• Entrar
  • Rexistrarse
  •  
Redelibros, a rede social galega do libro, un espazo para a literatura e un punto de encontro en Galicia para lectores, editoriais, librerías, autores...
A rede social galega do libro
Mega Menu Drop Down - Columns
  • Inicio

    Coñécenos

    • Quen somos
    • Preguntas
    • Blog
    • Soporte
    • Contacto

    Enlázanos

    Se che gusta Redelibros e queres axudarnos a medrar, engade un banner na túa web ou blog.

    • Enlázanos

    Síguenos na rede

  • Libros

    Base de datos bibliográfica

    Redelibros alberga unha base de datos de máis dun millón de fichas de libros. Entre eles podes atopar dende as últimas novidades ata libros descatalogados ou noutros idiomas. Atendendo á nosa filosofía de espazo común, esta base de datos está aberta para que poda ser consultada por todo o mundo, sen necesidade de rexistro previo, e facer todo tipo de procuras e seleccións dende o buscador.

    Como usuario rexistrado, ademais poderás valorar cun sistema de estrelas ou escribir os teus comentarios. Ambos poden consultarse na ficha de cada libro.

    Coa vosa axuda queremos conseguir que a base de datos sexa o máis completa posible. Se non atopas algún libro, e queres engadilo, podes usar este formulario. Se botas en falta calquera dato relevante, ou atopas algún equivocado, podes editar a ficha do libro usando a opción “Editar detalles do libro”

  • Autores

    Textos

    Neste apartado poderás compartir textos (poemas, relatos, novelas ou o que sexa), escritos por ti ou por terceiros, que creas poidan ser de interese para o resto dos membros. Obviamente, tamén poderás ler, comentar e valorar os publicados por outros usuarios.

    Autoedición

    Se escribiches un libro e queres publicalo, Redelibros pódeche axudar. Nesta páxina atoparás unha completa guía de edición na que che explicaremos, paso a paso, que facer para ver o teu libro publicado. Tamén atoparás aos nosos provedores recomendados para cada proceso.

    Autores Redelibros

    Nesta sección poderás coñecer de preto aos autores que pertenzen á nosa comunidade. E, se o desexas, tamén poderás adquirir algúns dos seus libros.

    • Textos
    • Autoedición
    • Autores
    • Tenda
  • Ferramentas

    Ferramentas

    As ferramentas de "opinión" permítenche dispor de espazos onde compartir a túa opinión ou coñecer a do resto dos usuarios.

    As ferramentas de "anuncios" permítenche comunicar ou informarche de eventos ou clasificados a través de Redelibros.

    As ferramentas "multimedia" permítenche compartir e visualizar fotos, vídeos e arquivos de audio co resto de redelibreiros.

    As ferramentas de "membros" permítenche atopar a outros usuarios de Redelibros ou invitar a outras persoas a formar parte da rede.

    Opinión

    • Blogs
    • Grupos
    • Enquisas

    Anuncios

    • Eventos
    • Clasificados

    Multimedia

    • Álbums
    • Vídeos
    • Audios

    Membros

    • Buscar
    • Invitar (email)
    • Importar contactos
  • Seccións

    Cadernos Redelibros

    Nesta sección atoparás artigos dos nosos colaboradores (críticos, autores, editores, expertos, etc.) que che brindarán distintas perspectivas sobre a literatura e o mundo editorial: análise de xéneros, reseñas de obras concretas, estudos sobre actualidade editorial, traballos sobre autores destacados, etc.

    Concursos

    Actividades que teñen premio. Concursos organizados polos nosos colaboradores ou polos propios usuarios para potenciar a creación literaria, audiovisual e artística. Unha sección que dá moito xogo.

    Fisgando na rede

    Unha páxina que contén a moitas: os principais focos de información cultural do país, blogs, axendas culturais, páxinas de editoriais, seccións de cultura en prensa... Ofrecémoschas sindicadas por rss, automaticamente actualizadas e reunidas para a túa comodidade.

  • Redetendas

    Páxinas

    A túa páxina personal na rede, a túa tarxeta de presentación.

