nunca o conseguía. Como podedes imaxinar, o cidadán aquel consumíase, desesperábase e gastaba as horas da vida indo e vindo entre as consultas do psiquiatras e as citas nas clínicas de tratamentos antidepresivos alternativos. Cando se recuperaba un algo destes estados trataba de conseguir algún paxel daqueles que tanto desexaba, mais case sempre se lle adiantaba algún veciño ou parente envexoso e, como consecuencia, recaía.

Unha vez fórono visitar dous representantes dos servizos secretos e dixéronlle que os mandaba o presidente, pois sendo coñecedor da súa desgraza non só o compadecía senón que poñía ao seu dispor o mellor xastre do país para que lle cosese un traxe único, nunca antes visto. Ademais, dixéronlle os recadeiros que a tea coa que llo ían confeccionar tiña a particularidade de ser invisible aos ollos de todos os seus inimigos e dos que o envexaban inxustamente. Para todos os demais, insistiron unha e outra vez aqueles portavoces, convertiríase no home máis admirado que existira endexamais cando se vestise con aquel traxe.

O cidadán aquel púxose moi contento, arrebolou a caixa de antidepresivos ao lixo, deixou que lle tomasen as medidas para confeccionarlle aquel traxe especial, único, visible e invisible, segundo quen o mirase.

Nas horas eternas de espera para que o xastre rematase o traballo pensaba que merecera a pena tanto sufrimento, que por fin dera coa maneira de descubrir, e de paso delatar, aos que tantas amarguras lle causaran, e tamén pensaba que a vida aínda chegaba a tempo para recompensalo.

O día que o xastre rematou a faena, o presidente organizou unha gran festa para presentar en sociedade a aquel home vestido cun traxe diferente, único, exclusivo.

Os que o envexaban xa de vello vírono, efectivamente, espido, mais tamén o viron en coiros os que nunca antes repararan nel. Vírono todos, e todos o viron espido.

Só o presidente alababa o novo traxe, porque só el sabía que aquel cidadán vestía un traxe imaxinario. O cidadán aquel, en cambio, non sabía que pensar; podería ser que a única persoa que non o envexaba fose o presidente, ou, tamén podería ser que  lograra tan alto grado de excelencia que todos os demais se volvesen irremediablemente cobizosos da súa sorte. Non sabía o que pasaba, pero era feliz e pouco ou nada lle importaban os demais.

Tamén podería ser certo, como afirma Mcluhan, que ver o futuro con ollos e conceptos do pasado non resultase esperanzador, nin nos permitiría ser libres para inventar, para crear e imaxinar un futuro. Podería ser, como el afirma, que esteamos condicionados cando vemos no espello retrovisor do noso presente a imaxe que reflicten os tempos do candil ao tempo que circulamos a toda velocidade nun automóbil pola autovía que supostamente nos leva a un mañá.

Mais, se cadra, nin a autovía que nos permite viaxar tan rápido, nin a imaxe que a nosa memoria nos revela, nin siquera ese espello retrovisor teñen ningunha resposta.

Reparade no automóvil, na tecnoloxía que nos escraviza, non por ser tecnoloxía senón por ser o instrumento de quen nos controla con ela. Ademais, o automóbil pode que estea fabricado coa tea invisible da soberbia.

Pode, non o sei, pero, entón, a lingua e todo o que se crea coa arxila das palabras, que vén sendo? Autovía, automóbil, traxe, espello, memoria, futuro…?

Pode selo todo se nos decatamos de que quen mata o candil, mata a luz e fai invisible a arma e a quen nos asasina. Mais non é nada se fuximos sen reparar no pao que nos manca.




Antonio Reigosa.  Naceu en Zoñán, Mondoñedo, en 1958 e vive en Lugo, onde traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación. Ademais de escritor é investigador e divulgador da mitoloxía popular e da literatura de tradición oral. Cofundador do Grupo de Investigación Etnográfica Chaira e creador da enciclopedia virtual Galicia Encantada. Creador e coordinador das “Polafías”, un proxecto da AELG para documentar e divulgar literatura oral.

É coautor con X. Miranda e X. R. Cuba de obras de referencia como Dicionario dos seres míticos galegos (1999), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral (2001), Pequena mitoloxía de Galicia (2001) e dos 20 tomos da colección de contos de tradición oral Cabalo Buligán (1998-2004). Con Xosé Miranda escribiu Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo (2002), Arrepíos e outros medos (2004) e A flor da auga (2006). Autor prolífico no campo da narrativa infantil e xuvenil con títulos como Memorias dun raposo (Premio Merlín, 1998), Resalgario (Premio Raíña Lupa, 2001), Bacoriño (2004), A noite dos pesadelos (2006), A escola de Briador (2006), O polimacho e outras criaturas (2008), Os dous irmáns  e outros contos populares do antigo Exipto (2008), Lu e Go pola muralla (2010) e do álbum Guía ilustrada da Galicia invisible (2010).

© Antonio Reigosa - © Desta edición: Cadernos Redelibros, ISSN 2173-1977 - Vigo, febreiro de 2011. Reservados todos os dereitos.

  • Tags:
  • #literatura
  • #galego
  • #Gálix
  • #lingua
  • #futuro

  • Comentarios
  • Fotos(1)
2 comentarios
  • A 11 persoas gústalles
  • Armando Requeixo
    Armando Requeixo Grande parábola, amigo Reigosa. A ver se te len -e te entenden!- os que te teñen que ler e entender, pois @s amig@s de Redelibros está claro que xa o fixeron e te comprenderon, de aí os moitos "gústame". Parabéns!
    28 Xuño 2011
  • Reigosa
    Reigosa Meu veciño, Armando: Ti sempre así de boa xente, como somos , por certo, os de Estelo e os de Zoñán. Agradézoche moito o que dis e celebro que che pareza oportuna e necesaria a parábola, aínda que, como ti e eu ben sabemos, non o lerán nin o entenderán os...  máisMeu veciño, Armando: Ti sempre así de boa xente, como somos , por certo, os de Estelo e os de Zoñán. Agradézoche moito o que dis e celebro que che pareza oportuna e necesaria a parábola, aínda que, como ti e eu ben sabemos, non o lerán nin o entenderán os que deberan facelo. Unha aperta desde este Lugo morno que padecemos  
    28 Xuño 2011
  • Ver imaxes

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share