    Tendas

    As tendas dos usuarios na rede. O espazo para as túas compras.

    Tenda de redepuntos

    Colaborar e participar na rede ten premio: os redepuntos, que irás acumulando coa túa actividade. Poderás cambiar gratuitamente os teus redepuntos por libros na nosa tenda.

  • Colaboradores

    Editoriais

    • Kalandraka
    • Faktoría K

    Librarías

    • Cartabón
    • Paz
    • Libros para soñar
    • Mazinger

    Entidades

    • Gálix
    • Culturgal

    O noso agradecemento

    Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que co seu gran esforzo e participación apoiáronnos e séguennos apoiando cada día para crear un espazo galego de literatura en Internet.
    Se estás interesado en colaborar, ponte en contacto con nós.





CuriosoImpertinente 3 articles
  • All Submitter Articles
Compartir Informe

Related Articles

  • CR14. A lectura como espazo privado
    por Fina
  • CR15. Ser ou non ser na escola
    por Elvira Pérez
  • CR20. Sen data de caducidade
    por Concha Blanco Blanco
  • CR36. Memoria dunha muller pegada...
    por Marta Dacosta
  • CR18. Autobiografía en debuxos
    por CuriosoImpertinente
  • Article Home Page »
  • Examinar artigos »
  • Literatura

CR07. A banda deseñada, lectura (tamén) adulta

  • Publicado por CuriosoImpertinente
  • 01 Febreiro 2011 17:02:27 CET
  • 2 comentarios
  • 1.645 visitas

As primeiras lecturas que se nos ofrecen cando aínda non sabemos ler son libros onde as ilustracións o ocupan todo. Pouco a pouco os libros van incluíndo palabras, desprazando ás imaxes ata desaparecer cando se supón que xa chegamos á madurez lectora. Entón os libros máis cultos, os máis interesantes son os que posúen máis e óptimas verbas combinadas da mellor forma posible. Chegado este momento, as ilustracións pertencen ás lecturas “non adultas”. Neste camiño todas as combinacións de imaxe e verbas son procuradas para conseguir a fin última de ler. De ler con maiúsculas.

Os cómics forman parte deste camiño. Considéranse lecturas infantís ou adolescentes de mero entretemento e diversión que teñen a utilidade de atrapar ao principiante lector para que lea sen darse conta, para conseguir o hábito lector que moitas veces é difícil de acadar. A banda deseñada considérase como arte menor que hai que ir abandonando para darlle a importancia debida ás palabras, á lectura seria.

A un parécelle que non fai falta ter que dicir que a banda deseñada é unha forma de expresión á altura de calquera outra, mais sempre aparece xente coma Arturo Pérez Reverte, que di que “xa non leo tebeos”, ou como Vicente Molina Foix, que a atila de “indicio de infantilismo expresivo” e “entretemento moi menor” (nun artigo da revista Tiempo que creou moita polémica). Esta visión sobre o cómic é algo moi estendido e poida que teña que ver co proceso de aprender a ler que se describiu antes. Porque cando se fala de lectura sempre se fala de palabras. É o que habería que cambiar, que ampliar.

Isto explícase moi ben no libro O cómic e a arte secuencial, de Will Eisner, no que se cita a Tom Wolf nun artigo de agosto de 1977: “Nos últimos cen anos, a lectura vinculouse exclusivamente á capacidade de ler e escribir. Aprender a ler significou aprender a ler palabras. Agora ben, pouco a pouco a lectura foi motivo de reconsideración. As últimas investigacións demostraron que a lectura de palabras non é máis que unha parte dunha actividade humana moito máis ampla, que inclúe o desciframento de símbolos, a integración e organización da información. A lectura, no sentido máis amplo pode considerarse unha forma de percepción. A lectura de palabras é tan só unha manifestación desa actividade, pero hai moitas outras: a lectura de debuxos, mapas, diagramas, notas musicais...”

As imaxes son representacións gráficas concibidas para parecerse aos motivos que representan. Tamén se utilizan iconas que representan conceptos, ideas, filosofías que poden ter que ver coa realidade ou poden ser símbolos recoñecidos por todos. E tamén as letras son representacións gráficas que non gardan ningunha semellanza con aquilo que representan, aínda que tamén construímos con caracteres os emoticonos que acaban tendo ollos e boca...  :)

Este cambio de concepto sobre o que debera ser a lectura, onde é algo máis que saber distinguir as letras do alfabeto e saber combinalas en palabras coa súa debida sintaxe, é reticente a atopar o seu lugar entre o considerado como culto. Aínda que entrar nos límites da cultura excede con moito a fin deste texto e que debera ter unha análise moito máis profundo, tanto nos límites das manifestacións culturais como no seu espallamento e divulgación.

Dicía que a un parécelle que non é necesario insistir no goce de ler banda deseñada sen ter que explicar que non son lecturas só para a idade infantil, pero ese prexuízo atópase ben presente en  moita xente. E neste mundo entran todas as temáticas e inquedanzas de calquera outra manifestación cultural. O único que muda é a expresión artística e formal: cada unha (texto, imaxe, cine, televisión, radio, música, teatro, danza, etc.) ten as súas características concretas e usa regras diferentes, que poden coincidir en varias destas expresións. Existen bandas deseñadas infantís, adolescentes, adultas, con historias sinxelas, complicadas, históricas, autobiográficas, cómicas, dramáticas, policiacas..., hai banda deseñada boa e tamén a hai mala, como ocorre co resto das expresións humanas.



Moitos lectores de cómics acabaron abandonando a súa afición; non porque non lle gustara, senón por non atopar títulos acorde co seu gusto ou por pensar que os debuxos xa non son propios da súa idade. Lectores de cómics que no seu tempo foron Mortadelo, Superlópez ou Carpanta (ou calquera das personaxes do mundo Bruguera), ou que puideron ler algo de superheroes americanos como Superman ou Spiderman ou Capitán América (o mundo DC é inmenso), ou que tal vez leron algo de Roberto Alcázar y Pedrín, El guerrero del antifaz ou El capitán trueno, algún puido ir polo camiño do manga, algún outro puido ler revistas como Víbora ou Cimoc onde se podían ler historias de grandes autores, calquera opción é boa dependendo do que caeu nas mans de cada un no seu momento, pero que despois foi abandonando por outras lecturas máis “serias”. Moitas persoas pasaron por este camiño, esquecendo a lectura de viñetas ata que se atoparon con esa banda deseñada que o volveu atrapar nos debuxos da arte secuencial. Títulos como Contrato con Deus, de Will Eisner, considerada a primeira novela gráfica, onde a historia se fai máis ampla e afonda nos tema dos que se fala, ou Maus, de Art Spiegelman, o único cómic que posúe o premio Pulitzer e que conta a historia dun supervivente do holocausto nazi, ou tal vez Píldoras azules onde Peeters narra a súa historia coa súa moza, que ten o virus da Sida, ou poida que descubrise un manga como o de Taniguchi onde as historias son máis adultas ou tal vez caese nas súas mans Ikigami.. Puidera ser que lle falasen de Watchmen, de Alan Moore, onde se lle dá unha volta de torca ao  tema dos superheroes (quen vixía aos vixiantes?) ou tal vez algún de Frank Miller, ou que cae nas súas mans o Trazo de xiz, de Miguelanxo Prado, a obra máis recoñecida do autor galego máis internacional e considerado como autor de culto; en fin, puido ser calquera obra cun contido máis “adulto” o que fixo que volvese ler banda deseñada e comezar de novo na procura de viaxes a través da re-coñecida lectura de debuxos. É entón cando a lectura toma outra dimensión, onde se descobre a narración gráfica distinta das películas, dos libros, das ilustracións, e que combina todos os elementos para chegar a unha mensaxe máis variada.

A banda deseñada ofrece unha lectura moi rica na que se combinan distintas linguaxes e formas de expresión. Hai palabras, imaxes, onomatopeas, signos de movemento, iconas, símbolos. Todos os elementos requiren dunha lectura distinta. Poderíase dicir que se trata dunha lectura máis completa, nun sentido máis amplo. Un pode deterse nunha viñeta e ver todos os recantos, os detalles, ou pasar por riba con présa, e en ningún caso se perde o fío da historia. O lector escolle onde parar, ou pode botar unha ollada rápida á viñeta ou páxina de máis adiante, ou volver atrás sabendo sempre onde se atopa, cunha facilidade pasmosa.

A un non lle parece que lle descubra a ninguén, e menos nunha rede social sobre o libro, o gran pracer da lectura dunha boa banda deseñada. Pero, por se acaso, insistirei unha vez máis. De seguro que existe un formato que será o que máis che guste: tebeo, cómic, novela gráfica, manga, superheroes, de corte social, histórico, autobiográfico, realista, de ciencia-ficción, fantasía...

Boa lectura!




Curioso Impertinente
, Félix, naceu en Vigo en 1975. Estudou Enxeñería Técnica de Telecomunicación. Escribe de cando en vez no blog Curioso Impertinente e unha vez ao mes programa música no podcast io~NoS. É profesor de gaita e aficionado ao teatro. Coma lector entusiasta de banda deseñada coordina o Club Lecturas Debuxadas dentro da asociación Espazo Lectura. 



Licenza de Creative Commons
 Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir Igual 3.0 Unported de Creative Commons.
Cadernos Redelibros, ISSN 2173-1977 - Vigo, febreiro de 2011.

  • Tags:
  • #lectura
  • #banda deseñada
  • #prexuízo
  • #cómic

  • Comentarios
  • Fotos(1)
2 comentarios
  • A 8 persoas gústalles
  • Fran Zabaleta
    Fran Zabaleta Necesarias reflexións, Curioso. É certo que durante moito tempo nos venderon a moto de que a BD era para nenos, e pouco "digno" de lectores adultos e serios. Pero tamén é certo que hai xa tempo que abundan cómics dunha calidade literaria e artística que n...  máisNecesarias reflexións, Curioso. É certo que durante moito tempo nos venderon a moto de que a BD era para nenos, e pouco "digno" de lectores adultos e serios. Pero tamén é certo que hai xa tempo que abundan cómics dunha calidade literaria e artística que non ten nada que envexar á literatura habitual... aínda máis, as vantaxes deste medio son obvias, pois combina pracer estético co literario. Claro que os señores Molina Foix e Pérez Reverte non parecen estar moi postos nesto (o que, por suposto, non lles impide opinar). Grazas polo artigo!  menos
    10 Febreiro 2011
  • CuriosoImpertinente
    CuriosoImpertinente Grazas Fran, es moi amable. O problema é superar ese primeiro prexuízo, despois hai lecturas máis que interesantes, e para todos os gustos.
    ...
    Mais sigo pensando que o artigo quedou un pouco deslabazado.
    Por iso gustaríame que a xente se animase a criti...  máis
    Grazas Fran, es moi amable. O problema é superar ese primeiro prexuízo, despois hai lecturas máis que interesantes, e para todos os gustos.
    ...
    Mais sigo pensando que o artigo quedou un pouco deslabazado.
    Por iso gustaríame que a xente se animase a criticar, enviar suxestións...
    Veña vai, que seguro que algo tedes que dicir, que discutir... :)  
    14 Febreiro 2011
  • Ver imaxes

Redelibros

  • Blog
  • Preguntas
  • Soporte
  • Enlázanos

Libros e textos

  • Libros
  • Textos
  • Tenda
  • Autores
  • Autopublicación

Opinión

  • Blogs
  • Grupos
  • Enquisas

Anuncios

  • Eventos
  • Anuncios

Multimedia

  • Audio
  • Vídeo
  • Álbums

Membros

  • Buscar
  • Invitar
  • Importar contactos

Seccións

  • Cadernos Redelibros
  • Tenda de redepuntos
  • Concursos
  • Fisgando na rede
Copyright ©2013  -  Privacidade  -  Condicións de servizo  -  Contacto  -  Mobile Site  -  Quen somos  -  RSS  - 
Deseño gráfico: Manu e Marga - Hosting: jaboweb.com
Share